Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 05 de febreiro de 1998 Páx. 1.081

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 34/1998, do 22 de xaneiro, polo que se regula a débeda de tesourería á que se refire o artigo 5 do Decreto 471/1997, do 26 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 1997 para o exercicio 1998.

O artigo 31 da Lei 11/1992, do 7 de outubro (DOG nº 200 do 14 de outubro), de réxime financeiro e presupostario de Galicia, establece que no endebedamento que a Comunidade Autónoma leve a cabo con persoas físicas ou xurídicas para atender necesidades transitorias de tesourería, calquera que sexa a forma en que se documente, o prazo de reembolso será inferior a un ano. Na Lei de orzamentos de cada ano autorízase o límite máximo destas operacións para cada exercicio.

O artigo 5, «Débeda de Tesourería», do Decreto 471/1997, do 26 de decembro, (DOG nº 250, do 29 de decembro) polo que se regula a prórroga dos orzamentos da Comunidade Autónoma de 1997 para o exercicio de 1998, establece que, de conformidade co disposto no artigo 31 da lei antes mencionada, será de aplicación o previsto no artigo 28 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

O artigo 28 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, establece que durante o exercicio de 1997 o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesourería, durante o exercicio de 1997, conforme o disposto no artigo 31 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura nos orzamentos como ingresos correntes incondicionados.

O Decreto 27/1997, do 30 de febreiro, regula a débeda de tesourería da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Autorízase o conselleiro de Economía e Facenda a concertar operacións de crédito ou emitir débeda pública, en calquera das súas modalidades, por un prazo de reembolso inferior a un ano, para atender necesidades transitorias de tesourería.

Artigo 2º

O importe que se concertará ou emitirá, de acordo co artigo anterior, non poderá superar en ningún momento, como límite acumulativo máximo para as operacións en vigor, o disposto no artigo 28 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1997 e no artigo 5 do Decreto 471/1997, do 26 de decembro, polo que se prorrogan os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 1997 para o exercicio 1998.

Disposición adicional

O conselleiro de Economía e Facenda fixará as condicións, tipo de xuro, modalidade, amortización e demais características ás que terán que axustarse as operacións de débeda regulada neste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

827