Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 520

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de decembro de 1997 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E).

De conformidade co establecido no Decreto 251/1997, do 25 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997 (DOG nº 181, do 19 de setembro), esta consellería no uso das competencias que lle atribúe o artigo 13.2.8 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril de 1995),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia, grupo E, con suxeición ás seguintes,

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para cubrir 40 prazas do corpo subalterno da Xunta de Galicia polo

sistema de acceso libre, polo procedemento de concurso-oposición.

I.1.1. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e co Decreto 251/1997, do 25 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997, do total de prazas do sistema xeral de acceso libre reservarase unha (1) praza para ser cuberta por persoa con minusvalidz co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

No suposto de que esta praza non sexa cuberta, excluirase da dita cota e pasará a integrarse ás restantes prazas correspondentes ó sistema xeral.

I.1.2. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995 do 10 de abril, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.1.1. Ser español.

I.2.1.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.1.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo certificado de escolaridade.

I.2.1.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.1.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2. Tódolos requisitos enumerados con anterioridade deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes

I.3.1. Os que desexen tomar parte neste proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo I), que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia ás que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade, xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente e, de se-lo caso, a certificación á que se refiere a base II.1.7.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é: (902) 12 00 12, en horario de 9 a 19 horas de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 27 dous C) da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, que modifica o apartado 0.3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril,en relación co artigo 30.1º da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, como requisito necesario para participar neste proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 4.730 pesetas e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia; debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo III. Non obstante o anterior, para o cumprimento deste

requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que, como anexo, forma parte desta convocatoria.

A non presentación deste anexo, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso, a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios

para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme ó contido na Lei 13/1982, do 7 de abril e no Decreto 251/1997, do 25 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 1997.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.1. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se encontran expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder corrixir, se for o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación, ou desestimación de ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que poideran derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Concurso oposición.

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso:

II.1.1. Ó persoal transferido polo Estado, tanto en réxime de contratación administrativa como interino,

ó persoal interino seleccionado a través das oportunas probas convocadas pola Xunta de Galicia, así como ós contratados administrativos en situación de expectativa de acceso á función pública segundo o Decreto 57/1983, do 6 de abril, que estivesen en activo á entrada en vigor da Lei 4/1988, ou que estivesen ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia o 1 de maio de 1990 e ó persoal contratado laboral fixo que ocupe ou ocupase postos de traballo que pola natureza das súas funcións deban ser desempeñados por funcionarios pertencentes ó corpo subalterno da Xunta de Galicia, valoraráselle-la antigüidade na Xunta de Galicia a razón de 0,30 puntos por mes de servicios ou fracción, non podendo excede-la puntuación total dos 18 puntos, segundo os seguintes criterios:

a) Ó persoal interino e contratado administrativo só se lle valorarán aqueles servicios que prestase coa titulación de estudios primarios nos postos correspondentes ó grupo E.

b) Ó persoal laboral só se lle valorarán os servicios prestados en postos de traballo correspondentes ó grupo V do convenio colectivo único para o persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

II.1.2. Ós aspirantes do sistema de acceso libre que desempeñen ou desempeñasen postos de traballo na Administración da Xunta de Galicia en réxime de persoal interino ou contratado administrativo, que deban ser desempeñados por funcionarios do corpo subalterno da Xunta de Galicia, ós que non lles sexan de aplicación as disposicións transitorias da Lei 4/1988, valoraránselle-los servicios prestados en tal Administración cos criterios previstos na base anterior, a razón de 0,13 puntos por mes de servicios ou fracción.

II.1.3. Ós aspirantes contratados en réxime laboral temporal que realicen ou realizaran nesta Administración funcións propias do corpo subalterno da Xunta de Galicia, valoraránselle-los servicios prestados correspondentes ó grupo V do Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, a razón de 0,13 puntos por mes ou fracción.

II.1.4. Así mesmo ó persoal que, na data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, estea prestando servicios con funcións propias do corpo subalterno da Xunta de Galicia e teña prestados servicios no grupo E ou grupo V noutras administracións públicas, valoraránselle estes coa seguinte puntuación:

a) 0,13 puntos por mes ou fracción, no caso de que o aspirante estea transferido á Comunidade Autónoma de Galicia mediante a correspondente normativa.

b) 0,08 puntos por mes ou fracción, nos supostos non incluídos na alínea a) anterior.

II.1.5. A suma das distintas puntuacións que poidan adxudicarse conforme o previsto nas bases

II.1.2, II.1.3 e II.1.4 en ningún caso poderá exceder de 10,64 puntos conxuntamente.

II.1.6. Ós aspirantes que xa accederan á condición de funcionarios da Administración da Xunta de Galicia ós que se lles computaron os servicios a que fan referencia os apartados II.1.1, 2, 3 e 4 para o seu ingreso na función pública, non se lles valorarán estes na presente convocatoria.

II.1.7. Os méritos enumerados nas bases II.1.1. e II.1.2. deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se acompañará coa instancia que se presente, segundo o modelo que figura como anexo II a esta orde, debendo xunta-la dita certificación o funcionario competente que certifique as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación e presentaranse cotexadas fidedignamente debendo numerarse de acordo co indicado modelo, significando que non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido anteriormente.

As certificacións deberán ser expedidas polas unidades seguintes de acordo co destino definitivo de cada aspirante:

-Servicios centrais:

Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes do servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

Secretarios ou, de se-lo caso, funcionario responsable do área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

II.1.8. Rematada a fase de oposición e respecto dos aspirantes que superaron a dita fase, o tribunal procederá á baremación desta fase de concurso e publicarase no Diario Oficial de Galicia, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se for o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal incluiraas no acordo definitivo que conteña a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo á que se refire a base IV.1.

II.2. Fase de oposición:

O programa que ha rexe-las probas selectivas é o publicado no DOG nº 246 do 27 de decembro

de 1995, aprobado pola Orde do 15 de decembro de 1995.

II.2.1. Exercicios:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 40 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, elixido por sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel e correspondentes ó contido do programa. O tempo máximo de duración será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Corresponderá ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 40 preguntas tipo test con respostas alternativas, polo que se avaliará o coñecemento do idioma galego; o dito cuestionario será proposto polo tribunal, elixido por sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por el.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Corresponderá ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.2.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.3. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.2.4. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios:

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «H»,

de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de maio de 1997 pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o mesmo día (DOG nº 93, do 16 de maio), ó tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 1997.

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo exercicio será efectuada polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso ordinario conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores deste proceso serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a composición é a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándolo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base

III.4. A autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen, os tribunais poderán acordar que a celebración de calquera dos exercicios da fase de oposición se realice simultaneamente en varias localidades. No dito caso, os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente, atendendo ó domicilio que figure nas súas instancias.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós apelidos dos opositores que se lles asignase.

III.9. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número 1:

-Cursar de orde do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituirse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.10. Co obxecto de consegui-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan presenta e solicitar os restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do que funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.11. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.12. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que considere pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.13. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitaran dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.14. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.15. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.16. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.17. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que este se resolva. De persisti-lo empate resolverase por orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o día 5 de maio de 1997.

Cada tribunal resolverá os empates que se produzan relativos ós aspirantes que lles correspondan. No caso de que unha vez elevadas as distintas propostas ó tribunal número 1, se produzan novos empates, estes serán resoltos polo dito tribunal, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

III.18. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo de San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Finalizadas as probas selectivas, os tribunais farán públicas no DOG, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e en aqueles outros que considere oportuno, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal número 1 enviará proposta conxunta da lista de aprobados ó director xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

V. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada polo órgano competente (servicios de persoal, se é o caso, rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título esixido na base I.2, ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disci

plinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.

d) Os aspirantes con ninusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtiveran praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que accedan por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato para os postos de traballo.

V.2. Os que dentro do prazo fixado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995 do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VI. Norma final.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

* INSTRUCCIÓNS XERAIS.

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.

-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.

-Non esqueza asina-lo impreso.

-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.

-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI.

* INSTRUCCIÓNS PARTICULARES.

1. Corpo. Consigne o texto e o código correspondente segundo a táboa seguinte:

01. Grupo A. Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

02. Grupo B. Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

03. Grupo C. Corpo administrativo da Xunta de Galicia.

04. Grupo D. Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

05. Grupo E. Corpo subalterno da Xunta de Galicia.

2. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.

ANEXO II

MÉRITOS QUE SE FAN CONSTAR RELATIVOS Ó SISTEMA DE ACCESO LIBRE

D/Dna.:

(Nome do/da funcionario/a que certifica)

Cargo:

CERTIFICA:

Que segundo os datos que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada.

D/Dna.:, DNI

foi transferido/a á Comunidade Autónoma de Galicia por R.D. (1)...................................... e ten acreditados os seguintes servicios:

I. BASE II.1.2.1.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo.................... do corpo ou escala da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

-Persoal laboral fixo no grupo....................................., categoría............... do Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

II. BASE II.1.2.2.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo.................... do corpo ou escala da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

III. BASE II.1.2.3.

-Persoal laboral temporal no grupo....................................., categoría............... do Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

IV. BASE II.1.2.4.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo..................................... do corpo ou escala da Administración

Anos: Meses: Días:

-Persoal laboral temporal no grupo....................................., categoría............... da Administración

Anos: Meses: Días:

O que así fago constar para os efectos da participación do interesado/a no concurso-oposición publicado no DOG do día asino a presente

en................................................................................... o.............................. de................................................... de 1998.

(1) Especificar de se-lo caso.

283