Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Pista Canal, concello de Monforte de Lemos (expediente 8/1997) e da declaración da súa utilidade pública.

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia,

que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.

c) Trazado, datos básicos e localización:

1. L.M.T. aérea a C.T. Pista, 20 kV, orixe no P-5 da L.M.T. circunvalación oeste de Monforte de Lemos e final no C.T. Pista, cunha lonxitude de 0,604 km, conductor LA-56/54,6 mm, apoios 2/H.V. e 3/H.V.H. L.M.T. aérea a C.T. Canal, 20 kV, orixe no P-25 da L.M.T. a C.T. Caneiro e final no C.T. Canal, cunha lonxitude de 0,06 km, conductor

LA-56/54,6 mm, apoios 1/H.V.H. Centro de transformación intemperie de Pista, de 100 kVA, 20.000/380-220 V. Centro de transformación de Canal, de 100 kVA, 20.000/380-220. Liña de baixa tensión aérea en Pista, orixe no C.T. Pista, de 0,03 km de lonxitude, apoios 1/H.V. e conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm. Liña de baixa tensión aérea en Canal, orixe no C.T. Canal, cunha lonxitude de 0,015 km, apoios 1/H.V., conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 53, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados polo urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 40/1994, e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba

o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa de sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, de Lugo), e formular a este as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que falarán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 40/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 5 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: Provincia: Lugo

L.M.T. a C.T. Pista CanalConcello: Monforte de Lemos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2A CruzLabradíoManuel Vázquez RodríguezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 11 9 144

3A CruzLabradíoJosé Varela RodríguezRúa Otero Pedrayo, 13, 27400 Monforte de Lemos 11 14 224

4A CruzPradoRamón Rodríguez GonzálezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 10 160

5A CruzLabradíoPilar Rodríguez CaboAvda. Zamora, 25-1º Esq., 36203 Vigo 6 96

6A CruzLabradíoValeriano Frades LópezRúa Abeledo, 113-2º D, 27400 Monforte de Lemos 11 176

7A CruzPradoAntonio Rodríguez MartínezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 32 512

8A CruzPradoRamón Rodríguez GonzálezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 23 368

9A CruzPradoManuel Rodríguez BoquetePonte dos Picos, 27400 Monforte de Lemos 13 208

10A CruzPradoManuel Martínez LópezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 16 256

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

11A CruzPradoRamón Rodríguez GonzálezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 14 220

12A CruzPradoJosé Rodríguez GonzálezRúa Ourense, 8, 27400 Monforte de Lemos 4 54

13A CruzLabradíoCamilo Leiro FernándezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 20

14A CruzLabradíoFermín Vieites LópezSanta Clara, 102, 27400 Monforte de Lemos 21 10 120

15A CruzMonte baixoPedro Sánchez LosadaRúa Abelardo Banante, 22, 27400 Monforte de Lemos21 16 256

16A CruzPradoHros. Dolores Miragalla MéndezRúa Doutor Casares, 149, 27400 Monforte de Lemos 21 336

17A CruzPradoManuel González RodríguezCampo de Santo Antonio, 3-3º, 27400 Monforte de Lemos 39 624

18A CruzPradoMaría Sánchez VázquezRúa Sarria, 7, 27400 Monforte de Lemos 26 416

19A CruzPradoHros. Luis López RodríguezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 311091.696

20A CruzPradoLuis Vázquez GarcíaRof Codina, 1, 27400 Monforte de Lemos 31 12 144

21A CruzLabradíoLuis Cascallano GonzálezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 22 352

22SambadeMonte baixoAntonio de la Fuente RodríguezRamberde, 27400 Monforte de Lemos 10 120

23SambadePradoModesto Jorge CastroRúa Holanda (Hospitalet), 50-1º 2, 08903 Barcelona4-521551.240

98-324