Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de San Rosendo II.
Situación: urbanización rúa San Rosendo (Ourense).
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 170 m de lonxitude, conductor R.H.V-12/20 kV-3x150 Al que se deriva da liña subterránea a C.T. San Rosendo (existente) e remata no C.T. proxectado no portal nº 17 da urbanización San Rosendo, de 630 kVA, R.D.T. 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión subterránea do C.T. San Rosendo II, de 28 L.M.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran
nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 16 de decembro de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
387