Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para o outorgamento en réxime de concesión do servicio de cafetería do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 204.2º e 208 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos

das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no Boletín Oficial del Estado Núm. 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio para a licitación do outorgamento, en réxime de concesión, do servicio de cafetería do pazo do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 6/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: outorgamento, en réxime de concesión, do servicio de cafetería do pazo do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de duración: catro anos prorrogable por un máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: será fixado polo concesionario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 ptas.

Definitiva: 200.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG número 11, do 22 de decembro de 1997).

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: (981) 56 16 00.

e) Telefax: (981) 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego, as persoas naturais e xurídicas que, tendo plena capacidade de obrar, se dediquen habitualmente á profesión da hostelería e non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei de contratos das admi

nistracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 26 días naturais seguintes ó da publicación no DOG do anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG 701, do 11 de setembro de 1997).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): admítense nos termos previstos na cláusula IV do prego de prescricións técnicas do servicio.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: día hábil seguinte transcorridos 26 días naturais desde a publicación de licitación no DOG.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións. No BOPG número 701, do 11 de setembro de 1997 e nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 1998.

José María García Leira

Presidente

147