Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 632

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1998 sobre expediente disciplinario ó alumno David Bouzo Fuentes, desta universidade.

Rematadas as sesións da mañá, David Bouzo Fuentes forzou a porta da aula na que se atopaban os códigos de barras dos alumnos que non se presentaran, elixindo os correspondentes a Miguel Ángel Estévez González e presentándose ó exame de literatura galega que tivo lugar ás 16 horas do devandito día 17 de setembro, así como ó de lingua galega ás seis da tarde, momento no que o presidente e secretario da comisión delegada nº 24 descubriron que existía un exame de máis de literatura galega e procederon a comprobar na mesma aula o que estaba a suceder; o alumno David Bouzo Fuentes saíu correndo da aula e foi interceptado polos vocais da comisión. En presencia do presidente da comisión, Alfonso Fontenla Formoso e do secretario Jesús Iglesias Rábade, así como do vicepresidente da CIUG José Peleteiro Salgado, que naquel momento estaba observando o desenvolvemento das probas,

o alumno expuso diversas versións dos feitos, dicindo nun principio que atopara os códigos de barras na rúa para posteriormente afirmar que os collera na mesa da aula, e que facía isto para demostrar que a nota que lle deran en xuño, en galego, era moi baixa e que agora en setembro, sen volver estudiar, obtería mellor nota. Dixo tamén que non coñecía o alumno que suplantara, aínda que máis tarde indicou que o seu alcume era Paro.

Que coa finalidade de esclarece-los devanditos feitos e esixi-las responsabilidades que puidesen derivarse, partindo da presunción de inocencia a que todo cidadán ten dereito, se incoa o presente expediente disciplinario ó abeiro do Decreto do 8 de setembro de 1954 (BOE do 12-10-1954) polo que de conformidade co seu artigo 14 e o artigo 196 dos estatutos desta universidade, este rectorado decidiu dicta-la seguinte,

RESOLUCIÓN:

Primeiro.-Incoar expediente disciplinario ó alumno desta universidade, David Bouzo Fuentes, facultade de humanidades, filoloxía hispánica.

Segundo.-Nomear instructora do expediente a María José Roca Fernández, funcionaria docente, e secretaria deste a Concepción Martínez Martínez, funcionaria PAS.

O interesado dispón dun prazo de oito días, contados desde a publicación desta notificación, para exercitar, se procedese a recusación da instructora e a secretaria, de acordo cos artigos 28 e 29 da Lei 30/1997.

Vigo, 13 de xaneiro de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Unviersidade de Vigo

333