Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Chan das Pozas, nos concellos de Mos e Ponteareas, por parte de Gravas y Áridos de Xinzo, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Gravas y Áridos de Xinzo, S.A., con domicilio en Atios, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 5 de febreiro de 1996, instancia-solicitude do permiso de investigación Chan das Pozas, de 5 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e granito áridos, que se sitúa nos termos municipais de Mos e Ponteareas da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2719 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 35' 20''42º 12' 40''

Vértice 28º 33' 40''42º 12' 40''

Vértice 38º 33' 40''42º 12' 20''

Vértice 48º 35' 20''42º 12' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 12 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

406