Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: empedrado Pratería-1ª fase. Lugar de execución: O Grove. Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 9.705.360 ptas.

5. Garantías: provisional, 2% do orzamento anterior.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, Pr. do Corgo, 1, 36980 O Grove (Pontevedra), Tfno./fax: 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, das 9 ás 14 horas.

-Documentación: a establecida na cláusula 18 do prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no apartado 6.

-Prazo da obrigación de mante-la oferta: 3 meses.

-Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base 20ª do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 5º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, polo prazo

de oito días hábiles desde a publicación do BOP, aprazándose aquela se se producen reclamacións contra este prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 8 de xaneiro de 1998.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde

451