Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 568

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Construcciones y Reparaciones Galaico Asturianas, S.A. (Cyrgasa).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Construcciones y Reparaciones Galaico Asturianas, S.A.

(Cyrgasa), (código 2700232), da provincia de Lugo, asinado o día 27 de outubro de 1997, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de novembro de l997.

(Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial

Convenio colectivo da empresa Construcciones y Reparaciones Galaico Asturianas, S.A. (Cyrgasa), para o seu centro de traballo de San Cibrao (Lugo)

Capítulo I

Ámbito e aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo de traballo regula as condicións de traballo entre a empresa Cyrgasa e o seu persoal do centro de traballo de San Cibrao (Lugo).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta este convenio a tódolos traballadores da empresa que prestan os seus servicios na actualidade no centro de traballo de San Cibrao (Lugo), así como ós que ingresen nel durante a súa vixencia, sexa por traslado doutros centros, sexa por contratación directa, con excepción do persoal considerado como fóra de convenio.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio subscríbese por tres anos, con vixencia desde o día 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1999, salvo no disposto no artigo 17 sobre seguro colectivo.

Extinguido o prazo de vixencia, entenderase por denunciado polas partes na forma que establece a lei. O comité de empresa presentaralle a esta un anteproxecto dun novo convenio, antes do día 1 de novembro de 1999 e a negociación del principiará non máis tarde do día 1 de febreiro do ano 2000.

Capítulo II

Cláusulas xenéricas

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas no seu conxunto, en cómputo global.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas, que, a título persoal, puidese posuír calquera traballador afectado por este convenio.

Artigo 6º.-Cláusula de compensación e absorción.

As remuneracións que se establecen neste convenio substitúen e compensan no seu conxunto tódalas retribucións e emolumentos de carácter salarial que viñese percibindo o persoal con anterioridade á súa entrada en vigor, xa fose por virtude do establecido na derrogada ordenanza de traballo siderometalúrxica, disposicións laborais concordantes, convenios colectivos anteriores, regulamentos de réxime interior, pacto individual ou concesión graciable da empresa, sen que en ningún caso o traballador poida sufrir diminución na retribución global que viñese recibindo.

Capítulo III

Xornadas e descansos

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

Para o ano 1997, a duración máxima da xornada ordinaria efectiva de traballo será de 1.792 horas.

Para 1998 e 1999, rexerá a establecida, se fose o caso, no convenio provincial de Lugo, para as industrias de siderometalurxia.

Non obstante, tendo en conta as razóns de orde funcional e organizativa que vinculan a empresa coa principal, considérase como xornada ordinaria a desta, para os traballadores que presten os seus servicios neste centro, asumíndose como propios os horarios e xornada da empresa principal, os excesos dos cales consideraranse como xornada extraordinaria e poderanse compensar con descansos ou mediante a retribución extraordinaria correspondente.

No suposto de que algún traballador non puidese por razóns de mobilidade funcional, ou por outras causas non imputables a este, chegar a realizar a xornada anual ordinaria, non poderá ser obrigado a completa-la dita xornada nin se lle deducirá da súa nómina o importe das horas non traballadas. Pola contra, se algún traballador fose desprazado ou trasladado por necesidades de servicio, e tralos trámites legais previos, a outro centro de traballo no que rexa o xornada de 1.797 horas anuais ou outra superior á establecida como xornada ordinaria no centro de traballo de San Cibrao, estará obrigado a realiza-la dita xornada superior sen incremento ningún da retribución pactada neste convenio e sen prexuízo das restantes garantías establecidas na lei.

Como consecuencia do compromiso adquirido canto á garantía de continuidade dos traballos de carga e

descarga no posto, acórdase establecer tres quendas de traballo, que se iniciarán ás 6, 14 e 22 horas respectivamente só durante os días que sexa preciso realiza-la dita carga ou descarga e así o esixan as condicións desta, para efecto da cal se organizarán os correspondentes equipos de traballo, nos que terán que quedar integrados tódolos traballadores do posto, que rotarán para efectuaren estes servicios e horarios.

Este artigo terá vixencia en anos sucesivos.

Artigo 8º.-Vacacións.

Para o persoal que permanecese en alta na empresa durante todo o ano natural as vacacións serán de vintedous días laborables.

Destes vintedous días laborables, os traballadores adscritos á xornada fraccionada que así o desexen poderán beneficiarse de vinte días laborables consecutivos, podendo toma-los dous restantes en calquera momento, sempre que sexa avisado o mando cunha antelación mínima de 48 horas e que o dito beneficio non afecte o proceso productivo de cada labor.

O persoal de novo ingreso ou incorporado de calquera situación que non reporte vacacións terá dereito a se beneficiar no dito ano dun número de días proporcional ó tempo que se presupoña que leve de servicio o 31 de decembro do mesmo ano. Se, efectuado o cómputo, dese un número fraccionado, arredondarase, en todo caso, por exceso, a prol do traballador.

Como norma xeral, as vacacións aproveitaranse na modalidade convida entre empresa e traballador. Non obstante, antes do día 31 de xaneiro de cada ano a representación da empresa e a dos traballadores elaborarán, conxuntamente, un calendario de vacacións para o ano en curso, establecéndose un período para posibles reclamacións que ha finalizar o 28 de febreiro.

As tandas de vacacións para o persoal adscrito a réximes de traballo a quendas serán de 28 días naturais consecutivos, podendo beneficiarse dos dous restantes en calquera momento, sempre que sexa avisado o mando cunha antelación mínima de corenta e oito horas e que o dito beneficio non afecte a máis dun traballador por quenda dentro de cada servicio ou sección.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias as que excedan da xornada ordinaria de cada traballador, segundo o horario e réxime de xornada asignada ó seu posto de traballo.

A prestación do traballo en horas extraordinarias realizarase de acordo cos preceptos contidos no artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

En consecuencia, a súa execución por parte do traballador, dentro dos límites previstos no apartado 2 do dito texto legal, será voluntaria, agás nos supostos que establece o apartado 3 do mesmo artigo, isto é, cando se trate de prever ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes nos que será obri

gatoria a prestación do traballo en horas extraordinarias sen que se computen dentro do límite máximo de horas autorizadas.

Así mesmo, acórdase que estas horas extraordinarias quedarán suxeitas ás normas do Real decreto 1858/1981.

Para tal efecto, a empresa informará mensualmente os delegados de persoal, non máis tarde dos días 15 de cada mes, do número de horas extraordinarias realizadas por cada traballador e as súas causas.

Artigo 10º.-Descansos compensatorios.

De conformidade co establecido no artigo 40.3º do Real decreto 2001/1983, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, convense expresamente en que as horas extraordinarias que se realicen serán compensadas por tempos de descanso, conforme a regulación que se levará a cabo dentro de cada ciclo de vinteoito días.

Artigo 11º.- Permisos retribuídos.

Considéranse con dereito a retribución os permisos que na súa forma e extensión se citan seguidamente:

1. Falecemento de pais, padrastos, avós, fillos (mesmo políticos), cónxuxes, netos, irmáns e irmáns políticos: tres días laborables ampliables a cinco días en caso de necesidade de desprazamento a outras localidades distantes cen ou máis quilómetros do centro de traballo.

2. Parto da muller: tres días laborables, ampliables a cinco días no mesmo caso de desprazamento.

3. Casamento do traballador: quince días naturais e ininterrompidos.

4. En caso de doenza grave ou intervención cirúrxica que ocasione hospitalización de pais, padrastos, pais políticos, avós, cónxuxes, fillos, irmáns, irmáns políticos: dous días naturais, ampliables a cinco días no mesmo caso de desprazamento.

5. En caso de matrimonio de pais, fillos, irmáns (mesmo políticos): un día natural, ampliable a tres días no mesmo caso de desprazamento.

6. Cambio de domicilio: un día natural.

7. Por renovación do carné de conducir: un día laborable. Para os traballadores que teñan a categoría profesional de conductores na empresa: o tempo necesario.

8. Citación xudicial: o tempo necesario.

9. Outros deberes inescusables de carácter público: o tempo necesario.

10. Eleccións a cargos públicos: o tempo necesario.

11. Citacións da Administración: o tempo necesario.

12. Citacións a quintas: o tempo necesario.

13. Asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social coincidindo o horario de consulta co de traballo, sempre que sexa por prescrición do médico de cabeceira coa excepción daquelas espe

cialidades que non requiran o dito trámite: o tempo necesario.

14. Asistencia a consulta do médico da Seguridade Social ou particulares: un máximo de ata dúas xornadas completas e mínimo de 16 horas/ano.

15. Doazón de sangue: o tempo necesario (mínimo de catro horas e resto segundo prescrición facultativa).

16. Falecemento de tíos carnais: un día laborable.

Artigo 12º.-Licencias non retribuídas.

Os traballadores poderanse beneficiar de ata tres días de licencia ó ano, sen dereito a retribución, ampliables a cinco días en casos excepcionais debidamente xustificados, para resolveren asuntos particulares, tras pedimento previo do oportuno permiso cunha antelación mínima de 48 horas á iniciación da quenda en que pretendan vacar. Estes permisos concederanse sempre que a súa aceptación non implique problemas funcionais para o servicio encomendado.

a) Permisos para exames e privación de liberdade.

Aplicaranse as disposicións vixentes que regulen estas materias

Capítulo IV

Contratación

Artigo 13º.-Formalización dos contratos.

Os contratos de traballo, sexa cal fose a súa modalidade, formalizaranse por escrito e, se así o determina a lei, someteranse ó seu rexistro pola oficina de emprego. Así mesmo, darase conta ó comité de empresa e, se o traballador o solicitase, ó sindicato por el elixido, sempre que este teña sección sindical recoñecida polo propio centro de traballo.

Contratos de formación.

De se realizaren estes contratos, farase conforme o establecido na lei, agás no referente ó salario que será o seguinte:

-Primeiro ano: 75% do salario sinalado en táboas para peón.

-Segundo ano: 83% do salario sinalado en táboas para especialista.

-Terceiro ano: 90% do salario sinalado en táboas para oficial de 3ª.

Artigo 14º.-Período de proba.

O período de proba, que se concertará por escrito, será de dez días de traballo para os peóns e especialistas e de trinta días para os oficiais.

Artigo 15º.-Eventualidade.

Os traballadores contratados con carácter de eventuais ou por tempo determinado, ó remate da vixencia dos seus contratos de traballo pasarán á situación de fixos de obra, sempre e cando existan na empresa traballos da súa especialidade e categoría nos que poidan ser acomodados.

Seguirase igual criterio no suposto de que, aínda non habendo postos vacantes da súa propia categoría, se o houbese doutra categoría inferior e especialidade apropiada ós coñecementos do traballador e sempre que este o solicite e acepte as condicións correspondentes ó novo posto de traballo.

Como consecuencia das conversacións levadas a cabo para a sinatura deste convenio, a empresa comprométese a celebrar novo contrato de duración indefinida polo menos a dous traballadores por cada ano de duración deste convenio que estiveran empregados nela con contrato de duración determinada ou temporal de acordo co R.D.L. 8/1997, do 16 de maio. Para isto teranse en conta principalmente a vinculación á empresa, antigüidade ou outros a xuízo das partes.

Para fixar quen serán os traballadores afectados para o ano 1997, as partes reuniranse para este fin a primeira quincena de outubro en día e hora que se determinará. En anos sucesivos aproveitaranse as reunións que se efectúen para confecciona-las táboas anuais.

Capítulo V

Fondo asistencial

Artigo 16º.-Fondo asistencial.

16.1. Fins.

Constitúese un fondo para fins asistenciais, que terá por obxecto:

a) Cubrir ata o 100% do salario real garantido polo convenio ó persoal en situación de I.T., tanto derivada de doenza común como de accidente non laboral, así como a que teña a súa orixe en accidente laboral ou enfermidade profesional. O dito complemento percibirao o traballador nas seguintes condicións:

a.1. Con carácter xeral a partir do 16º día de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral. Sen prexuízo do anterior, ámbalas partes comprométense a que a través da comisión do fondo se estudien os índices medios de absentismo dos tres últimos anos para, logo da exclusión de determinadas doenzas e accidentes de circulación, fixar un índice de referencia co fin de soste-la dita prestación de enfermidade, índice que deberá fixa-la comisión xestora nun prazo máximo de 6 meses.

Ámbalas partes acordan que se se incrementan os ditos índices non sería posible soste-lo nivel asistencial previsto e, no dito caso, deberíase retornar á prestación a partir do 31º día de baixa.

a.2. A partir do primeiro día, no caso de intervención cirúrxica que requira hospitalización e no suposto de ingreso hospitalario sempre que a permanencia no centro supere os 15 días.

a.3. En todo caso, o complemento extinguirase ó causar alta o traballador ou pasar á situación de invalidez provisional ou á incapacidade permanente en calquera dos seus graos.

b) O dito complemento cubriralle, así mesmo, ata o 100% do importe das pagas extraordinarias, no suposto de ter permanecido de baixa por enfermidade

ou accidente durante todo ou parte do semestre anterior ó pagamento de tales gratificacións. O dito dereito nace desde o primeiro día de baixa.

En todo caso, de causar baixa na empresa antes da finalización do semestre, seralle aboada a parte proporcional no momento da liquidación.

16.2. Beneficiarios.

Serán beneficiarios tódolos traballadores comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio e que se regulen por el.

O traballador que por calquera causa cesase no cadro de persoal da empresa non terá dereito a reclamar do fondo as cantidades por el aportadas.

16.3. Solicitude de axuda.

O traballador que cause baixa por enfermidade ou accidente solicitará da comisión xestora a concesión da axuda que, de acordo coas presentes normas, lle corresponda.

Cando, a xuízo da comisión xestora existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade na situación de baixa, poderá requiri-lo traballador para se someter a un recoñecemento dun médico que designe aquela, sendo a cargo do fondo os gastos orixinados por este recoñecemento.

Para a adopción desta medida será inescusable a opinión unánime ou cando menos maioritaria da comisión xestora.

16.4. Dotación do fondo.

O fondo nutrirase da contribución do 1% da base de cotización á Seguridade Social por parte do traballador, mesmo se se encontra en situación de I.T., que será deducido mensualmente da súa nómina e dunha porcentaxe de igual contía a cargo da empresa, a excepción dos traballadores con contrato de formación, cunha aportación que será a cargo da empresa mentres non se produza un cambio substancial en materia de cotización.

16.5. Da comisión xestora.

A comisión xestora estará formada por catro membros, dous en representación dos traballadores e outros dous en representación da empresa. A representación dos traballadores será nomeada de entre os membros do comité de empresa. Será presidente o que a comisión designe por unanimidade ou, se fose o caso, por maioría, e secretario, un vocal da comisión, que será nomeado de forma trimestral, tendo en conta que a designación recaerá, alternativamente, unha vez entre os representantes dos traballadores e a seguinte entre os da empresa.

A validez dos acordos da comisión xestora requirirá a maioría absoluta dos seus compoñentes.

Será misión da comisión xestora o control e exacto cumprimento desta normativa.

Mensualmente a comisión xestora poñerá en coñecemento dos traballadores, a través dos taboleiros de anuncios, os acordos tomados e o estado das contas.

16.6. Situación do fondo.

O fondo estará situado nunha conta bancaria á disposición da comisión xestora, sendo imprescindible a sinatura mancomunada de dous dos seus membros, un dos designados polos traballadores e outro dos nomeados pola empresa, para a retirada dos fondos.

Os ingresos na conta faranse mensualmente, unha vez aboadas as cantidades acordadas pola comisión xestora. A retirada de fondos farase igualmente de forma mensual, unha vez acordadas as axudas que correspondan pola comisión xestora.

16.7. Importe máximo do fondo.

O importe máximo do fondo, computado mensualmente, unha vez liquidadas tódalas previstas nos fins deste fondo asistencial, non poderá exceder dun millón (1.000.000) de pesetas.

No caso de que durante 3 meses consecutivos se supere o dito límite, a comisión xestora deberá promover unha reducción das contribucións dos próximos meses ata se situar no límite.

O 30 de xuño e o 30 de novembro farase unha revisión das dispoñibilidades do fondo e, se estas non permitisen cubrir as axudas previstas no apartado 16.1 deste capítulo, a comisión xestora establecerá unha contribución extraordinaria, que se satisfará entre empresa e traballadores, a partes iguais, nas pagas extraordinarias de xullo e Nadal, respectivamente.

Do mesmo xeito, no suposto de que se producise algunha situación excepcional derivada de feitos imprevisibles e realmente graves (por exemplo: un accidente colectivo) que fixese insuficiente o saldo do fondo disponible, para aboa-las cantidades pactadas, a comisión xestora solicitará da comisión de vixilancia deste convenio a xestión ante a empresa e ante os traballadores para establecer unha cota extraordinaria, suficiente para facer fronte a tales axudas.

16.8. Cancelación do fondo.

A comisión xestora poderá propoñe-la cancelación do fondo e, se así o aproban empresa e asemblea de traballadores, dispoñer da distribución do activo en axudas de tipo social. A dita medida, en calquera caso, deberá coincidir co termo da vixencia do convenio colectivo. A cancelación do fondo será obrigatoria no suposto de que se producise o peche do centro de traballo.

16.9. Accidentes de traballo.

A cobertura que se establece neste artigo para o persoal en situación de I.T., cando sexa derivada de accidente de traballo, aplicarase desde o primeiro día da baixa e será a cargo exclusivo da empresa.

Capítulo VI

Outras atencións sociais

Artigo 17º.-Seguro colectivo.

Para cubrir na medida do posible as consecuencias derivadas do falecemento ou incapacidade total ou

absoluta do traballador, a consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional establécese un seguro colectivo con cargo á empresa coas seguintes contías:

De 1-1-97

a 30-10-97

De 31-10-97

a 31-12-97

De 1-1-98

a 31-12-98

A partir de

1-1-99 a

31-12-99

Falecemento2.600.0003.000.0003.500.0004.000.000
Invalidez total absoluta3.125.0003.500.0004.250.0005.000.000

Todo derivado como consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Artigo 18º.-Axuda de comida.

Establécese unha axuda de comida, cunha contía que figura nas distintas táboas salariais anexas, que pasará a formar parte dunha bolsa de vacacións e se lles fará efectiva ós traballadores ó comezo do seu período vacacional; o persoal de novo ingreso percibirá a parte proporcional ó tempo traballado. Esta cantidade non será absorbible durante a vixencia deste convenio.

Artigo 19º.-Roupa de traballo e aseo.

O traballador terá dereito a dúas fundas ou traxes de traballo, á elección do traballador por cada ano de servicio prestado e a un terceiro caso de necesidade, así como á entrega de dúas toallas por ano. Ó persoal de novo ingreso faráselle entrega de igual dotación, sempre que a súa contratación sexa superior a seis meses.

A empresa comprométese a manter en todo momento un stock suficiente para facilita-las entregas necesarias, así como a mellora-lo tamaño e calidade das toallas e demais roupa de traballo, se fose necesario.

Corresponderalle ó comité de seguridade e saúde coidar do cumprimento do precedente compromiso.

Non obstante, nos traballados excepcionalmente sucios, como son a brascaxe e os fornos de cocción, o número de pezas para entregar será de 3, no canto de 2, sen prexuízo de que, así mesmo, sexa atendida calquera emerxencia.

Non obstante, e ademais do previsto nos párrafos precedentes, a partir deste ano 1997 farase entrega ós traballadores de dúas camisas. A aqueles que ingresen na empresa a partir de xullo, só se lles entregará dunha. As pezas entregaranse nos meses de xaneiro e xullo de cada ano. Ós de novo ingreso efectuaráselle entrega dunha camisa no momento da súa incorporación a obra; e a segunda ós seis meses de recibi-la primeira.

Cada dous anos, e a partir de xaneiro de 1998, e só ós traballadores expostos no seu posto de traballo a inclemencias meteorolóxicas, entregaráselles un anorac.

Uso da roupa

Os seus usuarios están obrigados a se presentar con ela nos seus postos de traballo. Deberán poñe-la debida dilixencia na súa conservación e limpeza.

Por ser propiedade da empresa só poderá usarse durante ás horas de servicio. Se durante a vida asignada ás pezas cesaran os seus usuarios no servicio da empresa, están obrigados a devolve-las últimas que recibisen. Rematado o período de vida ou cando sexan dadas de baixa, pasarán a ser propiedade dos usuarios

Artigo 20º.-Recoñecemento médico.

Os traballadores deberanse someter a un recoñecemento médico anual, realizado polos servicios médicos que a empresa designe, e terán dereito a un segundo recoñecemento cando existan causas que así o aconsellen.

Capítulo VII

Órganos de representación e participación

Artigo 21º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano máximo de representación colexiada do persoal no centro de traballo.

Os compoñentes do comité de empresa dispoñerán dun crédito de vinte horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas, para o exercicio das súas funcións.

As ditas horas poderán ser computadas bimensualmente en forma global e distribuídas entre os seus membros segundo o seu propio criterio.

Quedan excluídas do conxunto destas horas, as que correspondan a reunións convocadas pola dirección da empresa e as dedicadas á negociación colectiva.

O comité de empresa dispoñerá dun local para o desenvolvemento das súas funcións.

Dispoñerase, así mesmo, dun taboleiro de anuncios.

Os membros do comité de empresa non poderán ser despedidos nin sancionados dentro do período do exercicio das súas funcións, nin nos dous anos seguintes ó seu mandato, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio das súas funcións.

Se a representación dos traballadores o solicita, a empresa adquire o compromiso de celebrar reunións con carácter trimestral onde informará a dita representación do establecido nos artigos 64 e 65 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Seccións sindicais.

A empresa recoñece as seccións sindicais no seu seo e outórgalles ós seus membros as mesmas garantías que ós membros do comité de empresa.

As distintas seccións sindicais poderán:

a) Facer propaganda sindical ou laboral a través do taboleiro de anuncios asignado ó comité de empresa.

b) Cobra-las cotas sindicais dentro do horario de traballo sen interromperen o proceso productivo.

c) En caso de o solicitaren, cobra-las cotas sindicais a través da nómina, coa autorización expresa do interesado.

d) Convocar asembleas fóra do horario de traballo.

e) As seccións sindicais presentes no asinamento deste convenio beneficiaranse dun crédito mensual de corenta horas cada unha para o exercicio das súas actividades. A central sindical presente no asinamento deste convenio é a CIG.

Artigo 23º.-Comité de seguridade e saúde.

Aplicarase o disposto na vixente Lei de prevención. Os seus membros poderán ser elixidos pola asemblea de entre os seus traballadores.

As súas funcións irán encamiñadas a controlar e velar polo cumprimento da lexislación en materia de seguridade e saúde. Se o risco de accidente fose inminente, o comité de seguridade e saúde poderá acordar a paralización das actividades ata que sexa resolto o motivo de perigo.

O comité de seguridade e hixiene reunirase unha vez ó mes, dentro das horas de traballo, sen prexuízo daqueles casos especiais que pola súa gravidade requiran unha reunión extraordinaria.

Artigo 24º.-Dereito de reunión e asemblea.

As asembleas de traballadores que se realicen no centro de traballo rexeranse de conformidade coa normativa vixente, moi especialmente en canto á facultade de convocatoria, presidencia delas, persoas alleas á empresa que teñan que asistir, orde do día dos asuntos que se vaian tratar, comunicación á dirección da empresa, forma de realización, lugar de reunión, votacións e demais dereitos e obrigas.

Cando se trate de asembleas informativas sobre negociación colectiva, deberanse cumprir, ademais dos requisitos expostos, os seguintes:

a) Que se lle comunique ó xefe de obra cunha antelación mínima de 48 horas.

b) Que a súa realización teña lugar fóra das horas de traballo. Neste caso, a empresa aboará, con carácter de ordinarias, ata un máximo de tres horas anuais.

Capítulo VIII

Retribucións

Artigo 25º.-Conceptos retributivos.

A retribución estará integrada polos conceptos retributivos que se indican a seguir e a contía dos cales figura recollida no anexo salarial:

-Salario base

-Plus de asistencia

-Plus convenio

-Plus de traballos tóxicos, penosos e perigosos

-Plus de desprazamento, mobilidade e transporte

-Plus de xefatura de equipo

-Plus de nocturnidade

-Plus de quendas

-Gratificacións extraordinarias

--Horas extraordinarias

-Vacacións

-Axuda de comida

-Primas por gamas de producción

-Axudas de custo

-Antigüidade

Artigo 26º.-Regulación dos distintos conceptos.

26.1. Salario base, vacacións, plus de asistencia, plus convenio, plus de traballos tóxicos, penosos e perigosos, plus de mobilidade e transporte, plus de desprazamento.

Segundo as táboas salariais anexas.

26.2. Nocturnidade.

Terán a consideración de traballos nocturnos os efectuados entre as 22 horas e as 6 horas, respondendo a súa regulación ós seguintes criterios:

a) Traballando no dito período menos de catro horas, cobrarase a bonificación das catro horas traballadas no período nocturno.

b) Se exceden de catro horas as realizadas no dito período, retribuirase a bonificación correspondente a tódalas horas da xornada, estean ou non comprendidas no dito período nocturno.

c) A súa contía figura nas táboas salariais anexas.

26.3. Quendas.

Polo feito de desempeña-lo traballo en réxime de quendas, percibirase un plus por cada día natural de permanencia na dita situación, cuns valores que figuran nas táboas salariais anexas, equivalentes ó 20% do salario base.

Ningún traballador se poderá opoñer a ocupar, en calidade de correquendas, o quenda de traballo que se lle ordene por parte da empresa para substituí-la ausencia do titular, tras aviso previo segundo a práctica do costume.

Se por este motivo chegase un traballador a realiza-la dita función de correquendas durante 115 días ou máis ó ano, cobrará o plus de quenda durante todo o ano.

26.4. Xefatura de equipo.

O persoal que desempeñe a función de xefe de equipo percibirá un plus por cada día traballado nesta situación, cuns valores que figuran nas táboas salariais anexas.

26.5. Plus de desprazamento, mobilidade e transporte.

Co fin de compensa-los traballadores das incomodidades e posibles gastos pola mobilidade a que se

ven sometidos, establécese un plus de desprazamento, mobilidade e transporte na contía que figura nas táboas salariais anexas e que libera a empresa de toda outra prestación por este concepto. Non obstante, a aqueles traballadores que actualmente veñen sendo transportados por conta da empresa e desexen conservar tal beneficio seralles respectado este a título persoal, e entenderase que, no dito suposto, o importe do plus de desprazamento, mobilidade e transporte sufrirá unha deducción de 251 pesetas día para o ano 1997 e a porcentaxe que resulte de acordo co incremento salarial para 1998 e 1999.

26.6. Horas extraordinarias.

O valor de cada hora extraordinaria traballada, segundo a súa distinta clasificación, é o que figura nas táboas salariais anexas.

26.7. Gratificacións extraordinarias.

O número de gratificacións extraordinarias é de dúas:

-Gratificación do 25 de xullo.

-Gratificación do Nadal.

Cada unha destas pagas terá o valor que figura nas táboas salariais anexas, e aboaranse, como máximo, o día anterior ó 16 de xullo e 20 de decembro, respectivamente.

Estas gratificacións serán aboadas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se retribúan.

26.8. Primas por gamas de producción.

26.8.1. Prima de carga e descarga.

Establécese unha prima en función da tonelaxe de carga e descarga de buques, da seguinte contía:

Do 1-1-1997

ó 31-12-1997

-Por cada 1.000 Tm de carga de aluminio e ánodos:1.345 ptas

-Por cada 1.000 Tm de descarga de bauxita:133 ptas.

-Por cada 1.000 Tm de descarga de coque:2.429 ptas.

Para os anos 98 e 99 as pesetas variarán de acordo có incremento correspondente.

Estas cantidades seranlles aboadas ós traballadores actualmente asignados ó cadro de persoal dos servicios do porto e que ascenden a 31, na forma que a seguir se expresa:

-Pártese dunha previsión anual de carga e descarga para os anos 1997, 1998 e 1999 de 110.000 Tm de carga de aluminio e ánodos, 1.200.000 Tm de descarga de bauxita e 75.000 Tm de descarga de coque.

-Estas previsións, distribuídas entre os 31 traballadores do cadro, dan unha prima a contía da cal aparece nas táboas salariais anexas, suposta unha plena presencia, e que percibirán tódolos meses de traballo, agás o de vacacións.

-As faltas de asistencia nos días de carga e descarga, sexa cal fose o motivo da ausencia, levará consigo a deducción da parte proporcional correspondente, que se estima nun onceavo da prima mensual por cada día de traballo de carga e descarga.

-A prima mensual por carga e descarga que se fixa nas táboas salariais enténdese como unha garantía provisional da que realmente corresponde pola tonelaxe efectiva que se realice durante o ano, se ben se fará un seguimento semestral de resultados.

-No suposto de que a tonelaxe efectivamente cargada ou descargada fose inferior á prevista, a empresa tomará ó seu cargo, isto é, sen desconto ningún a cargo dos traballadores, a diferencia ata un 20% e unicamente lles deducirá ós traballadores nas primas do semestre seguinte o que exceda do dito 20%, sen prexuízo da liquidación final que ó remate do ano corresponda. Se a tonelaxe fora superior á prevista, a diferencia resultante por aplicación da tarifa pactada aboarase ós traballadores.

-O conxunto das prestacións que se regulan anteriormente implican o compromiso dos traballadores de garantiren a carga e descarga de barcos sen solución de continuidade, para o efecto do cal:

a) Quedarán distribuídos en tres quendas de traballo, cando as necesidades da carga e descarga así o requiran, rotándose estes equipos na súa participación nas tres quendas citadas.

b) Os traballadores que laboren na quenda de noite beneficiaranse de descanso o día de saída, coincidindo co remate da carga e descarga.

c) Para a distribución final da diferencia resultante, por aplicación da tarifa pactada a que se fai relación en puntos anteriores, reuniranse empresa e comité.

26.8.2. Brascaxe.

Os traballadores que presten servicios en brascaxe percibirán as seguintes primas dentro da súa gama de producción.

-Por facer unha xunta pequena percibirán a retribución correspondente a unha xornada ordinaria, sexa cal fose o tempo empregado. O equipo que realice esta actividade estará formado por 5 persoas que tamén atenderán a fragua.

-Por facer unha xunta grande: o equipo para unha xunta grande formarano 5 persoas que atenderán tamén a fragua. O tempo para realizar unha xunta grande fixarase en 16 horas ou o equivalente a duas xornadas ordinarias. Estímase que en cada xornada se debe facer media xunta. Se se emprega menos tempo aboaráselle-la retribución correspondente a unha xornada ordinaria, sexa cal fose o tempo empregado máis unha prima por xunta; cunha contía que figura nas táboas salariais anexas. Se por circunstancias non imputables ó traballador non se rematara a tarefa diaria no tempo sinalado, os traballadores comprométense a permaneceren nese traballo ata a súa terminación, dado os prexuízos que traería deixar inacabado o traballo sinalado cada xornada.

Os traballadores afectos a esta instalación, suposta unha plena presencia e unha producción media de dez cubas por mes, percibirán unha prima mínima, a contía da cal figura nas táboas salariais anexas.

26.8.3. Carreteiros.

Os carreteiros, independentemente das primas que lles correspondan por participaren na carga e descarga no porto, percibirán un complemento condicionado a te-la máquina en perfecto estado de conservación en todo momento, a contía do cal figura nas táboas salariais anexas.

26.8.4. Operadores de guindastre.

Participarán na proporción que lles corresponda na prima de carga e descarga no porto.

26.8.5. Fornos de cocción de ánodos.

Os traballadores que presten os seus servicios en fornos de cocción de ánodos, suposta unha plena presencia e un rendemento correcto, percibirán unha prima, a contía da cal se establece nas táboas salariais anexas.

26.9. Antigüidade.

Os traballadores comprendidos neste convenio percibirán aumentos periódicos por anos de servicio consistentes no aboamento de trienios na contía do 4% do salario base correspondente á categoría na que estean clasificados, cuns valores que figuran nas táboas salariais anexas e que se percibirán nos once meses de presencia efectiva no traballo.

26.10. Axudas de custo.

As axudas de custo, para a regulación das cales se aplicará conforme o disposto na derrogada ordenanza siderometalúrxica, aboaranse na contía que se amosa nas táboas salariais anexas.

De acordo coa dita ordenanza, deséxase facer fincapé en que, se por circunstancias especiais os gastos orixinados polo desprazamento excedan o importe das axudas de custo, o exceso deberao aboa-la empresa, tras coñecemento previo desta e posterior xustificación polos traballadores.

Artigo 27º.-Mobilidade funcional e traballos de categoría superior.

En caso de necesidade, sexa por falta de traballo na propia instalación, sexa por calquera outra emerxencia, os traballadores estarán obrigados a prestar servicios en calquera outra instalación ou traballo que lles sexa encomendado polos seus mandos, sen outras limitacións que as sinaladas no artigo 39 do Estatuto dos traballadores e sen prexuízo do respecto dos seus dereitos profesionais e económicos que se establecen no citado texto legal.

Se o exercicio de tales traballos supuxese a realización de funcións de categoría superior, pero non procedese legal ou convencionalmente o ascenso á dita categoría, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Cando a realización de tales funcións superiores fose por un período superior a catro meses consecutivos nun ano, outorgaráselle a dita categoría superior.

27.1. Ascensos.

De conformidade cos acordos alcanzados durante a negociación do anterior convenio, créase unha comisión paritaria para actuar en todo o referente a ascensos.

Estará formada polos mesmos representantes que figuran na comisión de interpretación e vixilancia do convenio. Será paritaria para efectos de votación e as decisións tomaranse por maioría simple. De acordo coa acta de 5-8-1996 que se incorpora a este convenio, o réxime de ascensos aprobado na mencionada acta é o que se insire a continuación:

Os ascensos suxeitaranse o seguinte réxime:

-Réxime de ascensos.

1. Convocadas as prazas para cubrir en cada categoría, de cada tres; unha proverase por antigüidade, agás que se acredite a carencia de aptitude no traballador e as outras dúas por concurso e probas de aptitude.

2. O ascenso dos traballadores a postos de traballo que impliquen mando ou confianza será de libre designación da empresa.

3. Para ascender a unha categoría profesional superior, estableceranse sistemas de carácter obxectivo, tomando como referencia as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado traballos de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, que serán adecuadas ó posto que se vai desempeñar.

f) A permanencia na categoría profesional.

g) En idénticas condicións de idoneidade, adxudicarase o ascenso ó máis antigo.

Os representantes legais dos traballadores controlarán a aplicación correcta do anteriormente sinalado.

Artigo 28º.-Días de pagamento e anticipos.

A liquidación de cada mensualidade farase efectiva o día 14 de cada mes ou o anterior hábil se aquel coincidise con domingo ou festivo.

Para cobrar enténdese que o traballador non poderá abandona-lo posto de traballo, polo que a empresa fará efectivos os salarios correspondentes mediante transferencia bancaria domiciliada. Esta comprométese a que o listado de transferencias estea en poder do banco co que traballa, cando menos, un día antes da data de pagamento.

Non obstante, o persoal terá dereito a percibir, se o solicita, un anticipo mensual que non poderá exceder do 90% dos salarios retribuídos. O pagamento farase efectivo o día 28 de cada mes, ou o anterior día hábil, se aquel coincidise con domingo ou día festivo, efectuándose o aboamento como na actualidade.

Artigo 29º.-Préstamos.

Créase un fondo de préstamos sen xuros de dous millóns de pesetas, á disposición dos traballadores.

A regulación deste está concretada no regulamento específico, aprobado no seu día pola comisión mixta e que se incorpora como anexo a este convenio.

Artigo 30º.-Incremento salarial.

Durante o ano 1997 as retribucións salariais son as que figuran nas táboas anexas.

-Cláusula de revisión salarial.

En caso de que o IPC real estatal rexistrase o 31-12-1997 un incremento superior ó 2,6% respecto á cifra que resultare do dito IPC o 31-12-1996, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia e con efectos do 1 de xaneiro de 1997.

Se procedese revisión, a diferencia farase efectiva coa nómina do mes en que se coñeza oficialmente.

-Incremento para 1998

As táboas de 1997, coa súa revisión se procedese; veranse incrementadas co IPC real estatal do ano 1998 máis 0,5 puntos.

-Incremento para 1999.

As táboas de 1998 veranse incrementadas co IPC real estatal do ano 1999 máis 0,5 puntos.

Non obstante o anterior, e dado que o incremento para 1998 se coñecerá oficialmente en xaneiro de 1999; e o do ano 1999 en xaneiro do 2000; as parte fixaran en xaneiro de 1998 e en xaneiro de 1999 o incremento dunha porcentaxe a conta, conforme o IPC previsto para ese ano.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión de interpretación e vixilancia.

Co fin de velar polo cumprimento do convenio nos termos pactados e dirimir cantas cuestións suscite a súa aplicación, créase a presente comisión paritaria, composta por:

-Representación da empresa:

José Ángel Corral Leciñana

José Luis García Alonso

Antonio Iñigo Bartolomé

-Representación dos traballadores:

José Ramón Fernández Rodríguez

José Ramón Rodríguez Chao

Pedro Vizoso Blanco

A comisión será paritaria para efectos de votación e as decisións tomaranse por maioría simple. As posi

bles discrepancias serán sometidas á autoridade competente.

Segunda.-Normativa complementaria.

Para o non previsto neste convenio, aplicarase o disposto na derrogada ordenanza de traballo para a actividade de limpeza de edificios e locais, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Especialistas de carga e descarga no porto.

Creada a categoría profesional de especialista de carga e descarga no porto, as súas funcións serán as seguintes: as mesmas que veñen realizando na actualidade relacionadas coa carga e descarga de buques, así como as demais atencións portuarias, pasando en ausencia desta actividade a ocupárense das propias de peón que lles encomendase a dirección da empresa.

Cuarta.-Acordo de formación continua.

Durante a vixencia deste convenio, as representacións asinantes del establecerán un calendario de reunións co fin de regularen un sistema de formación profesional continua que afectará a tódolos traballadores encadrados no seu ámbito de aplicación e que permita mellora-los seus coñecementos profesionais e a capacidade productiva dos seus métodos de traballo.

Acta complementaria ó convenio colectivo para 1997, 1998 e 1999 da empresa Construcciones y reparaciones Galaico Asturianas, S.A. (Cyrgasa), para o seu centro de traballo de San Cibrao

-Asistentes.

-Polos traballadores:

José Ramón Fernández Rodríguez.

José Ramón Rodríguez Chao.

Pedro Vizoso Blanco.

Héctor Rodríguez Ben.

Eduardo Cora Insua.

-Pola empresa:

José Ángel Corral Leciñana.

Luis Ángel Fernández Lozano.

En San Cibrao (Lugo), e na data que consta na acta de outorgamento, reúnense os arriba relacionados, que integran a comisión deliberadora do convenio colectivo da empresa Construcciones y reparaciones Galaico Asturianas, S.A. (Cyrgasa), co fin de concretaren e puntualizaren determinados aspectos que se derivan da posta en aplicación do convenio colectivo e recolleren outros acordos complementarios do seu texto articulado.

1. Persoal a quendas.

Tendo en conta as especiais circunstancias que concorren neste persoal, razóns de organización aconsellan como sistema menos perturbador no aspecto funcional que continúen gardando o mesmo sistema de substitucións e de descansos cíclicos que veñen observando, establecéndose un programa complementario de descansos acumulados, o calendario do cal

se concretará mediante posterior acordo entre comité e empresa, de conformidade coas posibilidades funcionais de cada instalación. O desfrute deste período complementario será obrigatorio.

2. Mensualización da nómina.

As retribucións que, para cada categoría, figuran nas táboas salariais anexas ó convenio colectivo -salario anual- corresponden á xornada pactada no artigo 7º, en cómputo anual, suposta unha plena presencia.

Non obstante, por acordo das partes e malia a irregularidade na distribución da xornada, co fin de manter unha certa uniformidade nas percepcións mensuais dos traballadores, excepción feita do mes de vacacións, as ditas retribucións aboaranse en once mensualidades cun importe mensual e diario, suposta unha plena presencia, que aparece indicado na segunda e terceira columna das citadas táboas salariais.

3. Axuda de economato.

Conforme o pactado en anteriores negociacións, quedou eliminada a chamada axuda de economato, o importe da cal quedou integrado nas pagas extras de xullo e Nadal, entendéndose, non obstante, que na dita integración non se desvirtúa a natureza e finalidade da axuda nos convenios anteriores.

4. Información sobre tonelaxe de carga/descarga.

A empresa informará mensualmente ós delegados de persoal da tonelaxe de carga-descarga de barcos, para os efectos de coñece-las posibles desviacións entre as previsións estimadas e os resultados reais.

5. Garantía persoal transporte.

Con respecto á garantía persoal que se cita no apartado 26º.5 do texto articulado, aclárase que as únicas persoas afectadas pola dita garantía son aquelas que, permanecendo actualmente en activo, figuren relacionadas na acta que sobre este tema se outorgou o pasado 1981.

6. Xantares ou ceas.

A aqueles traballadores ós que, por falta de substitución ou por calquera outra emerxencia imprevista, lles sexa obrigado dobra-la xornada, solicitaráselles o xantar ou cea se non poden abandona-lo seu centro de traballo.

Aboaráselle-lo importe a prezo menú do día se se lles pode autorizar a saída para efectuaren a cea ou xantar fóra do centro de traballo, pero non no seu domicilio, logo da entrega da factura correspondente.

7. Comisión de estudio.

Acórdase constituír unha comisión paritaria entre membros do comité e da empresa, coa misión de estudia-las condicións de traballo daqueles postos ou tarefas en que, polas súas especiais características de dificultade ou risco, fagan conveniente, a xuízo de ámbalas partes, o establecemento dalgún tipo de prima ou incentivo, con vistas á súa consideración nun próximo convenio.

8. Plus convenio.

De acordo co pactado nas negociación que deron como resultado o presente convenio, créase un novo concepto retributivo que aparece nas táboas como plus convenio.

Durante a vixencia deste convenio pasarán a este plus 25.000 pesetas cada ano, que se detraerán do plus de distancia, mobilidade e transporte.

E en proba de conformidade con canto antecede, asínase esta acta no lugar e data indicados no encabezamento.

Regulamento do artigo 29º. Préstamos.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito á percepción de préstamos de conformidade coa normativa seguinte:

a) A súa contía por traballador será como máximo o equivalente a 3 meses do seu salario base.

b) A devolución efectuarase en 12 fraccións iguais, coincidentes coas mensualidades dos 12 meses naturais seguintes á súa percepción.

c) O vencemento da débeda, en caso de remate da relación laboral, producirase de forma automática e na totalidade da contía do pendente no mesmo momento de se producir aquela.

d) Os préstamos previstos neste apartado terán un límite máximo de diñeiro en circulación para o conxunto dos traballadores afectados no convenio de 2.000.000 de pesetas.

e) Mensualmente a comisión paritaria facilitaralle ó conxunto dos traballadores información relativa ó estado de amortizacións e novas peticións.

O regulamento de concesión dos anticipos é o que se detalla no anexo seguinte:

Regulamento dos préstamos a que se refire o convenio colectivo para 1997-1998-1999 no seu artigo 29º.

Obxecto e ámbito de aplicación.

Artigo 1º

O obxecto e ámbito de aplicación deste regulamento consiste na regulación dos préstamos establecidos no artigo 29º do convenio colectivo e que esta empresa lle outorga ó seu persoal fixo de obra.

Solicitude, forma e motivos.

Artigo 2º

A solicitude de petición deberase dirixir á comisión paritaria (empresa/comité de empresa). Esta comisión formarana as mesmas persoas que a do fondo asistencial, e farase constar na dita solicitude o seguinte:

a) Identidade do solicitante.

b) Circunstancias dos familiares que permanentemente convivan con el.

c) Circunstancias persoais referidas á petición.

d) Outros datos que o peticionario considere de interese para identificar e xustifica-lo obxecto que se vai adquirir ou gasto que se vai realizar, facturas, orzamentos, etc., que fundamenten a petición do préstamo.

Requisitos e preferencias para a súa concesión.

Artigo 3º

No referente á regulación do artigo 29º do mencionado convenio, os traballadores, ante unha necesidade debidamente xustificada, poderán solicitar un préstamo cunha contía que non poderá exceder de tres mensualidades do seu salario base.

Os requisitos e preferencias serán os seguintes:

a) A quen nunca lle fose outorgado outro préstamo.

b) Existencia dalgunha enfermidade, ben no traballador, ben nalgún membro da familia que habitualmente conviva con el e orixine gasto extraordinario.

c) Reparacións necesarias para a normal conservación e utilización da vivenda habitual.

d) Reformas importantes na vivenda, por aumento de familiares, a cargo do empregado. Adquisición de pertenzas para ela.

e) Axuda económica necesaria para levar a cabo a titulación oficial da vivenda habitual mediante escritura pública.

f) Persoal solteiro que vaia contraer matrimonio nun prazo máximo non superior a 3 meses, contados a partir da data de petición.

g) Por bautizo, comuñón ou casamento dun fillo.

h) Traballadores con aumento de familiares ó seu cargo.

i) Traballadores con menor poder adquisitivo.

j) Traballadores que realicen o segundo ou sucesivos equipamentos da súa vivenda e que non teñan pendente de reintegro ningún préstamo coa empresa.

k) Ser desaloxado da vivenda habitual que ocupa por algunha causa allea á propia vontade e ter que axeitar as pertenzas a ela.

l) Outras circunstancias imprevistas que, a criterio da comisión paritaria, lle causen dificultades económicas importantes ó traballador.

Fondo, contía do crédito e amortizacións.

Artigo 4º

De conformidade co artigo 29º do convenio colectivo, establécese un fondo de 2.000.000 de pesetas. Igualmente, o importe máximo do préstamo que se conceda será o equivalente a 3 mensualidades do seu salario base que figura na táboa salarial do citado convenio.

Artigo 5º

De acordo co citado artigo, o prazo máximo de amortización será de 12 pagamentos consecutivos, dentro de 1 ano, contado a partir do mes seguinte ó da data da súa concesión, non percibindo interese ningún.

Artigo 6º

Así mesmo, respecto a este préstamo, indícase que non se poderá solicitar novamente ata non ter liquidado na súa totalidade o anterior.

Obrigas do traballador.

Artigo 7º

O traballador deberalle entregar á comisión paritaria unha copia do documento que xustifique o gasto que se vaia realizar.

Artigo 8º

O traballador deberá destinar, única e exclusivamente, o préstamo para o uso ó que este lle foi autorizado.

Artigo 9º

A comisión paritaria obrigará a amortizar anticipadamente o préstamo nos seguintes casos:

a) Por falsidade dalgún dos datos solicitados.

b) Que exista manifesto incumprimento das normas establecidas no regulamento.

c) Por extinción da relación laboral coa empresa.

Táboa salarial da empresa Cyrgasa ano 1997

Categoría Oficial 1ª

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base1.018.09592.5543.085
Plus asistencia155.99214.181675
Antigüidade40.7243.702123
Tóxico. Penoso. Perig.93.0833.462403
Despr. Móbil. e Tte.337.23330.6581.460
Plus convenio25.0002.273108
Vacacións160.692
Extra xullo145.413
Extra Nadal145.413
Plus quendas617
Plus nocturnidade617
Plus xefe equipo169.54316.413734
Gamas Producc.106.4239.675
Prima Carreteiros81.3187.392

Xunta grande (UD)1.233

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Hora extra (UD)1.210
Hora festiva (UD)1.441

Axudas de custo:-Media: 2.242.-Completa: 4.200.-Axuda comida: 44.525.

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e quendas e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cyrgasa ano 1997

Categoría oficial 2ª

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base989.60389.9642.999
Plus asistencia148.56213.506643
Antigüidade39.5843.599120
Tóxico. Penoso. Perig.89.3408.122387
Despr. Móbil. e Tte.290.59726.4181.258
Plus convenio25.0002.273108
Vacacións151.075
Extra xullo135.797
Extra Nadal135.797
Plus quendas600
Plus nocturnidade600
Plus xefe equipo164.97214.997714
Gamas Producc.106.4239.675
Prima Carreteiro81.3187.392
Xunta grande (UD)1.233
Hora extra (UD)1.083
Hora festiva (UD)1.338

Axudas de custo:-Media: 2.242.-Completa: 4.200.-Axuda comida: 44.525.

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e quendas e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cyrgasa ano 1997

Categoría Oficial 3ª

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base947.99386.1812.873
Plus asistencia148.90913.537645
Antigüidade37.9203.447115
Tóxico. Penoso. Perig.81.9037.446355
Despr. Móbil. e Tte.285.80825.9831.237
Plus convenio25.0002.273108
Vacacións147.935
Extra xullo132.655
Extra Nadal132.655
Plus quendas575
Plus nocturnidade575
Plus xefe equipo157.54214.322682
Gamas Producc.106.4239.675
Prima Carreteiro81.3187.392
Xunta grande (UD)1.233
Hora extra (UD)970
Hora festiva (UD)1.244

Axudas de custo:-Media: 2.242.-Completa: 4.200.-Axuda comida: 44.525.

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e quendas e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cyrgasa ano 1997

Categoría especialista

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base947.99386.1812.873
Plus asistencia128.98211.726558
Antigüidade37.9203.447115

Tóxico. Penoso. Perig.82.9747.543359

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Despr. Móbil. e Tte.214.31219.483928
Plus convenio25.0002.273108
Vacacións151.646
Extra xullo136.366
Extra Nadal136.366
Plus quendas575
Plus nocturnidade575
Plus xefe equipo157.54214.322682
Gamas Producc.106.4239.675
Prima Carreteiro81.3187.392
Xunta grande (UD)1.233
Hora extra (UD)842
Hora festiva (UD)1.136

Axudas de custo:-Media: 2.242.-Completa: 4.200.-Axuda comida: 44.525.

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e quendas e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

Táboa salarial da empresa Cyrgasa ano 1997

Categoría Peón

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Salario base318.44974.4042.480
Plus asistencia93.7468.522406
Antigüidade32.7382.97699
Tóxico. Penoso. Perig.66.4416.040288
Despr. Móbil. e Tte.245.38722.3081.062
Plus convenio25.0002.273108
Vacacións127.660
Extra xullo112.383
Extra Nadal112.383
Plus quendas496

Plus nocturnidade496

ConceptosSalario

anual

Salario

mensual

Salario

diario

Plus xefe equipo136.26012.387590
Gamas Producc.106.4239.675
Prima Carreteiro81.3187.392
Xunta grande (UD)1.233
Hora extra (UD)710
Hora festiva (UD)963

Axudas de custo:-Media: 2.242.-Completa: 4.200.-Axuda comida: 44.525.

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario é o resultado de dividir por 30 o salario mensual polo que se refire ós conceptos salario base, antigüidade e quendas e por 21 o resto dos conceptos retributivos de carácter mensual.

294