Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/69-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Valdemir e A Canle.

Situación: Lobeira.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 116 m, derivada desde o apoio 53 da L.M.T. As Conchas-A Fraga, e remata no C.T. proxectado aéreo na Canle co 50 kVA, 20 kV/380-220 V, e rede de baixa tensión de 1.065 m en R.Z., 515 m, 69 m e 1.150 m na Canle, Vilariño, Cabaleiros e Torneiros respectivamente.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 1 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

397