Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de información pública do estudio de detalle en Sombreu-Miño.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día 14 de xaneiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle dun terreo en solo urbano consolidado en Sombreu-Miño, presentado por Sancopan, S.L. como propietario único do terreo, e redactado polo arquitecto Castro Vila, con data de visado do COAG do 15 de decembro de 1997, e sométese a información pública durante o prazo dun mes, mediante inclusión de anuncios no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia, conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Isto faise público para xeral coñecemento, e indícase que o prazo de exposición pública se entenderá

aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a última publicación.

O expediente atópase á disposición do público na secretaría do concello.

Miño, 16 de xaneiro de 1998.

Deogracias Romeu López

Alcalde

574