Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1998 pola que se fai público o outorgamento de dúas concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

-Resolución: 10-11-1997.

Obxecto: construcción dun edificio destinado a Centro Socio Cultural do Mar.

Porto: Sada.

Adxudicatario: Concello de Sada.

Prazo: 30 anos.

-Resolución: 9-12-1997.

Obxecto: instalación dunha unidade de subministración de combustible ás embarcacións.

Porto: Portonovo.

Adxudicatario: Salustiano Vidal Cabanillas.

Prazo: 15 anos.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

98-146