Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/376-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Vidueira-Rúa Victoriano Pérez Vidal.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV, de 138 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 3 da L.M.T. Salceda-Igrexa ata o C.T. que se proxecta no edificio Vidueira, na rúa Victoriano Pérez Vidal, concello de Salceda de Caselas. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

10137