Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.083

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de decembro de 1997 pola que se crea o centro privado de formación profesional específica Azorín II na Coruña.

Examinado o expediente iniciado por Raquel Pichel Guerrero, polo que solicita a creación dun centro de formación profesional específica para poder impartir ciclos formativos da familia profesional informática.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 1661/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que se establece o título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas; Real decreto 1660/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que se establece o título de técnico superior de administración de sistemas informáticos; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros privados e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa. Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo centro de formación profesional específica denominado Azorín II para imparti-lo ciclo formativo de grao superior desenvolvemento de aplicacións informáticas da familia profesional informática. Así mesmo, tendo en conta o establecido no artigo 40 do Real decreto 1004/1991, autoriza-lo ciclo formativo de grao superior administración de sistemas informáticos da familia profesional informática, segundo se especifica no anexo.

A Delegación Provincial desta consellería na Coruña, logo do informe da Inspección de Educación, deberá aproba-la relación do profesorado con que contará o dito centro.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Código do centro: 150COR13.

Denominación específica: Azorín II.

Enderezo: rúa do Outeiro, 228.

Titular: Raquel Pichel Guerrero.

Unidades: 2 unidades de formación profesional específica da familia profesional de informática.

476