Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 639

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (187/1997-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 187/1997-10, por instancia de Susana de Espeleta Ortiz de Zárate, contra Gonzalo Pérez Santiago, e nas súas actuacións se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En nome de SM El-Rei. En Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1997. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia nº 187/1997, no que actuaron como partes, como denunciante Susana de Espeleta Ortiz de Zárate e, como denunciado, Gonzalo Pérez Santiago.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a Gonzalo Pérez Santiago da falta que se imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se base a impugnación, e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideran infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento no que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non

puido propor en primeira instancia das propostas que lle foron denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias da proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuño literal dos autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Gonzalo Pérez Santiago, expido e asino en Santiago de Compostela o cinco de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

10096