Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º Of. 2, 36201 Vigo.
Denominación: R.B.T. Cabreira-A, 1ª fase.
Situación: concello de Salvaterra.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea, de 1.554,156 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, en Cabreira-A 1ª fase, concello de Salvaterra de Miño.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 24 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
10136