Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 02 de febreiro de 1998 Páx. 863

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de xaneiro de 1998 pola que se establecen e regulan os plans e programas de actuacións, axudas e subvencións en favor dos galegos residentes no exterior, para o exercicio de 1998.

O asentamento e xeneralización do concepto de galeguidade, en canto é vivencia común de tódolos galegos, xunto cos importantes logros obtidos polos seus centros e sociedades, tanto no cultivo e fomento desa mesma vivencia canto na súa proxección nos respectivos contornos sociais, demostran a eficacia das actuacións dirixidas á Galicia exterior e evidencian que é preciso manter e mellora-las accións que a ela se dirixen.

Unha notoria progresión na colaboración conseguida entre as distintas comunidades galegas, esa maior cohesión superadora das distancias e das peculiaridades e a moi incrementada e fructífera conexión coa Galicia territorial, coas súas institucións e organismos, redundan nunha expresión moito máis integrada de Galicia.

Moitas son as actividades que levan a cabo as comunidades galegas, en aplicación dos plans e programas establecidos pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e que seguen as pautas deseñadas polo presidente da Xunta de Galicia, así como aquelas iniciativas, suxestións e inquedanzas do Consello de Comunidades Galegas e dos seus órganos permanentes.

A maior parte dos programas desenvolvidos nos últimos anos acadaron, polo interese espertado e pola participación que tiveron, un forte arraigamento no seo da galeguidade e son hoxe en día imprescindibles. A necesidade da súa continuidade e, aínda máis, a procura de medios para unha conveniente potenciación e ampliación, resultan, agora mesmo, evidentes.

Certo é que a rendibilidade social que pretenden non se chegaría a alcanzar sen o esforzo creativo e renovador e sen ese aumento constante na operatividade, entusiasmo e organización dos mesmos centros.

Un pouco de atención abonda para unha xusta estimación daquelas accións especificamente dirixidas ás persoas de idades máis avanzadas e que veñen, nalgunha medida, obrigadas por uns claros deberes de solidariedade. Entre elas, débese subliñar o enraizado éxito do programa Reencontros, xerador de moitísimas emocións e de estimulacións vitais, xa que é acertado procedemento para a revivencia dos vellos recordos, vivo remedio das longas ausencias, esper

tar das unións familiares sostidas na distancia, redescubrimento da terra, dos seus lugares e das súas paisaxes xamais esquecidas.

Semellantes veñen a se-los fins que persegue o programa Vacacións para lembrar, dedicado ós nosos maiores residentes en Europa e as nosas terras de España e que tamén, con moitísima paixón, desexan achegarse á súa terra dunha maneira física e real e renova-los seus sentimentos de vencellamento a ela. As crecentes demandas que fan ano tras ano, os uns e os outros, requiren non soamente a continuidade senón un incremento no desenvolvemento e nas súas prazas.

En ámbolos dous programas, ó retorno temporal á terra nativa, que constitúe unha das máis comúns e afervoadas aspiracións dos galegos ausentes, ademáis de ser un complexo vitamínico para o espírito e para o corpo, comporta un redescubrimento da terra «nai» dun xeito convivencial e compartido.

Outros programas que tamén poden merece-la atención e unha valoración cuantificada son os dirixidos a favorece-la integración xeracional. O impacto que nos xoves descendentes de galegos produce un coñecemento directo e persoal de Galicia principia por un conxunto de asombrosas impresións e remata por deixar indelebles pegadas nos ánimos e nas vidas xuvenís.

Algunhas das actividades, como son os campamentos que teñen lugar en Galicia e os intercambios entre a xuventude, procuran o contacto de xoves de moi diversas procedencias e concretas culturas e de todos eles, descendentes de galegos no exterior, coa terra dos seus ascendentes, que foron e aínda son os que lles transmiten unha información, unha historia, unha xeografía, uns costumes e unhas tradicións que enchen os seus recordos e os seus relatos.

Agora ben, se as emocións e as vivencias dificilmente poden ser medidas, non ocorre o mesmo con outras actividades, tal e como acontece no caso das accións formativas, xa que nelas poden contabilizarse cursos, profesorado e alumnos. Neste sentido, o incremento feito aínda non chega para satisface-la crecente demanda por parte dos centros e dos que queren ser alumnos. Os resultados obtidos e as mesmas peticións que fan, levan, necesariamente, a unha ampliación de tódalas actividades de natureza formativa.

Un ininterrompido crecemento nas nosas comunidades de grupos artísticos e culturais require dunha atención especial que sirva ás inquedanzas neses eidos. A música, a danza, o canto, o teatro, as afeccións plásticas, na súa práctica e no seu desenvolvemento, achegan unha importante vitalidade ós cen

tros e contribúen na proxección pública do galego nas respectivas sociedades. Todas elas son actividades que favorecen a identidade das comunidades galegas e que amosan, aberta e explicitamente, moitas características da nosa cultura.

Nos anos anteriores inmediatos, o conxunto de experiencias e de resultados obtidos reafirman os acertos na planificación dos obxectivos. As mesmas respostas dos centros e os niveis de participación nas distintas actividades programadas e realizadas empuxan cara ó aumento cualitativo e cuantitativo de moitas delas, e así serán recollidas.

A cohesión entre os galegos do exterior, a súa participación en tódolos plans de actuación, son propósitos permanentes xa que fan posible o desenvolvemento do maior número de accións directas e indirectas na vida social e cultural da Galicia total. As nosas comunidades, a través das distintas áreas de actuacións propias, tales como as de atencións socioasistenciais, sanitarias, culturais, formativas, recreativas, artísticas e deportivas, veñen contribuíndo a unha, cada día, máis relevante presencia de Galicia no exterior.

Desde unha conciencia de galeguidade moi consolidada e firme, a planificación dos programas de actuación aínda se vén axustar máis ás necesidades humanas e ás formulacións asociativas e facer máis evidente un claro sentido da unidade e da solidariedade nos ámbitos das nosas comunidades co fin de aumenta-la participación de todos, sen distincións de idade, lugar ou condición, nos empeños e obxectivos comúns, que no poden ser outros que os seguintes:

-Fomenta-lo máis intenso vencellamento entre tódalas comunidades galegas de sorte que esa conveniente colaboración dunhas con outras e de todas elas con Galicia supere as distancias reais e diferencias naturais, favorecendo dun xeito novo a fecundidade da viviencia común que é a galeguidade que abrangue a todos.

-Potencia-la presencia do galego no exterior para una maior prestixio e proxección de Galicia e da súa cultura, que favoreza un máis amplo e fondo coñecemento da nosa realidade xeográfica, artística e económica, xuntamente coas realizacións e capacidade dos nosos homes e de tódalas nosas institucións.

-Proseguir coa continuada e actualizada axuda ás demandas asistenciais e sociais dos galegos no exterior, moi especialmente a aquelas que proveñen de causas de idade e de carencias, de crises de saúde e de fluctuacións económicas, principalmente nos países de Iberoamérica.

-Favorece-la crecente pluralidade de accións encamiñadas a unha maior integración xeracional e dirixidas ós xoves descendentes de galegos. Concretamente mediante programas de intercambio xuvenil, de contidos formativos diversificados, culturais, artísticos, deportivos e asociativos, por canto todos eles contribúen a unha incorporación progresiva dos xoves na vida e actividade das comunidades e asentando dese xeito unha continuidade e puxanza cara ó futuro.

-Actualiza-los sistemas de comunicación para acadar uns enlaces máis áxiles e rápidos entre tódolos centros e destes coas distintas institucións de Galicia, rematando as instalacións e dotacións dos medios técnicos de información máis actuais, de tal maneira que os centros poidan recibir informacións e programas dos medios de comunicación ó momento.

-Proseguir co empeño de prestarlle uns servicios á Galicia exterior, que se traduza nun fortalecemento da unidade que toda ela, nos seus centros, sociedades e agrupacións senten e viven, nun incremento de esperanzas cimentadas para o porvir, nunha xeral estima e axuda institucional e persoal sen discriminación polo lugar de nacemento e de residencia, e con independencia das condicións de formación, de situación e de traballo, na constante procura de fomenta-la convivencia harmónica e esa creatividade plural que fai crece-las nosas comunidades.

-En ningún caso, seguir nas liñas de actuación xa moi longamente experimentadas suporá unha perda de respecto á equidade no reparto dos recursos e subvencións, na cobertura das necesidades e no apoio ás iniciativas, nin tampouco caer no desprezo para coas conxunturas puntuais.

Desde esa actitude xusta, seguindo pois cos criterios e principios de actuación xa expostos e sen esquecer unha progresiva adecuación nos procedementos de xestión, baixo unha pauta de axilidade e eficacia, trázanse os diferentes plans de acción, axeitados ás necesidades, propostas e proxectos presentados polas nosas comunidades e cos que se pretende atende-las aspiracións particulares e comúns que, reducidas e polo breve, son as seguintes:

Plan de accións asistenciais e sociais.

O principio fundamental da solidariedade, un dos máis salientables no conxunto inspirador das accións propias da secretaría xeral, faise realidade nos campos asistenciais e nas diferentes atencións benéfico-sociais. Moitas son as situacións concretas que esixen unha comprensión eficaz e unha axuda cabal.

Na vertente característica e propia das demandas sociais, hai carencias e precariedades en institucións e en sociedades e tamén nas circunstancias vitais de persoas e de familias, que requiren apoios pun

tuais e axudas periódicas. A maior parte concéntrase nas xentes da terceira idade, especialmente en certos países, e nas entidades que as acollen e asisten.

É debida, pois, unha resposta ós galegos da diáspora para remedio das súas condicións carenciais, e entre elas hai que considera-las conxunturas de infortunio, de incapacidade, de diminución no poder adquisitivo das contías de pensións e de aforros, de afrontamento de pagamentos obrigados para teren o dereito a coberturas sociosanitarias e, en xeral, tódalas precariedades que proveñen das crises económicas que ocorren en países nos que teñen veciñanza grandes colectivos de galegos.

Todo o plan e os programas nos que é desenvolvido conta, para unha axustada aplicación, coa colaboración das nosas entidades no exterior, co desvelo e traballo dos seus dirixentes, seguindo e atendendo as peticións regulamentadas, tanto individuais como corporativas e institucionais.

En razón das necesidades, por unha banda, e coñecendo, tras longa experiencia, o labor que desenvolven as comunidades galegas na asistencia social e, moi notoriamente, nas prestacións sanitarias, o mantemento, incremento e perfeccionamento da colaboración e das axudas é, hoxe en día, indispensable.

Plan de accións formativas.

A formación é unha demanda xeneralizada nos tempos que corren, xa que a mesma sociedade, nos seus cambios e nos seus avances, esixe unha continuada elevación nos niveis de coñecemento e de preparación. Por iso, segue sendo un obxectivo de moito empeño capacitar, preparar e mellorar profesional e tecnicamente os galegos do exterior e os seus descendentes.

Aínda que, pola idade, situación e naturais aspiracións, pola atinxente chamada do porvir, sexan os xoves quen máis beneficios recollen do conxunto deste plan, non é menos certo que a súa ordenación se dirixe a moitos máis ca a eles, principalmente nas materias culturais, divulgativas e profesionais.

Trátase, polo tanto, dunha programación que quere facilitar unha formación humana e unha capacitación laboral diversificada, na que non quedan alleos ós saberes complementarios e que contribúen a un enriquecemento persoal.

Unha gran cantidade das iniciativas e solicitudes das comunidades e asociacións está encamiñada cara ós mozos e nenos, e, xa que logo, o mesmo feito de facer e segui-los cursos nos locais sociais favorece a presencia neles e propicia unha progresiva incorporación á vida asociativa.

Moito é o interese polos cursos dedicados ó estudio e perfeccionamento dos saberes relativos á cultura galega, e así o demostran as persistentes solicitudes que seguen a medrar cada ano. Ademais do permanente interese pola lingua e a literatura galega, percibese, e cada día máis, un crecente reclamo doutras materias, tales como a historia, a xeografía, as artes, os costumes e tradicións, o que amosa ben claramente unha visión máis ampla do cultural e, de conformidade con eses novos afáns de aproveitamente, esixe unha adaptación de contidos para comunicar e ensinar.

Novas disciplinas, profesións e tecnoloxías, tales como as derivadas das informatizacións, da electrónica e dos adiantos nos sistemas de comunicación, ou ese avivamento de actividades e quefaceres xa antigos e tradicionais, como poidan ser hoxe os teatrais ou os da cociña, requiren igualmente unha programación dirixida ás novas aprendizaxes e ós perfeccionamentos dos vellos saberes.

Tampouco poden esquecerse as necesidades que presenta a preparación na actividade empresarial e ese amplo abano da formación ocupacional. Unha e outra, aténdense mediante axudas directas, subvencións ós distintos centros e, nalgúns casos, coa colaboración das asociacións de empresarios galegos no exterior. Algunhas novidades nos métodos de formación profesional serán establecidas con carácter permanente.

Convén subliñar, neste resumo xeral e previo, a continuada petición de aprendizaxes de traballos artesanais propios de Galicia, e que, a pesar de seren recentes nalgunhas especialidades, precisou xa do establecemento de cursos a eles dedicados.

Cada ano, os xoves do exterior manifestan e amosan máis desexos de face-los estudios universitarios e superiores nas universidades de Galicia e por iso, non soamente se mantén un programa de axudas para posibilita-lo cumprimento de tales desexos, senón que se propón incrementa-las axudas que se veñen concedendo.

Plan de accións culturais.

Desde o interese por mante-la identidade cultural orixinaria, tan fortemente apegada ós galegos do exterior, o afianzamento dela, a súa aceptación e reforzamento nos xoves, fai conveniente un contacto directo coa nosa cultura e ademais obriga a que este sexa áxil e incesante. As formas, as expresións e as enraizadas tradicións galegas son ben merecentes dunha potenciación no seo dos centros e comunidades, xa que son quen proxectan a nosa peculiaridade e expresividade cultural.

Nótase que hoxe perderon vixencia as actitudes culturais exclusivistas e pechadas, que non son tole

radas as posicións restrinxidas e por esa causa as comunidades e centros amósanse cada día máis abertos e receptivos, sen que supoña tal postura un abandono da propia identidade e do seu cultivo. Ó contrario, eses actuais afáns de identificación que teñen e que desenvolven, serven non soamente para afondar nos sentimentos confirmadores da propia peculiaridade senón tamén para comprobala e saber cómo é apreciada polos demais pobos.

Unha das actividades culturais promovida pola secretaría xeral, que encaixa ben en canto supón unha acertada posibilidade para reflecti-las inquedanzas persoais e o aproveitamento das accións culturais é a convocatoria dos concursos anuais xerais e os especialmente dirixidos á mocidade que participa nas actividades campamentais. Velaí que, tendo en conta a creatividade humana e as súas manifestacións galegas e considerando os modos de expresión, sexa estimulada por tódolos procedementos posibles, coidando da heteroxeneidade dos centros, das súas radicacións socioculturais e das diferentes idades dos que integran as nosas comunidades.

Como queira que os centros galegos no exterior constitúen, e así o veñen demostrando, uns influentes axentes de difusión da nosa cultura, continuará promovéndose a instalación de mostras dos nosos artistas e da nosa artesanía, así como as demostracións dos nosos costumes e axeitadas informacións da riqueza turística de Galicia.

O sobresaínte crecemento dos grupos folclóricos de danza, música e canto nunha gran maioría dos centros demostra unha acentuación nas ansias de practicar e perfecciona-las manifestacións tradicionais e populares desas expresións artísticas, e ademais, o establecimento de grupos teatrais, que representan ó noso teatro, veñen recibindo, xunto coas axudas ordinarias para o seu mantemento e labor, o influxo que provén das preparacións especializadas dos seus directores e adestradores a través dos cursos de alto nivel que organiza a secretaría xeral.

O incremento das publicacións propias e esa dotación constante das bibliotecas dos centros, impulsan e promoven unha actualización constante da historia e desenvolvemento da nosa cultura e, ó mesmo tempo, favorecen a difusión das actividades dos centros e o coñecemento recíproco delas. A distribución de medios de comunicación alleos, que recollen a actualidade económica, literaria, artística e social de Galicia, contribúen tamén a manter un contacto directo e puntual que é enriquecedor para tódalas comunidades do exterior.

Plan de accións xuvenís.

A continuidade e puxanza das comunidades de galegos, a mesma pervivencia da Galicia exterior no tempo e na diáspora, necesitan da xuventude des

cendente dos galegos. Por razóns dos tempos da emigración, xa hai moitos xoves pertencentes á terceira ou cuarta xeración que hoxe están incorporados á vida social dos centros e son numerosos os fillos e netos de emigrantes galegos que dirixen as institucións e entidades.

As novas xeracións, depositarias das maiores esperanzas para a continuidade do asociacionismo galego no exterior, son as que reclaman unhas respostas amplas e eficaces das nosas comunidades. Queren medios humanos e materais, estímulos e actividades axeitadas á xuventude, para participaren activamente na vida dos centros.

De cara a ese crecente protagonismo da xuventude, hai establecidos distintos programas que teñen por obxectivos os seguintes: o intercambio de experiencias entre os mesmos xoves, a promoción do deporte en tódalas categorías e modalidades nas que están comprendidos, a satisfacción das distintas afeccións artísticas, o aumento dos cursos de preparación e de especialización e a mesma incentivación da súa participación en certames e concursos.

Tódolos medios e procedementos posibles ó servicio da xuventude galega do exterior están recollidos nos programas dedicados a ela e que, pola súa importancia e trascendencia, están a ser desenvolvidos.

Plan de accións estructurais e de equipamento de centros.

As novas instalacións de centros de recente creación ou que mercaron edificios nun lexítimo desexo de se faceren propietarios de locais e inmobles, as necesidades de reparación, recuperación ou de remodelación doutros antigos, e a mesma ampliación dalgúns servicios para a mellora das actividades, constitúen, ano tras ano, unha das atencións máis elementais e importantes.

Tamén teñen moitísima significación, sobre todo nalgúns países e áreas xeográficas, os proxectos e ampliacións de servicios sanitarios e asistenciais, a substitución e renovación de equipamentos en distintas agrupacións, o incremento de medios instrumentais e, como unha das máis recentes demandas, a dotación de equipos de comunicación e de sistemas de información axeitados ós avances tecnolóxicos do momento.

En calquera sentido, é ben coñecido que os esforzos e dedicación das persoas, por moi boa que sexa a estructura organizativa e funcional, non chegan para alcanza-la eficacia que prentenden nas súas aspiracións e posibilidades se non contan con infraestructuras útiles para axilizar e potencia-lo traballo e favorece-la consecución dos obxectivos.

Recollendo, polo tanto, os propósitos, necesidades e contidos dos plans ata aquí enunciados, é lóxica unha obrigada regulación de procedementos, requisitos, condicións, prazos, contías e beneficios. Mais isto non chegaría para xustifica-lo establecemento e vixencia da presente orde. O imperativo legal, certamente, esixe un rigoroso cumprimento. Pero, tamen é verdade que han de terse presentes aquelas urxencias sociais que presenta o mesmo discorrer do tempo, as eventualidades que xorden e os mesmos feitos continxentes, co fin de estima-las tarefas todas nunha orde dirixida cara ó futuro e á eficacia.

Aínda axustando concienciudamente toda unha ampla e concreta planificación ós medios e posibilidades orzamentarias, é preciso, para alcanza-los fins establecidos, ademais dunha constante contribución de todos, engadir imaxinación, dilixencia e un bo facer orientados cara un aproveitamento máximo dos recursos dos que se dispón e procura-la mellor rendibilidade do esforzo comunitario e xeral.

Por todo iso, desde ese conxunto de principios e de obxectivos, esta consellería,

DISPÓN:

PLAN DE ACCIÓNS ASISTENCIAIS E SOCIAIS

Programa 1: axudas asistenciais individuais.

Artigo 1º.-Obxecto e características.

1. A finalidade deste programa é a concesión de prestacións económicas directas, individuais, extraordinarias e non periódicas, de carácter social, dirixidas ós galegos residentes no estranxeiro que, non estando en idade de xubilación por ancianidade, sexan inválidos ou doentes por mor de permanente enfermidade, imposibilitados para desenvolveren calquera tipo de actividade laboral, así como aqueles que se atopen en situacións de infortunio familiar, entendendo por tales, feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar. Tamén poderán ser beneficiarios deste programa aquelas persoas en situación de precariedade pertencentes a colectividades galegas de países inmersos en fortes crises económicas. Están destinadas a cubriren as necesidades básicas de subsistencia como manutención, aloxamento e asistencia sanitaria, no primeiro caso, e a solucionaren a continxencia familiar nos outros casos.

2. Estas axudas teñen por obxectivo atender aqueles casos de especial gravidade, de acordo co contido do paragráfo primeiro, non abranguidos no ámbito de actuación do Decreto 728/1993, do 14 de maio, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, polo que se establecen as pensións asistenciais por ancianidade.

3. Estas axudas destinaranse ós países iberoamericanos, debido á súa situación actual e da nosa comunidade alí residente, aínda que poderán ser atendidos os casos de especial e grave necesidade sen distinción en canto ó lugar de residencia sempre que esta sexa no estranxeiro.

Artigo 2º.-Solicitudes.

Poderán ser solicitantes destas axudas tódolos emigrantes naturais de Galicia que, residindo no seus domicilios privados, non teñan ingresos superiores ó importe da pensión non contributiva vixente en España no momento da publicación desta orde.

Os solicitantes terán que cumprir, en cada caso, os seguintes requisitos:

a) Ser natural de Galicia.

b) Que teñan o seu lugar de residencia nos países iberoamericanos, ou nos casos de especial gravidade en calquera lugar no estranxeiro.

c) Carecer de bens e ingresos que non permitan o nivel mínimo de subsistencia, computándose todo tipo de rendas incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante a esta sempre que non cubran as súas necesidades básicas.

d) Residir en domicilios particulares e non pertencer a organizacións, comunidades ou institucións que polas súas regras ou estatutos estean obrigadas a prestarlles asistencia, nin residiren ou estaren internados en centros hospitalarios ou fogares de anciáns, caso no que poderían estar abranguidos e baixo o abeiro do programa 2 desta mesma orde.

Ademais, en cada caso, terán que cumpri-los seguintes requisitos:

1. Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.

e) Ter menos de sesenta e cinco anos de idade. No caso de ser menor de idade presentará a solicitude o seu pai ou titor.

f) Atoparse nunha situación de invalidez ou enfermidade permanente que o incapacite para desenvolver calquera tipo de actividade laboral.

2. Axudas en casos extraordinarios de urxente necesidade.

g) Ser cabezas de familia na que teña sucedido un infortunio familiar, entendéndose por tales feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar.

3. Axudas en casos de precariedade en países en crise económica.

h) Pertencer a colectividade galega de países inmersos en fortes crises económicas.

i) Ser maior de 65 anos de idade.

Artigo 3º.-Contía da axuda.

1. Nas accións previstas nas alíneas 1 e 3 do artigo 2º a contía da axuda será por un importe total de corenta mil pesetas.

2. Nos supostos previstos na alínea 2 do mencionado artigo, a contía da axuda será fixada en función da gravidade xustificada da situación, do número de solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 4º.-Natureza das axudas.

As axudas teñen carácter persoal e intransferible.

As axudas non orixinan dereito subxectivo ningún para os seus beneficiarios e estarán, en todo caso, condicionadas ás dispoñibilidades orzamentarias do exercicio, previstas para esta finalidade.

Artigo 5º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) A solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 1 da presente orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos ou, no caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

d) No caso de incapacidade permanente para desenvolver actividades laborais, certificado médico, segundo o modelo normalizado do anexo 1, realizado polos servicios médicos dunha sociedade galega ou española que preste servicios na área da saúde. Cando o certificado médico anterior non poida ser expedido pola sociedade galega ou española aludida, poderá admitirse como válido un certificado médico expedido por calquera centro de saúde pública oficial (centros médicos nacionais, provinciais ou municipais) do país de residencia, referendado pola dirección médica das devanditas sociedades galegas ou españolas. Nas axudas extraordinarias en casos de urxente necesidade, xustificantes que poidan servir como comprobantes das condicións imprescindibles establecidas na alínea 2 do artigo 2º deste programa e, se é o caso, informe do centro galego correspondente á zona de residencia do interesado.

e) Documentos xustificativos do estado de necesidade.

Artigo 6º.-Prazo e lugar de presentación.

As solicitudes correspondentes ós apartados 1 e 3 do artigo 2º presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras; rematará o prazo de presentación de solicitudes o día 31 de marzo de 1998.

As solicitudes correspondentes ó apartado 2 do artigo 2º presentaranse na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) na época do ano na que se produza a continxencia xunto co informe do centro, quedando condicionada a súa concesión á existencia de crédito na partida orzamentaria correspondente.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación realizarán unha revisión técnica das solicitudes e, unha vez comprobado que está completa e correcta, enviarana, para unha maior simplificación do trámite e eficacia, no día seguinte ó do remate do prazo, ós centros coordinadores seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Gallego de Buenos Aires.

-Oficina Delegada da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro Hospital de Beneficencia.

-Real Sociedade Española de Beneficiencia de Salvador-Baía.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro da Habana.

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego de la Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Caracas.

2. Os centros coordinadores, designados no apartado anterior, efectuarán unha segunda revisión, realizando o exame técnico das solicitudes e informarán periodicamente, en todo caso, os días 1 de marzo e 5 de abril, á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas do número de solicitudes

correctas recibidas de cada un dos centros correspondentes á súa área xeográfica.

3. En cada un destes países a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá constituír unha comisión, para a que nomeará o seu representante na persoa dun funcionario e na que estarán, así mesmo, representados os centros receptores das solicitudes en función do número de solicitudes presentadas e o seu peso específico dentro da colectividade galega. Así mesmo poderá asistir un representante do consello de residentes correspondente á demarcación na que se celebra a comisión, preferentemente galego, por razóns de coñecemento e integración na comunidade galega asentada nese país e, polas mesmas motivacións, preferiblemente pertencente e representante dalgún dos centros constituíntes da comisión.

4. Os galegos residentes naqueles países de Iberoamérica non citados no apartado 1 do artigo 7º poderán remiti-las súas solicitudes á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

5. De constituírse, a comisión avaliadora reunirase dentro do prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ó remate do prazo de presentación de instancias levantando acta da relación provisional de persoas seleccionadas, da que se fará exposición pública nos taboleiros dos centros durante 7 días naturais. Durante este período os interesados poderán presenta-las correspondentes reclamacións e o centro coordinador poderá recadar dos preseleccionados canta documentación coide oportuna para comproba-la veracidade dos datos indicados nas solicitudes. No oitavo día natural o centro coordinador elevará informe e, se é o caso, a proposta de modificacións xunto coa oportuna documentación xustificativa e informe do centro no que fose presentada a correspondente solicitude, ó secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas que, despois dos trámites legais oportunos, comunicará a resolución aprobatoria ós interesados e ós centros coordinadores, facéndose exposición pública dela

nos taboleiros de anuncios destes.

6. De non constituírse a devandita comisión, os centros coordinadores deberán remitirlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas as solicitudes recibidas, xunto con toda a documentación, no prazo de 5 días a partir do remate do prazo de presentación.

7. A selección dos beneficiarios efectuarase, segundo o tipo de axuda, en función do crédito dispoñible no caso da alínea 1 do artigo 2º e do crédito dispoñible e das circunstancias que poidan ser alegadas no caso da alínea 2 do devandito artigo.

Artigo 8º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións da axuda.

A falsidade dos datos e documentos achegados implicará a denegación ou, se é o caso, a devolución da axuda na súa totalidade e sen prexuízo das responsabilidades que puidesen derivarse do devandito acto.

2. Os beneficiarios das subvencións quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias persoais, podendo a devandita secretaría xeral, se así o considera, anula-la subvención e dispoñer do citado crédito para lles conceder axudas ós solicitantes inicialmente desestimados.

Artigo 9º.-Pagamento.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas arbitrará o método de pagamento ós beneficiarios, de xeito directo mediante talón bancario.

Programa 2: axudas asistenciais a entidades galegas.

Artigo 10º.-Obxecto e características.

O programa ten por obxecto subvenciona-las entidades galegas que presten determinados servicios asistenciais e residenciais á colectividade de asociados de orixe galega que carezan de medios económicos, nos seguintes supostos:

1. A través de axudas para a comida e, se é caso, o transporte dos familiares directos dos asociados, cando estes residan en centros asistenciais, de xeito que se posibilite o contacto diario entre eles.

2. A través das axudas indirectas para solventa-las cotas ou achegas destinadas a mante-la protección asistencial e sanitaria que lles veñen prestando as entidades galegas ás persoas de orixe ou ascendencia galega en situación de paro, xubilación con míminos ingresos, desprotexidos en materia de previsión social ou carentes de protección que, doutro xeito, non terían este tipo de cobertura no seo destes centros galegos.

3. A través de axudas ás entidades galegas que teñen en funcionamento fogares diurnos, entendendo como tales os lugares onde as persoas da terceira idade poidan realizar actividades lúdicas, recreativas e de terapia ocupacional que desenvolvan a súa psicomotricidade coa finalidade de aumenta-la

calidade de vida, permitindo que o ancián envelleza no seu contorno, permanecendo no seu fogar. Ademais, deberán ter servicio de comedor nos que poidan recibi-la comida de mediodía a un prezo módico e outras prestacións de tipo socioasistencial en calquera das súas diversas modalidades.

4. A través de axudas a entidades galegas que presten servicios de asistencia ós traseúntes galegos necesitados que se acerquen a estes centros en demanda de atención.

5. Así mesmo, inclúense dentro do ámbito deste programa as subvencións a centros galegos para o saneamento económico dos seus servicios asistenciais.

Artigo 11º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan recoñecida a galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

b) Que conten con residencias para anciáns ou con centros sanitarios onde reciban asistencia os seus asociados ou que desenvolvan programas específicos de asistencia social a asociados e transeúntes.

Artigo 12º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo 2 da presente orde, que será subscrita pola persoa que teña a representación legal da entidade solicitante.

No caso das alíneas 1 e 2 do artigo 10º xuntarase tamén relación das persoas ás que se destinará a axuda, segundo o modelo oficial do anexo 2 da presente orde.

No caso da alínea 3 do artigo 10º, xuntarase tamén relación explicativa dos transeúntes atendidos en 1997 e orzamento estimativo de gastos destinados a estas atencións para 1998.

No caso da alínea 4 do artigo 10º, xuntarase balance de situación e memoria de xestión do último exercicio económico.

Artigo 13º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes serán enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 1998.

Artigo 14º.-Tramitación e resolución.

O secretario xeral dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de asociados galegos do centro ou entidade asistencial e grao de necesidade dos posibles beneficiarios.

-Número de residentes do centro ou ingresados nel, contía do seu orzamento e importancia do seu desequilibrio económico.

Artigo 15º.-Pagamento e xustificación.

O pagamento realizarase logo da presentación, dentro do exercicio orzamentario, de certificación do secretario da entidade, co visto e prace do seu presidente, facendo consta-lo nome, apelidos, enderezo, concepto e, se é o caso, contía individual destinada como axuda a cada beneficiario para as alíneas 1, 2 e 3 do artigo 10º. Na alínea 4 do artigo 10º o centro, unha vez recibida a subvención, deberá acredita-lo reflexo contable desta no balance de situación do mes en que a reciban, ou no documento contable equivalente mediante certificación do presidente e secretario do centro.

Artigo 16º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral toma-la resolución que corresponda.

Programa 3: vacacións para lembrar.

Artigo 17º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto ofrecer unhas vacacións ós galegos e ós seus cónxuxes asentados noutras comunidades autónomas de España ou noutros países de Europa, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual da terra onde naceron, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como ós nósos costumes tradicionais; constitúe un achegamento á súa terra, á que están vencellados por lazos permanentes, familiares e sentimentais.

2. Este programa é o resultado do acordo de colaboración entre a Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e

a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. As características básicas deste programa son:

a) Desprazamento dos seleccionados desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata o lugar de residencia en Galicia.

b) Estadía durante un período de 14 días nunha residencia de tempo libre de Galicia ou noutro establecemento hoteleiro, coa correspondente programación de actividades recreativas e culturais.

4. Poderase, cando as circunstancias así o aconsellen, dirixi-lo programa a colectividades de galegos residentes fóra de España, realiza-la estadía noutra área xeográfica ou noutro establecemento residencial, notificándose nestes casos as bases que sexan de aplicación a través da correspondente convocatoria.

Artigo 18º.-Solicitantes.

Poderán ser solicitantes:

1. As persoas que cumpran as seguintes condicións:

a) Ser natural de Galicia.

b) Residir noutra Comunidade Autónoma de España ou noutro país de Europa.

c) Ter ela ou o seu cónxuxe máis de 60 anos de idade.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes e estaren en condicións físicas para realizaren a viaxe programada.

e) Non ter participado en anteriores edicións deste programa.

f) Non ter recursos económicos suficientes.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo, o contido das alíneas d) e e)

Artigo 19º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 3 da presente orde, selada polo centro galego correspondente.

b) Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

c) Fotografía actual tamaño carné.

d) Fotocopias da liquidación e da primeira páxina da declaración da renda correspondente ó ano 1996.

Se o solicitante reside noutro país presentará documentación equivalente.

e) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 3 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no artigo 18 alínea d) deste programa.

f) De se-lo caso, documento xustificativo de estar xubilado.

Artigo 20º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes acompañadas do resto da documentación presentaranse nas entidades galegas das comunidades e países destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 1998.

Artigo 21º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación, unha vez comprobado que está correcta e completa, enviarana o mesmo día do remate do prazo á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) xuntando o certificado, segundo o modelo do anexo 3-B, no que se relacionen as solicitudes presentadas, mencionando o coordinador do programa designado polo centro respectivo.

2. A selección dos participantes efectuarase estimando como preferente:

-Os casos en que polo menos un dos cónxuxes posúa a condición de xubilado ou teña máis de 65 anos de idade.

-A secretaría xeral resolverá a concesión en función de:

a) Situación económica dos solicitantes.

b) Idade dos solicitantes.

c) Estado de saúde.

Artigo 22º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións

coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 4: reencontros.

Artigo 23º.-Obxecto e características.

1. Ten por obxecto promove-la consecución do reecontro das persoas de orixe galega residentes no exterior cos seus familiares e coa súa terra.

2. Este programa poderá realizarse de acordo coas modalidades seguintes:

2.1. Acción social, superando tempos de separación de 20 anos, coas seguintes submodalidades:

a) Acción directa, executado pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, coa colaboración da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos.

c) Acción concertada en colaboración con empresas e asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

2.2. Axudas para viaxes, executada pola Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, coa colaboración da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Características básicas na modalidade de acción directa:

a) Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia.

b) Estadía durante un período máximo de 14 días, preferentemente no mes de outubro, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra.

c) Estadía cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, correndo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

d) Correrán por conta da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas os gastos derivados da selección dos beneficiarios e os de transporte derivados da alínea a) deste punto. Serán por conta da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, os gastos derivados da alínea b) deste punto.

e) A secretaría xeral poderá nomear, nos países destino da convocatoria con máis número de participantes, persoal capacitado en asistencia médica

e social para a súa participación no programa en funcións sanitarias, asistenciais e de organización.

f) Así mesmo, poderán organizarse accións destinadas a persoas ou grupos con vínculos familiares directos mantendo como obxectivo prioritario o reencontro en Galicia.

4. Características básicas nas modalidades de acción concertada en colaboración con concellos, empresas ou asociaciones sen ánimo de lucro de Galicia:

a) Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados polo concello organizador ata os aeroportos de Galicia.

b) Estadía cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ó seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc. Cando a acción sexa organizada por unha mancomunidade de concellos ou cando o número de participantes no programa sexa suficientemente grande poderase, de acordo coa Dirección Xeral de Servicios Sociais, programa-la estadía dos participantes nun establecemento hoteleiro por un período máximo de 14 días.

c) Os gastos derivados da alínea a) deste punto correrán a cargo da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e do concello organizador.

d) Nesta modalidade trátase de lles dar ós concellos e ás empresas o protagonismo nas accións que teñan a finalidade do reencontro dos galegos que cumpran os requisitos xerais do programa, coas súas familias residentes no concello ou no ámbito de actuación da empresa. A selección dos beneficiarios por conta do concello ou da empresa coa axuda e colaboración das entidades galegas da Galicia do exterior e da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

e) Enviarase unha circular ampliando a información sobre a posta en marcha desta modalidade de programa.

5. Características básicas en modalidades de axudas para viaxes:

a) As axudas consistirán no pagamento da metade do custo do traslado a Galicia e da estadía dentro do programa de vacacións da 3ª idade que leva a cabo a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais por un período de 14 días para desfrutar durante os 12 meses seguintes ó remate do prazo de presentación de solicitudes.

b) A Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, á vista das solicitudes presentadas

establecerá as datas e lugares nas que se desenvolverá o programa de acordo coas entidades colaboradoras. Así mesmo establecerá a forma e prazo en que deberá consignarse a cantidade e achegas polos interesados en concepto de reserva e conformidade da viaxe. Entenderase que os que non cumpren este requisito desisten da solicitude.

6. Os beneficiarios de calquera modalidade deste programa gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servicio Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

Artigo 24º.-Solicitantes.

1. Poderán ser solicitantes deste programa na modalidade de acción social:

1.1. Aqueles emigrantes naturais de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teren sesenta ou máis anos de idade.

b) Levaren polo menos 20 anos sen volver a España.

c) Teren familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

d) Que non padezan enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes, e estean en condicións físicas para realizaren unha viaxe de longa duración.

e) Que non teñan recursos económicos suficientes.

1.2. Excepcionalmente poderán solicita-la participación neste programa e sempre que cumpran cos requisitos relacionados nas letras a), b), c) d) e e) da alínea 1 deste artigo, os fillos de emigrantes galegos con nacionalidade española, residentes naqueles países nos que a primeira xeración de galegos estea diminuíndo fortemente por ter unha idade media moi avanzada debido a que as correntes migratorias cara a eses países tiveron lugar nos primeiros anos deste século.

2. Poderán ser solicitantes deste programa na modalidade de axudas para viaxes:

2.1. As persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Seren naturais de Galicia, ou ser fillo de galego coa nacionalidade española.

b) Residiren fóra de España.

c) Teren elas ou os seus cónxuxes máis de 60 anos de idade, podendo por razóns extraordinarias

alegadas e con carácter de excepcionalidade rebaixarse a dita idade ata os 55 anos.

d) Non padeceren enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes e estaren en condicións físicas para realizaren a viaxe programada.

e) Non teren participado en anteriores programas desta secretaría xeral de viaxes de reencontros con Galicia.

2.2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo, o contido das alíneas d) e e).

Artigo 25º.-Documentación.

A documentación das persoas solicitantes deberá estar integrada por:

1. Na modalidade de acción social:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 desta orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos ou, en caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego ou no caso da alínea 1.2 do artigo 24º, da súa orixe galega.

d) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 BIS da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas na alínea d) do artigo 24º.

e) Fotografía actual tamaño carné.

2. Na modalidade de axudas para viaxes:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 BIS desta orde.

b) Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego ou, se é o caso, da súa orixe galega, e da nacionalidade española.

c) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 BIS da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas na alínea d) do artigo 24.2.1.

d) Fotografía actual tamaño carné.

e) Os cónxuxes no caso de solicitaren este programa deberán engadi-la seguinte documentación:

-Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe solicitante.

-Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 BIS da presente orde, conforme as condicións

imprescindibles establecidas na alínea d) do artigo 24.2.1.

-Fotografia actual tamaño carné.

Artigo 26º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

As solicitudes presentaranse acompañadas do resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

2. Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 1998.

Artigo 27º.-Tramitación e resolución.

1. Nas modalidades de acción directa e axudas para viaxes os centros galegos farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión que as sinaladas no artigo 7º, alíneas 1, 2, 3, 4, 5, e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Gallego de Buenos Aires.

-Centro Galicia de Buenos Aires.

-Oficina Delegada da S.X.R.C.G.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España en Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Baía.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana.

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego de La Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia en Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

2. A selección dos participantes na modalidade de acción directa farase en función de:

-Idade dos solicitantes e tempo sen volveren a Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade e de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

-Estado de saúde.

-Terán prioridade aqueles solicitantes que, cumprindo as condicións da convocatoria, teñan o seu cónxuxe seleccionado.

3. A selección dos participantes na modalidade de axudas para viaxes efectuarase en función de:

-Idade dos solicitantes, con preferencia ós maiores de 65 anos.

-Tempo sen volveren a Galicia.

-Estado de saúde.

-Orixe galega, con preferencia ó nados en Galicia.

4. A concesión ten carácter de provisionalidade en canto non sexa avalada polo doutor encargado dos recoñecementos e, no caso da modalidade de acción directa, polos familiares do solicitante que residan en Galicia.

5. Na modalidade de acción social a concesión é de carácter individual.

Na modalidade de axudas para viaxes, a selección do beneficiario levará consigo a do seu cónxuxe, no caso de ser solicitada.

6. Nas modalidades b) e c) do artigo 23º.2 a selección correrá por conta dos concellos ou empresas, mentres que a tramitación se fará a través dos centros galegos designados por eles.

Artigo 28º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 5: cursos de terapia ocupacional.

Artigo 29º.-Obxecto.

Promove-la realización de accións que posibiliten a creación de grupos de persoas da terceira idade de orixe galega residentes no exterior para o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes con

finalidade de carácter terapéutico e formativo-ocupacional.

Artigo 30º.-Características dos cursos.

a) Duración: 50 horas impartidas como máximo en 3 semanas.

b) Lugar: as residencias de anciáns ou as instalacións dos centros galegos.

c) Modalidades: clases presenciais teórico-prácticas coa finalidade de desenvolve-las capacidades manuais e intelectuais sobre artesanía, moldeado, pintura, barro, tecidos, vimbio, entre outras especialidades.

d) Desenvolvemento curricular: os contidos que se van impartir seguirán a programación das unidades didácticas editadas para este programa pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e os materiais necesarios para as clases prácticas axustaranse ás relacións que, segundo os traballos que se vaian realizar, se indican nas devanditas unidades.

e) Requisito de concesión: mínimo 20 participantes por curso.

Artigo 31º.-Contido das axudas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da compensación económica ó persoal docente.

c) Excepcionalmente, poderán atenderse os gastos de estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

d) O custo do material e o seu envío para imparti-lo curso.

2. Os centros faranse cargo de:

a) O custo da manutención e do aloxamento do profesorado. Con carácter de excepcionalidade, debidamente fundamentada, poderán subvencionarse estes custos de estadía.

b) Proporciona-las instalacións adecuadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

Artigo 32º.-Solicitantes.

Centros galegos que desenvolvan labores de tipo asistencial, que teñan recoñecida a galeguidade ou estean considerados como colaboradores.

Artigo 33º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 5 desta orde.

b) Relación das persoas que desexen participar no curso, expresando apelidos e nome, número do DNI ou pasaporte, idade, lugar de nacemento e a súa residencia efectiva.

Artigo 34º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 35º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución que lles comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Interese temático dos diversos cursos solicitados.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Tamén a secretaría xeral resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ó centro galego, que estará condicionado ás dispoñibilidades orzamentarias existentes.

Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa secretaría xeral debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 36º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade enviará a esta secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

PLAN DE ACCIÓNS FORMATIVAS

Programa 6: axudas para estudios universitarios destinadas a emigrantes galegos ou ós seus ascendentes.

Artigo 37º.-Obxecto e características.

1. A finalidade deste programa é potencia-la realización de estudios universitarios, nas facultades e escolas técnicas superiores de Galicia, polos galegos, os seus fillos e netos, con residencia familiar no estranxeiro, que non teñan rematada a súa primeira carreira, con especiais aptitudes para o estudio e carentes de medios económicos suficientes para acadaren o seu primeiro título universitario.

2. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 38º.-Contido das axudas.

As axudas destinaranse a cubri-los seguintes gastos durante o curso 1997-1998:

a) Académicos derivados dos estudios.

b) De estadía e manutención.

c) Da viaxe de ida e volta entre o lugar da súa residencia familiar e Galicia.

Artigo 39º.-Número e contía das axudas.

Convócanse 15 bolsas por un importe unitario anual de 400.000 ptas. Este número de bolsas poderá ser ampliado ata 25 no caso de que o número de solicitantes, cumprindo os requisitos esixidos, así o aconsellase. En función do rendemento académico do beneficiario, a axuda poderase renovar ata completa-lo ciclo de estudios.

Artigo 40º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que acrediten documentalmente os seguintes requisitos:

a) Seren galegos, fillos ou netos de galego.

b) Que os seus pais ou titores legais carezan de medios suficientes e teñan fixada a súa residencia no estranxeiro.

c) Que nos tres últimos anos fosen estudiantes nos sistemas educativos oficiais vixentes en España ou no seu país de residencia e mantivesen mantendo nos seus estudios suficiente rendemento.

d) Que estean cursando no momento da convocatoria estudios de grao medio, no seu último curso, ou estudios universitarios e desexen remata-la súa primeira carreira nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo.

Artigo 41º.-Documentación.

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 6 da presente orde.

b) Documento acreditativo da súa condición de galego ou ascendencia galega.

c) Documentos xustificativos da residencia no estranxeiro dos seus pais ou titores legais.

d) Xustificación documental dos ingresos económicos da unidade familiar ou, no caso de traballar por conta propia, declaración xurada responsable.

e) Documentación na que conste o expediente académico do solicitante, con expresión das disciplinas cursadas e as cualificacións obtidas nos tres últimos cursos académicos inmediatamente anteriores a aquel en que estea cursando na actualidade, así como a escala de notas aplicada polos centros onde realizou os estudios.

f) Xustificación das cualificacións obtidas no curso 1997-1998 ou, no caso dos países nos que os cursos académicos coincidan con anos naturais, as correspondentes ó curso 1997.

Artigo 42º.-Lugar e prazo de presentación.

1 Lugar de presentación:

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, deberán ser enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2 Prazo de presentación:

-Ata o 31 de marzo de 1998 para a documentación relacionada no artigo 41º alíneas a), b), c), d) e e).

-Ata o 20 de xullo ou 30 de setembro de 1998 para a documentación relacionada no artigo 41º alínea f), nas convocatorias de xuño e setembro.

Artigo 43º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas fará unha selección provisional aplicando os seguintes criterios:

-Valoración do expediente académico do solicitante.

-Valoración das circunstancias económicas da unidade familiar.

No caso de que o solicitante fose adxudicatario dunha destas axudas no exercicio de 1997 e persistan as circunstancias económicas da súa unidade familiar:

-Aproveitamento académico no curso 1997-1998.

2. Rematada a devandita selección, elaborarase unha relación provisional de beneficiarios, que se elevará a definitiva mediante resolución da Secre

taría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e se lles comunicará ós solicitantes, unha vez presentado por aqueles o resgardo da matriculación. As vacantes producidas pola non presentación do dito documento serán cubertas polos beneficiarios provisionais suplentes que achegasen a dita acreditación documental.

3. Tódolos trámites necesarios para matricularse na universidade galega elixida deberán ser realizados directamente polos propios solicitantes.

Artigo 44º.-Pagamento e xustificación.

O beneficiario percibirá o importe da axuda polo procedemento establecido, en dúas fases.

Na primeira das fases percibirá o setenta e cinco por cento do importe da axuda unha vez que presente perante a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas resgardo de matriculación no centro universitario onde vaia cursa-los estudios. Este documento deberá presentarse nesta secretaría xeral dentro do exercicio orzamentario e, de ser posible, antes de remata-lo mes de novembro. As vacantes producidas pola non presentación do dito documento poderanse cubrir cos beneficiarios provisionais suplentes que acheguen a dita documentación.

Na segunda das fases percibirá o vintecinco por cento restante do importe da axuda unha vez que presente perante a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas documentos acreditativos da sua incorporación ó curso académico.

Artigo 45º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas estarán obrigados a:

a) Incorporárense ó centro elixido ó comezo do curso académico.

b) Residiren durante o curso académico en Galicia.

c) Ó remate do curso, deberán entregar unha breve memoria xuntando documentación onde consten as cualificacións obtidas.

d) Estas bolsas son incompatibles co desfrute de calquera outro tipo de bolsas, tanto de institucións públicas como privadas.

O incumprimento das obrigas anteriores orixinará a perda inmediata da axuda concedida e a devolución polo beneficiario das cantidades percibidas mediante o procedemento de constrinximento.

Programa 7: cursos de especialización.

Artigo 46º.-Obxecto e características.

1. Dous son os obxectivos que se pretenden con estes cursos. Por un lado, adestrar e perfeccionar mozos en técnicas necesarias para mellora-la expre

sión, dramatización e escenificación nos nosos grupos teatrais, así como a calidade e interpretación dos instrumentos musicais e a coreografía e execución das danzas tradicionais galegas. Por outra banda, formar mozos maiores de 18 anos que poidan tanto dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, como fomentar e promociona-las actividades deportivas no seo das nosas comunidades.

2. A metodoloxía dos cursos será dinámica e participativa utilizando, sempre que se poida, recursos audiovisuais que fagan referencia a Galicia.

3. Estes cursos deberán ter como introducción unha sección informativa dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico, monumental, etc.

4. Os cursos serán de formación intensiva, terán lugar con preferencia en Galicia e contarán cunha duración mínima de 50 horas lectivas; o número de participantes en cada unha das modalidades non será superior a 25. En todo caso o número total de prazas e o desenvolvemento de cada un dos cursos serán obxecto da oportuna resolución da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

5. Os cursos de carácter teatral, así como os de danza e música tradicional galega serán realizados en colaboración co Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais da Xunta de Galicia baseándose para tal fin nas súas unidades de producción:

-Ballet Galego Rey de Viana

-Centro Dramático Galego

-Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Os cursos de carácter deportivo teñen por finalidade a especialización de monitores, preparadores e adestradores dos equipos das seccións infantís e xuvenís nos deportes de máis implantación e autóctonos dos distintos centros e asociacións galegas. Serán realizados en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, de acordo co convenio asinado para tal fin, coa achega do profesorado e instalacións necesarias para a súa realización a través da Escola Galega do Deporte, colaborando así mesmo neste programa a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

7. Os cursos de animación xuvenil realizaranse en colaboración coa Dirección Xeral da Xuventude, da Consellería da Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a través da Escola Galega de Tempo Libre.

Artigo 47º.-Modalidade dos cursos.

1. Curso de técnicas de danza e baile folclórico galego, atendendo as seguintes áreas de coñecemento:

-Técnicas de danza clásica e de carácter: aplicación ó folclore galego.

-Colocación e movemento corporal. Música, ritmo e mimo.

-Escenario e vestiario.

-Técnica dos puntos: danzas e coreografías galegas. Percusión. «Cantareiras».

2. Curso en música tradicional galega atendendo ás seguintes áreas de coñecemento:

-A gaita galega, principios xerais. Afinado do «roncón» e do «punteiro».

-Interpretación de muiñeiras, xotas, danzas festivas e danzas gremiais.

-Percusión. «Cantareiras».

3.Curso de confección de «palletas» e «pallóns» atendendo ás seguintes áreas de coñecemento.

-Coñecemento e utilización dos materiais e ferramentas precisos para facer «palletas» e «pallóns».

-Modos de fabricación de «palletas» e «pallóns».

-Afinación do «ronco» e do «punteiro».

4. Cursos en técnicas de teatro atendendo as seguintes áreas:

a) Texto teatral: natureza, análise e texto de representación.

b) Reparto, ensaios e traballo do director de escena.

c) Espacio escénico: escenografía, movemento, iluminación e espacio sonoro.

d) Os estilos escénicos, producción na posta en escena, últimos ensaios e ensaios xerais.

5. Os cursos de técnicas deportivas atenderán a modalidade de fútbol abranguendo as seguintes áreas:

a) A iniciación das escolas e da psicoloxía e medicina no fútbol.

b) A preparación física.

c) Os principios do adestramento.

d) As técnicas e tácticas.

6. Cursos de animación xuvenil que abranguerán as seguintes áreas:

a) Área de coñecemento de Galicia: historia, lingua, cultura, xeografía, institucións e sociedade.

b) Área de psicosocioloxía do tempo libre.

c) Área de planificación e xestión de actividades: programación, xestión de recursos humanos e económicos, publicidade e información.

d) Área de aire libre: materiais, urbanismo, programación e administración campamental e seguridade e hixiene.

7. As persoas que participen nos cursos da modalidade de animación xuvenil poderán optar a facer prácticas como monitores integrados nas actividades campamentais do programa 16. Para isto coordinarase a Secretaría Xeral para as Relacions coas Comunidades Galegas coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, co fin de programar debidamente a integración nos equipos de monitores da campaña de verán.

Artigo 48º.-Contido das achegas.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo do custo da viaxe dos participantes de Europa e América, de ida de volta, desde os lugares de partida, fixados pola secretaría xeral, ata os aeroportos de Galicia.

O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, no caso dos cursos de carácter instrumental-musical, teatral así como dos de danza tradicional galega, farase cargo de proporciona-las instalacións e da selección e dotación do profesorado.

A Secretaría Xeral para o Deporte, no caso dos cursos de carácter deportivo, farase cargo da achega do profesorado e instalacións necesarias para a súa realización de acordo coa cláusula terceira do convenio asinado.

O resto das achegas necesarias para poñer en funcionamento os cursos poderán ser a cargo da secretaría xeral, sempre tendo en conta os acordos entre as diferentes entidades e organismos colaboradores.

Artigo 49º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a estes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial de Comunidades Galegas, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

2. As entidades solicitantes de prazas para estes cursos, ó faceren a selección, deberán ter en conta os seguintes criterios:

a) Ser galego ou descendente de galego.

b) Ser maior de 18 anos.

c) Ser socio dun centro galego que teña a galeguidade recoñecida ou sexa centro colaborador.

d) Pertencer ó grupo de animación xuvenil, teatral, folclórico ou deportivo desa entidade.

e) Ter participado nos casos de animación xuvenil ou folclore en alomenos dous cursos desenvolvidos ó abeiro dos correspondentes programas da secretaría xeral.

3. Terán preferencia para asistiren ós cursos aquelas persoas que acrediten teren algunha responsabilidade directa, dentro da súa comunidade galega, na dirección de grupos de animación xuvenil, teatro, folclore ou deporte.

4. Por cada centro non poderán participar nos cursos máis de dúas persoas para cada unha das modalidades.

Artigo 50º.-Documentación.

A documentación precisa para solicita-la participación nestes cursos será:

a) Solicitude-proposta do centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 desta orde.

b) Documento acreditativo de que se dan no solicitante as condicións das letras b), c) e d) da alínea 2 do artigo anterior.

Artigo 51º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 52º.-Tramitación e resolución: seguimento.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes-proposta dos cursos.

2. No seu momento, a secretaría xeral comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á secretaría xeral, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección,

podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que coide oportuna.

Programa 8: cursos de formación ocupacional e empresarial.

Artigo 53º.-Obxecto e características.

1. Os cursos de formación ocupacional terán por finalidade mellora-la formación técnico-profesional dos galegos e os seus descendentes, no ámbito dos centros galegos da Galicia do exterior. Promoveranse especialmente modalidades que atendan á difusión dos costumes e tradicións típicas galegas -cociña galega, encaixe de palillos- buscando a súa transmisión nos ámbitos familiares e a capacitación nos correspondentes sectores ocupacionais. Seguirán tendo unha atención especial aqueles cursos que atendan á formación en técnicas informáticas. Estes cursos terán unha duración non superior a cento vinte horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco en cada modalidade.

Estes cursos poderán xestionarse mediante o oportuno acordo entre a Consellería de Familia, Muller e Xuventude e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

2. Os cursos de formación empresarial terán por finalidade mellora-la formación técnico-empresarial dos galegos e os seus descendentes, que igualmente residan na Galicia do exterior. Estes cursos terán unha duración máxima de cincuenta horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco.

Estes cursos poderán xestionarse, se é o caso, mediante o oportuno acordo entre a Consellería de Industria e Comercio e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, coa colaboración das asociacións de empresarios galegos no exterior.

3. As aulas permanentes de formación ocupacional terán por finalidade a formación continuada de carácter técnico profesional dos galegos e os seus descendentes no ámbito dos centro galegos de Galicia do exterior, como naquelas entidades e países que aconsellen realiza-los cursos de formación ocupacional con carácter continuado ó longo do ano.

Artigo 54º.-Modalidade dos cursos.

1. Tanto os cursos de formación ocupacional como os de formación empresarial poderán ser de dúas modalidades:

A) Cursos de acción directa e

B) Cursos subvencionados.

2. Serán cursos de acción directa aqueles que, sendo solicitados polos centros, sexan programados

e executados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. Serán cursos subvencionados aqueles que sexan programados e executados polos centros integramente.

Artigo 55º.-Contido das achegas.

A) Cursos de acción directa.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude faranse cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) O custo do material e envío deste para imparti-lo curso.

c) O custo da compensación económica do profesorado.

2. Os centros faranse cargo de:

a) Con carácter ordinario, os gastos de estadía e manutención do profesorado.

b) Proporciona-las instalacións adecuadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

B) Cursos subvencionados.

Poderán ser subvencionados ata un máximo dun 75% aqueles cursos que se axusten ás normas da presente orde e o seu posterior desenvolvemento e sexan aprobados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

C) Aulas permanentes.

Poderán ser subvencionadas aquelas aulas que se axusten ás normas da presente orde e ó seu posterior desenvolvemento, e sexan aprobadas pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 56º.-Solicitantes.

1. Serán solicitantes dos cursos de formación ocupacional e empresarial e das aulas permanentes os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial de Comunidades Galegas así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

2. Así mesmo poderán ser solicitantes dos cursos de formación empresarial as asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior.

Artigo 57º.-Documentación.

1. A documentación precisa para os cursos de aulas permanentes e de formación ocupacional será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 8 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

2. A documentación precisa para os cursos de formación empresarial será:

a) Solicitude da asociación segundo o modelo do anexo 8 BIS desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

3. No caso dos cursos subvencionados, tanto de formación ocupacional como empresarial, xuntarase á solicitude:

a) Programa das materias que se van impartir.

b) Currículo do profesorado.

c) Horario do curso, indicando lugares e datas de realización deste.

d) Orzamento pormenorizado do curso.

4. No caso das aulas permanentes, relación de programas a impartir o longo do ano, currículo das correspondentes materias, memoria dos medios e materiais dispostos para tal fin, e currículum vitae do profesorado, así como o orzamento.

Artigo 58º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 59º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos cursos.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso, indicando, se é o caso, nome do profesorado, data, lugar e hora de chegada, así como as súas datas de celebración.

Artigo 60º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso a entidade remitiralle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comuni

dades Galegas unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 9: cursos de lingua, literatura, historia e cultura galega.

Artigo 61º.-Obxecto.

1. O programa consiste en promove-la realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteñan viva a súa identidade, así como en difundi-la cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

2. Este programa é o resultado do acordo de colaboración entre a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 62º.-Características.

1. Estes cursos van dirixidos, preferentemente, a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos; se ben poden participar tamén tódolos membros da colectividade galega e os seus descendentes, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

2. Cada curso terá unha duración de 60 horas de teoría e 15 de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes, cun mínimo de dúas horas diarias por grupo.

3. Os cursos serán de dous niveis distintos de coñecementos: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento.

4. Para que o curso poida ser concedido é necesario que conte cun número mínimo de 25 alumnos, dos que polo menos un 60% sexa de orixe galega.

Artigo 63º.-Contido das achegas.

1. A Dirección Xeral de Política Lingüística farase cargo de:

a) O custo das horas de docencia do profesorado.

2. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) O custo da estadía do profesorado no lugar de celebración do curso, ata un máximo de 30 días.

c) O custo do material para o curso.

d) O custo do envío do material.

3. Os centros faranse cargo de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da manutención do profesor durante os 30 días.

Artigo 64º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial de Comunidades Galegas, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 65º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 9 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, idade, número do DNI ou do pasaporte e grao de ascendencia galega, se é o caso.

Artigo 66º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 67º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso indicando nome, data, lugar e hora de chegada do profesor, así como as datas de celebración do curso.

Artigo 68º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso, a entidade remitiralle á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

PLAN DE ACCIÓNS CULTURAIS

Programa 10: concurso público cultural de artigos xornalísticos, redaccións, contos, vídeo, pintura, debuxo, fotografía, e de interpretación de gaiteiros solistas.

Artigo 69º.-Obxecto.

Promove-lo desenvolvemento das actividades culturais nos seus aspectos literarios e plásticos dentro das comunidades galegas da Galicia do exterior, para potenciar e dinamiza-los ditos centros, para que teñan unha vida plena do maior contido posible.

Artigo 70º.-Características.

1. Este concurso poderá ser convocado polos centros de acordo coas súas posibilidades, e a este certame convocado pola secretaría xeral poderanse presenta-los traballos que foran premiados polos centros.

2. A temática dos traballos terá que estar relacionada con Galicia ou coa emigración galega.

Artigo 71º.-Premios.

Os premios de cada unha das modalidades serán os seguintes:

1. Modalidade de artigos xornalísticos, premio «Andoriña»:

a) Primeiro premio: 300.000 ptas.

b) Segundo premio: 150.000 ptas.

c) Terceiro premio: 75.000 ptas.

2. Modalidade de contos, premio «Bolboreta»:

a) Primeiro premio: 200.000 ptas.

b) Segundo premio : 100.000 ptas.

c) Terceiro premio: 50.000 ptas.

3. Modalidade de vídeos, premio «Xanela»:

a) Primeiro premio: 250.000 ptas.

b) Segundo premio : 150.000 ptas.

c) Terceiro premio: 100.000 ptas.

4. Modalidade de pintura, premio «Camelia»:

a) Primeiro premio: 400.000 ptas.

b) Segundo premio : 200.000 ptas.

c) Terceiro premio: 100.000 ptas.

5. Modalidade de debuxo, premio «Mimosa»:

a) Primeiro premio: 300.000 ptas.

b) Segundo premio : 200.000 ptas.

c) Terceiro premio: 100.000 ptas.

6. Modalidade de fotografía, premio «Vagalume»:

a) Primeiro premio: 200.000 ptas.

b) Segundo premio : 100.000 ptas.

c) Terceiro premio: 50.000 ptas.

7.Modalidade de interpretación de gaiteiros solistas, premio «Gaiteiro de Soutelo»:

Esta modalidade faise en colaboración co Ateneo de Ferrol, promotor e organizador do premio «Constantino Bellón». Serán concedidos catro premios distribuídos por áreas da Galicia exterior do seguinte xeito:

América: dúas.

España: unha.

Europa: unha.

Os premios consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso "Constantino Bellón" que convoca anualmente o Ateneo de Ferrol.

8. Modalidade de redacción e contos sobre as experiencias vividas en Galicia polos beneficiarios do Programa 16, «Actividades Campamentais», premio «Pomba». En cada unha destas disciplinas convócanse os seguintes premios:

a) Primeiro premio: 75.000 ptas.

b) Segundo premio: 50.000 ptas.

c) Terceiro premio: 25.000 ptas.

9. Modalidade de traballos de investigación xuvenil «Galeguidade», sobre o tema «os xoves perante o futuro da galeguidade», premiado con 300.000 ptas.

10. Modalidade de reportaxe fotográfica sobre as experiencias vividas en Galicia polos beneficiarios do programa 16 «Actividades Campamentais», premio «Manuel Ferrol»:

a) Primeiro premio: 75.000 ptas.

b) Segundo premio: 50.000 ptas.

c) Terceiro premio: 25.000 ptas.

11. Modalidade «Trofeo Galeguidade» coa organización de competicións e dotacións de premios nas modalidades deportivas xuvenís que se sinalen entre os mellores grupos deportivos da xuvenís de América e Europa, dependendo as súas postas en marcha no presente exercicio da correspondente

dotación orzamentaria e da base organizativa imprescincible por parte dos centros galegos participantes.

Artigo 72º.-Participantes.

1. Poderán participar neste concurso os autores de calquera traballo das modalidades enumeradas no artigo anterior, segundo as idades que figuren nas bases que se publicarán antes de transcorridos dous meses desde a publicación da presente orde.

2. Así mesmo poderán participa-los autores de traballos que fosen premiados nos concursos convocados polos centros galegos, sempre que estean de acordo coas anteditas bases.

3. Na modalidade 8 de redacción, contos e debuxos, premio «Pomba», poderán participar-los beneficiarios do Programa 16, Actividades Campamentais que narren ou describan experiencias vividas no transcurso deste programa.

Artigo 73º.-Documentación.

Cada traballo que se presente ó concurso deberá vir acompañado dunha proposición onde figure:

a) Nome do traballo.

b) Nome e apelidos do autor, enderezo, país e número de teléfono.

c) Valor estimativo da obra, se é o caso.

Artigo 74º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Os autores que non se presentasen ós concursos dos centros enviarán os seus traballos a través dunha sociedade galega do exterior, e excepcionalmente, directamente a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15074 Santiago de Compostela. A Coruña), dentro do prazo que se sinale nas bases.

2. Os centros galegos que teñan convocados concursos poderán envia-los traballos premiados por eles para participar neste certame.

Artigo 75º.-Resolución e decisión.

1. A secretaría xeral publicará, nas datas sinaladas no artigo 72º, as bases da convocatoria para tódalas modalidades, e nomeará un xurado de persoas especialistas nas materias convocadas, no que participará, no caso do concurso de interpretación de gaiteiros solistas, un membro do xurado do premio Constantino Bellón.

2. O xurado, unha vez vistos os traballos, elevará a súa decisión á devandita secretaría xeral, que resolverá o que proceda.

Artigo 76º.-Difusión das obras premiadas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas reservará para si o dereito de repro

duci-las obras premiadas, que quedarán da súa propiedade, para utilizalas en actividades non comerciais.

2. O xeito de participar no concurso presupón a aceptación das normas contidas neste programa e nas bases correspondentes.

Programa 11: axudas para a realización de actividades asociativas e culturais.

Artigo 77º.-Obxecto.

A concesión de axudas dirixidas a subvencionar, total ou parcialmente, as actividades de carácter asociativo e cultural realizadas en favor das comunidades galegas co fin de facer efectivos os dereitos de carácter cultural que lles recoñece a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Artigo 78º.-Características.

Ademais das actividades previstas nos distintos programas do plan de accións culturais, numerados do 10 ó 15, realizadas directamente polas comunidades galegas, poderán ser subvencionadas, entre outras que se axusten á Lei de recoñecemento da galeguidade, as seguintes:

1. Realización de cursos, seminarios, xiras e conferencias non previstos en programas específicos desta convocatoria.

2. Programación e realización de actos conmemorativos de efemérides ou festas de especial significación para a lingua, historia ou cultura de Galicia.

3. Desprazamentos que no exercicio da súa función representativa realicen os membros da comisión delegada do Consello das Comunidades Galegas, dentro do seu ámbito territorial de actuación, sempre que se realicen coa previa autorización por escrito da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e cumprindo as condicións establecidas por ela.

4. A realización de tarefas complementarias de xestión por parte dos centros coordinadores de programas de axudas individuais designados naquelas partes onde se constitúa comisión avaliadora de axudas segundo o previsto na disposición adicional primeira desta orde.

Artigo 79º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras, así como polas institucións e asociacións sen fin de lucro e as persoas físicas que puideran, se é o caso, realizar accións que sirvan para os fins sinalados no artigo 78º da presente orde.

Artigo 80º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se une como anexo 10 á presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren necesarias para unha adecuada valoración da solicitude por parte da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 81º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviaranlle a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 82º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes e, sen prexuízo doutros extremos que se puideran tomar en consideración, ponderará as seguintes circunstancias nas solicitudes de subvención:

-A necesidade e utilidade das accións que se van desenvolver.

-O colectivo de persoas sobre as que poida incidirse.

-A capacidade de xestiona-las actividades para as que se solicita subvención.

Artigo 83º.-Seguimento.

1. A solicitude de subvención supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento das normas e condicións da subvención, no caso de que se conceda.

2. Os beneficiarios das subvencións quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas, que deberá ser aprobada previamente pola citada secretaría xeral para xustifica-las subvencións concedidas.

Artigo 84º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión de axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do

momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos correspondentes ás actividades ou programas xa realizados que se sinalan no punto seguinte.

O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez sexan xustificadas tódalas actividades realizadas con cargo á citada subvención.

b) Para as actuacións previstas no artigo 78º, poderase autorizar excepcionalmente o réxime de pagamentos por xustificar previsto na normativa de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións, dentro do exercicio orzamentario, para proceder ó pagamento delas será a seguinte:

a) Informe detallado das actividades realizadas en execución do programa acompañando á solicitude.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da celebración das citadas actividades subvencionadas e, se é o caso, dos recursos cos que se contou para o seu financiamento ou das axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos, ou privados nacionais ou internacionais.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente.

Programa 12: acción informativa na Galicia exterior.

Artigo 85º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a potencia-la difusión da cultura e realidade de Galicia no exterior a través de información de prensa, revistas de carácter periódico, programas de radio e televisión, etc. que promovan un mellor coñecemento de Galicia no exterior, da nosa realidade científica e cultural, da nosa lingua, literatura, música e folclore, etc. ademais da difusión directa que realicen as propias comunidades galegas mediante puntos permanentes de información creados no seu seo.

Artigo 86º.-Características.

As actuacións específicas que poden ser subvencionadas a través deste programa axustaranse ás seguintes características:

1. A creación e mantemento de oficinas de turismo na Galicia do exterior. A Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo deseñará o modelo e contido das oficinas de turismo na Galicia exterior que se establecerán nas entidades galegas que determine segundo a súa estratexia de promoción exterior. Para estes efectos, estableceranse o convenio ou convenios que se estimen oportunos coa Secretaría para as Relacións coas Comunidades Galegas. Farase especial fincapé na dotación axeitada de medios materiais, e en particular, a súa conexión ás redes telemáticas de información turística.

2. A edición e difusión periódica polas comunidades galegas de revistas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese, e a realización de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega por parte das comunidades galegas ou institucións e asociacións no exterior.

Estas actuacións serán subvencionadas en función da periodicidade, difusión e número de exemplares, calidade e custo dos exemplares publicados, se é o caso.

3. A distribución ás comunidades galegas e ás empresas difusoras nos países onde aquelas estean establecidas, de programas informativos de interese sobre Galicia mediante acordos con organismos ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia.

Os acordos previstos neste último caso poderán realizarse ó longo do correspondente exercicio, en función do número e actualidade dos programas que se van distribuír, contidos de especial dedicación a Galicia e ámbito e medio de difusión.

4. Coa axuda para realiza-la conexión a Internet posibilitando o seu acceso a información universal mediante as denominadas autoestradas de información e ó uso do correo electrónico.

5. Mediante subvencións para a conexión dos centros ás novas canles de acceso ás televisións galega e española, establecéndose para estes efectos as liñas de colaboración correspondentes.

Artigo 87º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia para os casos de distribución de programas a comunidades galegas previstos na alínea 3 do artigo anterior.

Artigo 88º.-Documentación.

Para as actuacións previstas na alínea 2 do artigo 86º a documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se xunta como anexo 11 da presente orde, xuntando

as follas adicionais que se consideren precisas para unha adecuada valoración da axuda atendendo ós criterios sinalados no artigo 86º.

Artigo 89º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 90º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, dictará resolución no prazo de dous meses a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes valorándoas en función dos criterios sinalados no artigo 86º desta orde.

Artigo 91º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poida face-las comprobacións que precise para asegura-lo cumprimento das normas e requisitos fixados na presente orde.

2. Os centros beneficiarios das axudas deberán comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas.

Artigo 92º.-Pagamento e xustificación.

1. Xustificación:

Os centros beneficiarios das axudas deberán presentar dentro do exercicio orzamentario a seguinte documentación:

-Informe detallado que acredite a realización das actuacións informativas subvencionadas, remitíndolle á Secretaría Xeral un exemplar de cada número publicado cando se trate de axudas para edición de revistas e boletíns.

-Relación detallada dos gastos feitos con motivo das citadas actividades.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente.

2. Pagamento:

O sistema de pagamento das subvencións concedidas por este programa será o mesmo que o previsto para as subvencións do programa de actividades asociativas e culturais.

Programa 13: dotacións para bibliotecas.

Artigo 93º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto favorece-la difusión da cultura galega mediante a provisión de material bibliográfico ós centros da Galicia do exterior.

2. As dotacións consistirán en material enviado desde Galicia, para incrementa-lo fondo bibliográfico do centro solicitante.

Artigo 94º.-Contido das dotacións.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá concede-lo material bibliográfico solicitado, facéndose cargo do financiamento do custo deste, que non poderá ter, en ningún caso un valor superior á 100.000 pesetas, e do custo do envío ó centro galego.

Artigo 95º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este tipo de dotacións os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial de Comunidades Galegas, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 96º.-Documentación.

A documentación que se presentará será a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 12.

b) Relación de libros solicitados coa súa correspondente referencia bibliográfica (autor, editorial, etc.) ou indicación das áreas ou temas de interese para o centro.

Artigo 97º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 98º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

3. A secretaría xeral, no seu momento, comunicaralles ós centros a adxudicación da dotación e procederá ó envío de material dela.

Artigo 99º.-Seguimento.

A solicitude dun centro supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 14: cursos de danza, música e confección de traxes tradicionais.

Artigo 100º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto promove-la realización de accións que eleven o nivel artístico dos grupos folclóricos dos centros galegos.

Artigo 101º.-Características.

1. Os cursos versarán sobre danza, música e confección de traxe galego, e irán dirixidos ós centros galegos que teñan grupo folclórico ou que manifesten a súa vontade de crealo.

2. A duración dos cursos será de 15 días e o horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes.

3. Ó comezo do curso realizarase unha sesión informativa de introducción dedicada, exclusivamente, a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

4. Para que poida ser concedido un curso, é necesario que conte cun número mínimo de 10 participantes.

Artigo 102º.-Contido das achegas.

1. A secretaría xeral farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da compensación económica do personal docente.

c) Se é o caso, o custo do material que figura na lista correspondente, debendo quedar confeccionado un traxe de muller e outro de home.

2. Os centros faranse cargo con carácter ordinario, dos gastos da estadía e manutención do profesorado durante os 15 días de duración do curso.

Artigo 103º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial de Comunidades Galegas, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 104º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 13 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

Artigo 105º.-Lugar e prazo de rpesentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviaranlle a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 106º.-Tramitación e resolución.

1. A secretaría xeral notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. No seu momento, a secretaría xeral, unha vez aprobada e feita pública a resolución adxudicatoria dos cursos, comunicará a concesión indicando nome, data, lugar e hora de chegada do profesor así como datas de celebración do curso.

Artigo 107º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso, a entidade a quen se lle concedeu remitiralle a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas unha breve memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 15: cursos extraordinarios.

Artigo 108º.-Obxecto e características.

1. Este curso faise preciso porque estamos vivindo a época do turismo, da comunicación. É necesario orienta-lo viaxeiro ou o residente noutro país cunha serie de datos sobre Galicia, de interese para que estas persoas teñan unha estadía na nosa terra que

poida engadir un novo matiz ós seus coñecementos, o matiz do galego, o matiz da existencia da realidade da etnia galega.

2. Será un curso intensivo, curto e rápido, impartido por áreas xeográficas, apoiándose nas comunidades de galegos máis numerosas.

3. Terá por finalidade formar persoas pertencentes a comunidades galegas para lles proporcionar coñecementos sobre a realidade cultural-turística da Galicia actual, perfeccionando ó mesmo tempo as súas capacidades de comunicación. Os ditos coñecementos conforman, a través das clases recibidas, o adestramento de informadores turísticos de Galicia e do Camiño de Santiago.

4. O curso terá lugar nas instalacións da entidade que, dentro de cada área, designe a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 109º.-Modalidade do curso.

Será un curso de informadores turísticos e do Camiño de Santiago, feito en colaboración coa Secretaría Xeral para o Turismo, impartido por persoal especializado que recollerá aspectos tales como:

-Recursos turísticos de Galicia.

-Trazos diferenciais da oferta turística galega.

-Diversificación de novas ofertas.

-Áreas naturais e itinerarios máis importantes para coñece-la paisaxe e os monumentos artísticos e históricos de Galicia.

-O Camiño de Santiago como legado histórico e as peregrinacións.

Artigo 110º.-Contido das achegas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento e, se é o caso, da estadía dos partipantes que non residan na área metropolitana na que se vai imparti-lo curso.

b) O custo das retribucións do persoal docente.

c) O custo da viaxe do personal docente achegado pola secretaría xeral.

2. Os organismos ou entidades colaboradoras faranse cargo de:

a) O custo do material preciso para a realización do curso.

b) O custo do envío deste material.

c) O custo da viaxe do persoal docente achegado pola entidade.

Artigo 111º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a este curso os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

2. As entidades solicitantes de prazas para este curso, ó faceren a selección, deberán ter en conta os seguintes criterios:

a) Ser maior de idade, procurando que unha maioría dos asistentes sexa menor de 30 anos.

b) Ser socio do centro e ter capacidade de comunicación.

c) Ser persoa que teña algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de turismo ou información sobre Galicia.

3. O número de asistentes ó curso non será menor de 100. A relación de alumnos poderá conformarse a partir das propostas de asistentes presentadas por diferentes entidades galegas da mesma área xeográfica.

Artigo 112º.-Documentación.

A documentación precisa para solicita-la participación neste curso será a solicitude-proposta que faga o centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 14 desta orde.

Artigo 113º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 114º.-Tramitación, resolución e seguimento.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas faga as comprobacións que considere precisas para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á secretaría xeral, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita secretaría xeral, dicta-la resolución que coide oportuna.

PLAN DE ACCIóNS XUVENÍS

Programa 16: actividades campamentais.

Artigo 115º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto a inserción na vida social e cultural do pobo galego dos mozos e mozas, pertencentes ás comunidades galegas da Galicia do exterior, achegándose ás raíces ancestrais do noso pobo, á nosa cultura etnográfica e ó noso medio rural e desenvolvendo ó mesmo tempo actividades recreativas, culturais, turísticas e deportivas.

2. Convócanse 410 prazas en campamentos e albergues xuvenís da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente na modalidade, itinerante «Coñece Galicia». Os seleccionados residirán en cada quenda consecutivamente en tres das seguintes instalacións: Eijo Garay de Lugo, López Cuevillas de Ourense, Altamar de Vigo, Gandarío da Coruña e Monte do Gozo en Santiago. Os participantes integraranse cos demais rapaces e mozos residentes en Galicia, nunha cifra que non superará, aproximadamente, o 10 % do número total dos participantes na quenda.

3. As prazas serán de carácter xeral pero poderán, nun número de 100 ou máis, ter unha subvención do 50 % do custo da viaxe.

4. Este programa é o resultado do acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Familia, Muller e Xuventude e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

5. Este programa poderá realizarse na modalidade de «en colaboración cos concellos» coa finalidade de obte-la inserción na vida social e cultural dos concellos galegos dos rapaces e mozos, fillos ou netos de persoas orixinarias deles, comprendidos nas idades que se establezan e que residan na Galicia exterior. Esta modalidade que será obxecto dunha circular explicativa, será desenvolvida en colaboración entre esta secretaría xeral e os concellos galegos que a suscriban.

6. Sen prexuízo da realización deste programa, tal como consta no correspondente articulado, poderá realizarse unha actividade campamental, que terá a consideración de experiencia piloto, coa denominación de «Campamento Galicia 2000», dotándose do material necesario coa finalidade de organizar unhas xornadas que sirvan de convivencia ente as xuventudes das nosas comunidades podendo servir de base para a celebración de encontros deportivos

entre os equipos dos diferentes lugares en distintas modalidades deportivas.

Artigo 116º.-Contido das achegas.

A secretaría xeral, en colaboración coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, farase cargo de:

a) O custo da parte da viaxe que se estableza, así como o custo do traslado dos participantes de Iberoamérica desde o aeroporto de Santiago de Compostela ata o lugar de celebración da actividade, tendo en conta as especiais circunstancias polas que atravesa esta área da emigración galega.

b) O custo da estadía, manutención e actividades paralelas á quenda solicitada.

Na modalidade de «en colaboración cos concellos», a secretaría xeral en colaboración co concello correspondente farase cargo do custo da parte da viaxe que se estableza, sendo con cargo ó concello a estadía e actividades que se acorden.

Artigo 117º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas prazas as persoas que residindo no exterior cumpran os seguintes requisitos:

a) Seren galegos, fillos ou netos de galego.

b) Teren unha idade entre 14 e 19 anos, contados a 30 de xuño de 1998.

c) Non teren participado en edicións anteriores deste programa.

Artigo 118º.-Documentación.

A documentación será a seguinte:

a) Instancia segundo o modelo do anexo 15.

b) Documentos oficiais acreditativos da orixe galega do beneficiario ou dos seus ascendentes.

c) Fotocopia do documento preciso para unha posible asistencia sanitaria.

d) Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e ser apto para participar, con normalidade, nas actividades recreativas e deportivas.

e) Dúas fotografías tamaño carné.

f) Os participantes menores de idade deberán traer unha autorización para viaxar, asinada polos pais ou titores legais.

g) Os participantes menores de idade de Europa ou Iberoamérica, que desexen quedar coa súa familia ó termina-la actividade, deberán traer unha autorización asinada polos pais ou titores legais.

Artigo 119º.-Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes xuntamente coa documentación correspondente entregarase nos centros galegos ata o 31 de marzo de 1998.

Na modalidade de «en colaboración cos concellos» as solicitudes presentaranse no prazo establecido de acordo co concello e nas entidades galegas que se designen.

Artigo 120º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude indicará as prazas dispoñibles en cada quenda así como os tramos de idade posibles para cada campamento.

2. A secretaría xeral asignará as prazas que corresponderán a cada unha das áreas e dentro da área de Iberoamérica a cada un dos países.

3. Vistas as prazas convocadas, os solicitantes presentarán a súa documentación nos centros galegos ós que pertenzan.

4. Os centros galegos tramitarán as solicitudes remitindo a documentación do xeito seguinte:

a) Os centros galegos de España e Europa directamente á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

b) Os centros galegos de América farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión cás sinaladas no artigo 7º, alíneas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores, os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Galicia de Buenos Aires.

-Centro Gallego de Buenos Aires. Oficina Delegada.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Baía.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana.

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego de La Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

5. A selección dos aspirantes farase en función de:

a) Grao de ascendencia galega.

b) Tempo sen vir a Galicia.

c) Situación económica da familia.

d) Grao de parentesco dos familiares en Galicia.

e) Realidade social da familia e realidade participativa do solicitante no centro.

6. A secretaría xeral adxudicará directamente, atendendo a orde de chegada das documentacións, as prazas de Europa e España.

7. A secretaría xeral comunicaralles ós centros a adxudicación definitiva das prazas.

8. Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos seleccionados deberán asistir ás sesións informativas que se realizarán nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ó coñecemento da realidade galega en xeral, e da actividade campamental en particular.

9. Os beneficiarios deste programa presentarán obrigatoriamente, ó abeiro do programa 10 de concursos públicos na modalidade 8 premio «Pomba», traballos de redaccións e, de forma opcional, de contos ou modalidade de reportaxe fotográfica, premio «Manuel Ferrol», sen prexuízo do que dispoña a normativa en vigor da Dirección Xeral da Xuventude.

10. Na modalidade de «en colaboración con concellos» a tramitación realizarase a través das entidades galegas designadas e a selección dos participantes farase de acordo co contido do punto 5 deste artigo polo correspondente concello galego coa colaboración desta secretaría xeral.

Artigo 121º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións do programa no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 17: cursos de animación xuvenil.

Artigo 122º.-Obxectivos e características.

1. Preténdese con estes cursos formar xoves maiores de 16 anos que poidan dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos. Ó mesmo tempo han ser capaces de realizar actividades socioculturais e recreativas para a xuventude tanto en tempo libre urbano como na natureza.

2. Estes cursos de animación xuvenil terán as seguintes áreas:

a) Área de coñecemento de Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

b) Área de psicosocioloxía e metodoloxía educativa.

c) Área de técnicas e recursos:

-Expresión literaria gráfica.

-Dramatización.

-Introducción ás artes plásticas.

-Xogos e cancións de animación.

-Primeiros auxilios.

d) Área de aire libre e educación ambiental.

3. Para que poida ser obxecto de aprobación un curso, deberase contar cun mínimo de vintecinco participantes.

4. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 123º.-Contido das achegas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da estadía do profesorado, no lugar de celebración do curso, ata un máximo de 14 días.

c) O custo das horas de docencia do profesorado.

d) O custo do material para os cursos.

e) O custo do envío do material.

2. Os centros galegos faranse cargo de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da manutención do profesorado.

Artigo 124º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la celebración destes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial de Comunidades Galegas, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 125º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 16 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

Artigo 126º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 127º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas xustificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión dos cursos tendo en conta:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros.

Artigo 128º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso a entidade remitirá á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coide necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Programa 18: dotación de equipamentos deportivos ós centros.

Artigo 129º.-Obxectivo e características.

1. Este programa ten como obxectivo a provisión do vestiario axeitado para a práctica deportiva ós centros da Galicia do exterior.

2. Poderá ser obxecto de acordo da colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 130º.-Contido das dotacións.

A secretaría xeral poderá concede-lo material deportivo solicitado, facéndose cargo do financiamento do seu custo e do envío ó centro galego solicitante.

Artigo 131º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este tipo de dotacións os centros que teñan recoñecida a galeguidade así como as entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 132º.-Docuemntación.

Solicitude segundo o modelo do anexo 17 debidamente cuberta en tódolos seus apartados.

Artigo 133º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 134º.-Tramitación e resolución.

l. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

Artigo 135º.-Seguimento.

A solicitude de dotación supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

PLAN DE ASISTENCIA ESTRUCTURAL, FUNCIONAL E DE EQUIPAMENTO DE CENTROS

Programa19: axudas para rehabilitación de locais e instalacións dos centros e para promoción de novos proxectos asistenciais.

Artigo 136º.-Obxecto e características.

Ten por obxecto a concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, a rehabilitación de edificios, así como a promoción de novos proxectos de carácter asistencial por parte das comunidades galegas no exterior.

Artigo 137º.-Finalidade das axudas.

1. Prestarlles axuda ás comunidades galegas que posúan patrimonio propio para mantelo de forma decorosa. As axudas dedicaranse á mellora, conservación ou acondicionamento de edificios, locais ou instalacións nas sedes das comunidades galegas para a mellor prestación dos seus servicios asistenciais, culturais, educativos, etc.

2. Prestarlles axuda ás comunidades galegas que teñen patrimonio propio e fagan investimentos para lles proporcionar ós seus socios prestacións socioculturais ou deportivas atractivas para a xuventude.

3. Prestaranlles axuda ás entidades que carezan de patrimonio e non teñan posibilidade de afronta-la adquisición de instalacións propias, pero que necesitan realizar obras imprescindibles de adecuación nos locais que ocupan.

4. Prestarlle axuda á promoción de novos proxectos asistenciais incluíndo a ampliación de centros asistenciais, tales como residencias, centros hospitalarios, etc., que sexan promovidos polas comunidades galegas do exterior, nos seus lugares de asentamento para a atención dos seus asociados galegos.

5. Prestarlles axuda ás comunidades galegas que presten atención específica a terceira idade para acondicionar locais dentro das súas instalacións co obxecto de habilitar fogares diúrnos, entendendo como tal, lugares onde as persoas da terceira idade poidan realizar actividades lúdicas, recreativas e de terapia ocupacional, e con servicio de cafetería e comedor.

Artigo 138º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñen recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

Artigo 139º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 18 da presente orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos que se considere necesario.

b) Proxecto ou memoria complementaria correspondente ás obras previstas e orzamento detallado delas.

Tódalas solicitudes poderán estar acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración.

Artigo 140º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 141º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolucións e comunicarállelas ás entidades solicitantes, en función de:

-Orzamento total que supoña a actuación de rehabilitación ou promoción de novos proxectos.

-Finalidade social da acción e número de supostos beneficiarios.

-Situación xurídica das instalacións, locais ou edificios, onde se vai realiza-lo investimento atendendo ó réxime de utilización polos centros, como propietarios ou arrendatarios.

Artigo 142º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 143º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento.

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión da axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos que se sinalan no punto 2

do presente artigo e que correspondan ás actuacións xa realizadas.

b) O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez sexan xustificadas tódalas actuacións realizadas con cargo á citada subvención.

2. Xustificación.

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente, explicando as obras, melloras ou rehabilitacións de edificios e instalacións realizadas en execución do proxecto presentado coa solicitude da subvención, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo das actuacións subvencionadas que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Programa 20: axudas para mellora-las dotacións e equipamentos dos centros.

Artigo 144º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas a subvenciona-la dotación de mobiliario e equipamentos que contribúan a mellora-las condicións asistenciais, culturais, educativas, etc. das comunidades galegas no exterior, en beneficio dos seus asociados galegos.

Artigo 145º.-Finalidade da axuda.

1. Apoia-las entidades que teñan patrimonio propio e que desenvolvan actividades benéfico-sociais de apoio á poboación de maior idade e menos recursos. Estas axudas destinaranse, fundamentalmente, á adquisición de equipamentos tecnolóxicos de carácter sanitario.

2. Apoia-las comunidades galegas que precisan, necesariamente, dotar de equipamentos e mobiliario as súas sedes para atende-los seus fins propios mediante a realización de actividades educativas, culturais e sociais.

Artigo 146º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñan recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

Artigo 147º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 19 da presente orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos en que se considere necesario.

b) As solicitudes que presenten as comunidades galegas por importe superior a 500.000 ptas. acompañaranse necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se prevé adquiri-los equipos ou mobiliario obxecto de subvención, salvo que se trate de bens de difícil adquisición fóra de Galicia, caso en que a valoración, e, se é o caso, a adquisición e o envío, poderá ser excepcionalmente realizada directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 148º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 149º.-Tramitacióne resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición de mobiliario.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

Artigo 150º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 151º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición do mobiliario ou equipamento subvencionado.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercico orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente que acredite as adquisicións de mobiliario ou equipos, realizadas en execución do previsto na solicitude de subvención facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas, que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben por duplicado, ou ben fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

3. En casos excepcionais debidamente xustificados poderase aplica-lo sistema de pagamento fraccionado previsto no artigo 143º.1 desta orde.

Programa 21: axudas para mellora-los equipamentos dos grupos folclóricos dos centros. Dotación de instrumentos musicais.

Artigo 152º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, e na contía máxima de 300.000 ptas. a adquisición polas comunidades galegas de instrumentos musicais e material necesario para mellora-lo equipamento dos seus grupos folclóricos.

Artigo 153º.-Finalidade da axuda.

A adquisición dos instrumentos musicais habituais nos grupos folclóricos galegos -gaitas, tambores, pandeiretas-, para renova-lo seu equipamento e o material necesario para as actuacións dos grupos.

Artigo 154º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñen recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

Artigo 155º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 20 da presente orde.

Artigo 156º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da

Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 157º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total da adquisición dos instrumentos ou material.

-Número de socios da entidade solicitante e de compoñentes do grupo.

Artigo 158º.-Seguimento.

A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

Artigo 159º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez ralizada polo centro beneficiario a adquisicón do mobiliario ou equipamento subvencionado.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios destas axudas dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente na que se detallen as adquisicións realizadas de instrumentos ou equipos para grupos de folclore obxecto de subvención neste programa, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo da adquisición dos instrumentos musicais e outros equipamentos do grupo, que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Programa 22: axudas para equipamentos de informática e comunicación.

Artigo 160º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas á subvención total ou parcial de equipos tecnolóxicos que contribúan tanto a mellora-las comunicacións desde e cos centros galegos posibilitando un eficiente fluxo

de información, como a axilización da xestión interna dos centros coa dotación de equipos informáticos.

Artigo 161º.-Finalidade das axudas.

Facer realmente efectivos os dereitos de información e comunicación que lles concede ás comunidades galegas a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

1. Mediante o apoio económico na adquisición de fax, completando a rede de mellora de comunicación das comunidades galegas entre estas e con Galicia.

2. Coa axuda para a adquisición de equipos audiovisuais polas comunidades galegas que posibiliten actividades educativas e culturais ós seus asociados galegos. Inclúese especialmente neste apartado a adquisición e instalación nos centros de sistemas de recepción vía satélite, antenas, etc., que permitan a transmisión ós seus asociados dos programas de radio e televisión españois destinados ou abertos ó exterior.

3. Subvencionando a adquisición de equipos informáticos polos centros e entidades galegas coa finalidade de moderniza-la xestión interna deles e permiti-lo acceso ás bases de datos que posibiliten o coñecemento e difusión da realidade da Galicia actual.

Artigo 162º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñen recoñecida a galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

Artigo 163º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 21.

b) As solicitudes por importe superior a 500.000 pesetas acompañaranse necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se lles vaia adquiri-los equipamentos obxecto de subvención.

Artigo 164º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1998.

Artigo 165º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

Artigo 166º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 167º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición dos equipamentos subvencionados.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente na que se detallen as adquisicións de equipamentos de comunicación ou informática, realizados segundo o previsto na solicitude de subvención, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Nos programas nos que o contidoo permita, a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá, mediante resolución, para simplificar e axiliza-la selección dos beneficiarios, nomear unha comisión avaliadora constituída de acordo co disposto no artigo 7º desta orde.

A devandita comisión reunirase naqueles países onde se presentaron un maior número de solicitudes, levantando acta dos seus acordos, que terá valor de proposta de selección.

Segunda.-Se, por calquera motivo, a actividade programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

Terceira.-Facúltase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, para amplia-los prazos sinalados na presente orde mediante resolución.

Cuarta.-Os gastos en bens correntes e servicios que se ocasionen con motivo da realización dos programas 1 ó 18 realizaranse con cargo ó concepto orzamentario 04.03.213-A.226-7 (actuacións derivadas da Lei da galeguidade) do orzamento da Comunidade Autónoma para 1998, e as axudas ou subvencións precisas para a realización dos citados programas concederanse con cargo á partida 04.03.213-A.480.0 (transferencias correntes. Subvencións a familias e institucións sen fin de lucro. Fondos propios.

As subvencións correspondentes ós programas 19 ó 22, destinadas a rehabilitación de locais e dotacións de equipamentos, concederanse con cargo á partida orzamentaria 04.03.213-A.780.0 (transferencias de capital. Subvencións a familias e institucións sen fin de lucro. Rehabilitación de centros galegos no exterior. Fondos propios).

As subvencións destinadas á promoción de novos centros e novos proxectos asistenciais concederanse con cargo á partida orzamentaria 04.03.213-A.781.0 (transferencias de capital. Subvencións a familias e institucións sen fin de lucro. Creación de novos centros e promoción de novos proxectos asistenciais. Fondos propios).

Quinta.-Na tramitación e resolución das axudas correspondentes a un mesmo centro, relativas a programas financiados con cargo ó mesmo capítulo e

concepto orzamentario e sempre que as circunstancias o aconsellen e o importe global das subvencións concedidas con cargo ó devandito capítulo e concepto non exceda de 1.000.000 de ptas., a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá acumular nun único expediente varias ou tódalas solicitudes de axudas de acordo co previsto na lexislación de procedemento administrativo, detallando na resolución, se o considerase preciso, a contía parcial concedida por cada programa.

Sexta.-De conformidade coa Orde do 2 de xuño de 1986 da Consellería de Economía e Facenda, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, non se comunicará resolución de concesión ós beneficiarios ata que resulten aprobados os créditos do programa 213-A (accións en favor das comunidades galegas) que amparen o gasto correspondente. Os citados créditos figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Sétima.-Dada a especificidade dos programas en favor das comunidades galegas, delégase no secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas a concesión das axudas e subvencións e a resolución dos concursos que se convocan pola presente orde. Se no prazo de seis meses desde a data de remate de presentación de solicitudes, non recaese resolución expresa desta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas.

Oitava.-A concesión das subvencións estará sempre condicionada ó límite de crédito previsto na aplicación correspondente.

No proxecto de Lei dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1998, figura un crédito de 604.226.000 ptas. para facer fronte ás actuacións derivadas da presente orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública

319