Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 18 de decembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado pola entidade Inmobiliaria La Toja, S.A. para reordenación de volumes na parcela Z-4 do Plan parcial da Illa da Toxa-O Grove.

O que se fai público significando que contra o acordo citado cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

O Grove, 12 de xaneiro de 1998.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde

500