Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 32000 Ourense.
Denominación: acometida xeral do parque empresarial.
Situación: O Carballiño (Ourense).
Descricións técnicas: liña de M.T. subterránea a 20 kV conductor R.H.V.-12/20 kV-3x240 Al, de 580 m de lonxitude, derivada desde a saída nº 2 da subestación do Carballiño e remata na arqueta de entrada do parque empresarial.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 16 de decembro de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
372