Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de información pública do estudio de detalle da unidade de execución número 12 das normas subsidiarias de planeamento en Loios-Miño.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día 14 de xaneiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución número 12 da normas subsidiarias de planeamento deste concello, presentado por Río Lapido, S.L. como propietario único e redactado polo arquitecto Peleteiro Bandín, con data de visado do COAG do 24 de xaneiro de 1996, e sométese a información pública durante o prazo dun mes, mediante inclusión de anuncios no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia, conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Isto faise público para xeral coñecemento, e indícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a última publicación.

O expediente atópase á disposición do público na secretaría do concello.

Miño, 16 de xaneiro de 1998.

Deogracias Romeu López

Alcalde

580