Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/419-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación L.M.T., C.T. e R.B.T. Peiro de Arriba.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: liña L.M.T. aérea núa a 15/20 kV de 0,22 km con orixe no apoio de formigón 1B-11 da liña L.M.T. o C.T. Ermida de Ternande (Expte. 26844) e remata no C.T. proxectado de Peiro, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. Liña L.M.T. núa a 15/20 kV de 0,012 km con orixe no apoio de formigón 2(1B-11) da liña L.M.T. o C.T. Ermida de Ternande (Expte. 26844) e remata no C.T. proxectado de Peiro de Arriba, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 15.000/380-220 V en Peiro de Arriba. Liña R.B.T. aérea de 0,37 km

con orixe no C.T. proxectado de Peiro, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea de 0,685 km con orixe no C.T. proxectado de Peiro de Arriba, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de decembro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

98-205