Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de decembro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Adi número 2, a favor de Sergio Dieste Arestín.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, (DOG nº 101, do 31-5-1993), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas e á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamado a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Adi nº2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 133.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data de finalización da última prórroga: 15-4-2004.

Anteriores concesionarios: Enrique Sanisidro Romero e Mª Ramona Torrado Viturro.

Novo titular da concesión e batea: Sergio Dieste Arestín.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como

obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 26 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Mª José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

142