Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 757

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (301/1997).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de declarativo menor contía nº 301/1997, seguidos neste xulgado por instancia de Mª Elena Muíños Reyes, representada polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, contra José Pereira Pose; emprázase o demandado José Pereira Pose para que no termo de vinte días compareza en autos, en legal forma, con avogado que o defenda, coa prevención de que se non comparece será declarado en rebeldía e recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento ó demandado, José Pereira Pose, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 1998.

A secretaria

Rubricado

304