Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/73-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Santo André de Campo Redondo.

Situación: Ribadavia.

Descricións técnicas: centro de transformación tipo intemperie en Santo André de Campo Redondo, con 100 kVA, 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión desde o C.T. proxectado e desde o C.T. existente en Santo André de Campo Redondo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 1 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

404