Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.114

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 17 de decembro de 1997 pola que se recoñece e declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Germán Estévez.

Visto o expediente de recoñecemento e declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Germán Estévez.

Supostos de feito.

1. Germán Estévez Janeiro, na súa calidade de fundador e presidente da fundación, en escrito do 24 de setembro de 1997 formulou solicitude de clasificación e de recoñecemento e declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación constituída en escritura pública, á que están incorporados os seus estatutos, outorgada en Santiago de Compostela o día 10 de setembro de 1997, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Domingo Enrique Gutiérrez Aller, co número mil catrocentos noventa e seis do seu protocolo, por Luis Álvarez Fernández e Germán Estévez Janeiro, que interveñen en nombre propio e Germán Estévez Janeiro, ademais, en representación de Montserrat Iglesias. Esta escritura emendada por outra posterior con data do 19 de setembro de 1997 ante o mesmo notario e co número mil seiscentos dezanove do seu protocolo.

3. A Fundación Germán Estévez constitúese para a protección do medio ambiente e a conservación da natureza segundo consta no artigo 1º dos seus estatutos.

4. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese medioambiental da Fundación Germán Estévez, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpridos os requisitos exigidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese medioambiental e a súa adscrición á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes por razón da materia que constitúe o fin primordial desta.

5. Á vista da citada proposta da comisión de secretarios xerais por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 22 de outubro de 1997 (DOG do 31 de outubro), clasificouse como de interese medioambiental a Fundación Germán Estévez e adscribiuse á Consellería de Agricultura, Gandería

e Montes para efectos do exercicio do protectorado sobre ela, en cumprimento do disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

6. Nas anteriormente sinaladas escrituras públicas de constitución da fundación e emenda posterior constan os extremos relativos á personalidade dos fundadores; a súa capacidade para constituíla e a súa vontade de facelo como de interese galego conforme os preceptos da Lei 7/1981, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro; os estatutos; a dotación inicial constituída por unha cantidade de diñeiro en efectivo ingresado nunha entidade bancaria a nome da fundación e que debe entenderse realizada a título gratuíto por estar afectada de modo duradeiro á realización dos seus fins, segundo se especifica no artigo 1.2º dos estatutos, e a designación das persoas naturais que constitúen o órgano de goberno inicial da fundación, coa aceptación, no devandito acto fundacional, dos seus cargos.

7. Nos estatutos da fundación constan os extremos relativos á súa denominación de Fundación Germán Estévez (artigo 1.1º), o seu obxecto e finalidade de promoción do medio ambiente e conservación da natureza mediante a realización de actividades docentes e divulgativas e a concesión de bolsas e axudas á investigación (artigo 6); o seu enderezo en Travesía Xeneral Franco, 3-1º esquerda, de Noia (A Coruña) (artigo 4); as regras para a aplicación das rendas ó obxecto fundacional e para a determinación dos beneficiarios (artigos 7 y 8) e a designación do padroado como órgano de goberno, representación e administración desta, con indicación do seu réxime de funcionamento (artigos 9 a 18 e 21).

8. En cumprimento do establecido no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, con data do 3 de decembro de 1997 a Asesoría Xurídica emite informe do teor literal seguinte: visto o expediente da fundación de interese medio ambiental Germán Estévez, que ten por obxecto destinar e afecta-lo seu patrimonio á realización sen ánimo de lucro de fins xerais de interese galego e que se particularizan no seu artigo 4, tendo en conta que estes conteñen os extremos que esixe o artigo 6 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e co que, así mesmo, establece o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento e funcionamento do protectorado daquelas e demais disposicións aplicables vixentes, e ó non contradici-las disposicións aplicables básicas e de aplicación xeral contidas

na Lei 30/1994, do 29 de novembro, de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; esta asesoría informa favorablemente os ditos estatutos

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, conforme a lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-De acordo co disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego en relación cos Decretos 347/1997, do 9 de decembro, e 350/1997, do 10 de decembro, correspóndelle a esta Consellería de Medio Ambiente a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Germán Estévez, así como o exercicio das funcións de protectorado e as demais que lle correspondan á Xunta de Galicia de conformidade co indicado no dito regulamento.

Terceiro.-O artigo 7 do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego dispón que:

1. Para inicia-lo exercicio das súas funcións, os membros dos órganos de goberno das fundacións aceptarán o nomeamento, e que

2. A dita aceptación pode facerse constar no outorgamento da carta fundacional, en documento público independente ou en certificación do padroado, coas sinaturas do secretario e presidente, e farase constar no rexistro de fundacións, polo que, ante a salvidade contida nas escrituras de constitución da fundación sobre a acreditación da representación de Montserrat Iglesias, deberá esta acreditarse posteriormente ou procederse á súa ratificación por parte da representada para a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego como membro do órgano de goberno inicial da fundación.

Cuarto.-Á vista dos artigos 2, 3, 4.1º, 5, 6, 7.1º, 2º e 5º e 11.1º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, e 4 do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado destas, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, deben entenderse substancialmente cumpridos os requisitos establecidos pola declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Medio Ambiente, da Fundación Germán Estévez, polo que procede dictarse a presente orde. Por todo elo,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Germán Estévez.

Segundo.-Ordena-la a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Medio Ambiente.

Terceiro.-Que a dita fundación expresamente sometida á Lei 7/1983, do 27 de xuño, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e ó seu regulamento aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e demais normativa de aplicación, onde se establecen especialmente as obrigas de dar publicidade suficiente dos seus obxectivos e actividades, da ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, de render contas, xustificar mediante unha memoria o cumprimento das cargas fundacionais e presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, todo isto con carácter anual, así como a de solicita-las preceptivas autorizacións, quede suxeita ó protectorado da Xunta de Galicia, que será exercido por esta consellería.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1997.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

98-735