Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/420-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Montecelo.

Situación: Carral.

Características técnicas: liña L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,052 km con orixe no apoio existente nº 4 da liña L.M.T. ó C.T. Esperante-Paradela (Expte. 31444) e remata no C.T. proxectado de Montecelo, en conductor LA-56/54,6 mm soborde apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 15000/380-220 V na pista Montecelo-Pte. Lago.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de decembro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

98-206