Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 552

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 473/1997, do 28 de novembro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia do día 29 de decembro de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

No parágrafo 4, liña 1, da exposición de motivos, onde di: «Tendo en conta que a lexislaicón específica», debe dicir: «Tendo en conta que a lexislación específica...» e no mesmo parágrafo liña 18, onde di: «...na interpretación das normas xurídicas cada o seu...», debe dicir: «... na interpretación das normas xurídicas cara ó seu...».

Na páxina 12.478, no título preliminar, artigo 2º. 2 onde di: «... e os seus fillos os mesmos dereitos cás galegos residentes,...», debe dicir: «e os seus fillos os mesmos dereitos cós galegos residentes,...».

Na páxina 12.482, título primeiro, capítulo IV artigo 33º 3 onde di: «... pola lexislación vixente que lle sexa de aplicación por estes estatutos...», debe dicir: «... pola lexislación vixente que lle sexa de aplicación, por estes estatutos...».

Na páxina 12.484, título segundo, capítulo II, artigo 41º 5, liña 6, onde di: «...serán reguladas pola Xunta de Goberno.», debe dicir: «... serán regulados pola Xunta de Goberno.».

Na mesma páxina, artigo 43º 2, onde di: «corresponderalles a profesores que reunan o número...», debe dicir: «...corresponderalle a profesores que reúnan o número...».

Na páxina 12.485, capítulo III, artigo 46º 3. b), onde di: «...das titulacións que se prevexa.», debe dicir: «... das titulacións que se prevexan.».

Na mesma páxina, capítulo IV, onde di: «Artigo 50.1», debe dicir: «Artigo 50º ».

Na páxina 12.486, capítulo VI, artigo 55º, onde di: «...así como profesionais con coñecementos relacionados con ela.», debe dicir: «...así como profesionais con coñecementos relacionados con elas».

Na mesma páxina, capítulo VII, artigo 56º3, liña 3, onde di: «... complementarase...», debe dicir: «...complementaranse...».

Na páxina 12.488, título terceiro, capítulo II, artigo 66, onde di: «Son competencias do Consello Social:», debe dicir: «1. Son competencias do Consello Social:».

Na mesma páxina, artigo 67º. 2. b) onde di «-325 profesores e axudantes, dos cales 25 serán axudantes. 140 estudiantes, dos cales 25 serán, do terceiro ciclo.», debe dicir: «-325 profesores e axudantes, dos cales 25 serán axudantes; 140 estudiantes, dos cales 25 serán do terceiro ciclo.».

Onde di: «-35 membros do Persoal de Administracióne Servicios, debe dicir: «-35 membros do Persoal de Administración e Servicios.».

Na páxina 12.490, artigo 74º s) no último apartado, onde di: «Calquera outra norma regulamentarias...», debe dicir: «calquera outra norma regulamentaria...».

Na mesma páxina, artigo 78º c), onde di: «...autonómica so-bre precedencias.», debe dicir: «...autonómica sobre precedencias.».

Na páxina 12.491, capítulo III, artigo 86º 1. c), na liña 4, onde di: «...a tempo completo, e...», debe dicir: «...a tempo completo e...».

No apartado 5, liña 2, onde di: «...titulaciónou...», debe dicir: «...titulación ou...».

Na páxina 12.493, artigo 97º m), onde di: «...comisión xulgadoras das devanditas teses.», debe dicir: «..comisións xulgadoras das devanditas teses.».

No apartado n) onde di «...atribúa estes estatutos...», debe dicir: «...atribúan estes estatutos...».

Na páxina 12.503, na disposición adicional quinta, liña 5, onde di «Sede de Infraestructuras de Apoio á ...», debe dicir: «Rede de Infraestructuras de Apoio á...».

285