Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 757

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (221/1996).

En Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1997, eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 22 de novembro de 1997 se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 221/1996, seguido por ameazas, que se denunciaron como producidas o día 1-6-1996 no polígono do Tambre (Santiago de Compostela), e a súa parte dispositiva é a seguinte:

Que debo absolver e absolvo a Andrés Fernández Rial, da falta que se lle imputa, con declaración das custas de oficio.

E así o fago constar e expido a presente cédula para a súa notificación ó denunciante Manuel Rivero Álvarez, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoo de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días ante este xulgado, consonte o disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

287