Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 472

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de decembro de 1997 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C).

De conformidade co establecido no Decreto 251/1997, do 25 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997 (DOG nº 181 do 19 de setembro), esta consellería no uso das competencias que lle atribúe o artigo 13.2.8 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril de 1995),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, grupo C, con suxeición ás seguintes

BASES DA CONVOCATORIA

I. Normas xerais

I.1. Convócase proceso selectivo para cubrir 15 prazas do corpo administrativo da Xunta de Galicia, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de concurso-oposición.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascende a 4 prazas, correspondente ó 25 por cento do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre ascende a 11 prazas.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e co Decreto 251/1997, do 25 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997, do total de prazas do sistema xeral de acceso libre reservarase unha (1) praza para ser cuberta por persoas con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33 por cento.

No suposto de que tal praza non sexa cuberta, excluirase da dita cota e pasará a integrarse ás restantes prazas correspondentes ó sistema xeral.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. 0s aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de

Galicia e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de bacharel, formación profesional de segundo grao, ter superadas as probas de acceso para maiores de 25 anos, ou equivalente.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo D (corpo auxiliar e corpo de auxiliares técnicos de Administración da Xunta de Galicia), de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Gomunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de bacharel, formación profesional de segundo grao, ter superadas as probas de acceso para maiores de 25 anos, ou equivalente.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2 e I.2.3 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte neste proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (Anexo I) que será facilitada nas dependencias da

Administración da Xunta de Galicia ás que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade, xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente e, de se-lo caso, a certificación á que se refire a base II.1.3.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horario das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 27 dous C) da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade de Galicia para 1996, que modifica o apartado 0.3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril en relación co artigo 30.1 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, como requisito necesario para participar neste proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 7.090 pesetas e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo IV. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provincials e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia; deberá cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo IV. Non obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito

poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

A non presentación deste anexo, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas poles españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o contido na Lei 13/1982, do 7 de abril, e no Decreto 251/1997, do 25 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 1997.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou supenior ó 33 por cento, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se encontran expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que

se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos deleitos que poideran derivarse da súa participación neste procedemento.

I I. Concurso-oposición

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso:

II.1.1. Para o acceso mediante promoción interna:

Valoración de méritos:

II.1.1.1. Servicios prestados na Comunidade Autónoma:

Na fase de concurso valoraránselle, de acordo co previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, ó persoal comprendido nesta os servicios prestados con carácter definitivo na Administración da Xunta de Galicia no grupo D dela, a razón de 0,04 puntos por mes de servicios efectivos ou fracción, ata o tope de 8 puntos.

II.1.1.2. Servicios prestados noutras administracións públicas:

No grupo D: 0,02 puntos por mes de servicios efectivos ou fracción ata o tope de 4 puntos.

II.1.1.3. Grao persoal consolidado, ata o tope de 3,5 puntos:

a) Nivel 12: 0,70 puntos.

b) Por cada dous niveis superiores: O,70 puntos.

II.1.1.4. Traballo desenvolvido:

Polo desempeño, como funcionario do grupo D, de postos de traballo incluídos no intervalo de niveis correspondentes ó grupo C: 0,25 puntos por ano completo, ata o tope de 4 puntos. Só se terán en conta os intervalos de niveis de aplicación ós funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II.1.1.5. Cursos de formación e perfeccionamento:

Realizados en centros oficiais e escolas das administracións públicas relacionadas coas funcións que a disposición adicional primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia lle atribúe ó corpo administrativo da Xunta de Galicia: 0,15 por curso ata un máximo de 3 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, reunións, simposios e similares.

II.1.1.6. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 22,5 puntos, sumados os apartados II.1.1.1. ó II.1.1.5.

II.1.2. Para o acceso libre:

II.1.2.1. Ó persoal transferido polo Estado, tanto en réxime de contratación administrativa como interino, ó persoal interino seleccionado a través das oportunas probas convocadas pola Xunta de Galicia, así como ós contratados administrativos en situación de expectativa de acceso á función pública segundo o Decreto 57/1983, do 6 de abril, que estivesen en activo á entrada en vigor da Lei 4/1988, ou que estivesen ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia o 1 de maio de 1990 e ó persoal contratado laboral fixo que ocupe ou ocupase postos de traballo que pola natureza das súas funcións deban ser desempeñados por funcionarios pertencentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, valoraráselle-la antigüidade na Xunta de Galicia a razón de 0,45 puntos por mes de servicios ou fracción, non podendo excede-la puntuación total dos 27 puntos, segundo os seguintes criterios:

a) Ó persoal interino e contratado administrativo só se lle valorarán aqueles servicios que prestasen como titulados con bacharelato ou equivalente nos postos correspondentes ó grupo C.

b) Ó persoal laboral só se lle valorarán os servicios prestados en postos de traballo correspondentes ó grupo III do convenio colectivo único para o persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

II.1.2.2. Ós aspirantes do sistema de acceso libre que desempeñen ou desempeñasen postos de traballo na Administración da Xunta de Galicia, en réxime de persoal interino ou contratado administrativo, que deban ser desempeñados por funcionarios do corpo administrativo da Xunta de Galicia, ós que non lles sexan de aplicación as disposicións transitorias da Lei 4/1988, valoraránselle-los servicios prestados en tal Administración cos criterios previstos na base anterior, a razón de 0,20 puntos por mes de servicios ou fracción.

II.1.2.3. Ós aspirantes contratados en réxime laboral temporal que realicen ou realizaran nesta Administración funcións propias do corpo administrativo da Xunta de Galicia, valoraránselle-los servicios prestados correspondentes ó grupo III do Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, a razón de 0,20 puntos por mes ou fracción.

II.1.2.4. Así mesmo ó persoal que, na data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, estea prestando servicios con funcións propias do corpo administrativo da Xunta de Galicia e teña prestados servicios no grupo C ou grupo III noutras administracións públicas, valoraránselle estes coa seguinte puntuación:

a) 0,20 puntos por mes ou fracción, no caso de que o aspirante estea transferido á Comunidade

Autónoma de Galicia mediante a correspondente normativa.

b) 0,13 puntos por mes ou fracción, nos supostos non incluídos no apartado a) anterior.

II.1.2.5. A suma das distintas puntuacións que poidan adxudicarse conforme ó previsto nas bases II.1.2.2, II.1.2.3 e II.1.2.4, en ningún caso poderá exceder de 16 puntos conxuntamente.

II.1.2.6. Ós aspirantes que xa accedesen á condición de funcionarios da Administración da Xunta de Galicia ós que se lles computaron os servicios a que fan referencia os apartados II.1.2.1, 2, 3 e 4 para o seu ingreso na función pública, non se lles valorarán estes na presente convocatoria.

II.1.3. Os méritos enumerados nas bases II.1.1. e II.1.2. deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se acompañará coa instancia que se presente, segundo os modelos que figuran como anexos II e III a esta orde, debendo xuntar á dita certificación, o funcionario competente que certifique, as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación e presentaranse cotexadas fidedignamente debendo numerarse de acordo co indicado modelo, significando que non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido anteriormente.

As certificacións deberán ser expedidas polas unidades seguintes de acordo co destino definitivo de cada aspirante:

-Servicios centrais:

Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes do servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

Secretarios ou, de se-lo case, funcionario responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

II.1.4. Rematada a fase de oposición e respecto dos aspirantes que superaron a dita fase, o tribunal procederá á baremación desta fase de concurso e publicarase no Diario Oficial de Galicia, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados

a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal incluiraas no acordo definitivo que conteña a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo a que se refire a base IV.1.

II.2. Fase de oposición:

O programa que ha de rexe-las probas selectivas é o publicado no DOG nº 246 do 27 de decembro de 1995, aprobado polo Orde do 15 de decembro de 1995.

II.2.1. Exercicios comúns para ámbolos sistemas de acceso:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 70 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por el e correspondentes ó contido do programa. O tempo máximo de duración será dunha hora e trinta minutos.

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Corresponderalle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes no prazo máximo de dúas horas, deberán desenvolver por escrito un tema que se elixirá entre dous obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido do programa. Posteriormente, serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo o seu autor ou, ante a imposibilidade deste, por petición propia, e na súa presencia, pola persoa que designe ou por un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispoñe-la obtención de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexa-la lectura efectuada polo aspirante.

As contestacións a este exercicio cualificaranse de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos, correspondendo ó tribunal determine-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse diariamente unha vez rematada a lectura dos exercicios correspondentes.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio: Constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 4,5 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.2.2. Exercicio específico para o sistema de acceso libre:

Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na resolución dun suposto práctico á elección do aspirante de entre dous, que será o resultante do sorteo levado para o efecto entre seis elixidos polo tribunal e relacionados coas materias correspondentes ó contido do programa. Disporán dun período máximo de dúas horas e trinta minutos para efectualo.

Para a realización do cuarto exercicio poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario, para superalo, obter un mínimo de 4,5 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.2.3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.4. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, excepto a lectura do segundo exercicio, que se realizará en sesión pública.

II.2.5. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

II.2.6. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia terán, en todo caso preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poda ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988 do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios:

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra "H", de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de maio de 1997 polo que se publica o resultado do sorteo celebrado o mesmo día (DOG nº 93 do 16 de maio), ó tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 1997.

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro media se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se precede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse ordinario conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais

III.1. Os tribunais cualificadores deste proceso serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a composición é a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de seleeción de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicara no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da desig

nación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen os tribunais poderán acordar que a celebración de calquera dos exercicios da fase de oposición se realice simultaneamente en varias localidades. No dito caso os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente, atendendo ó domicilio que figure nas súas instancias.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós apelidos dos opositores que se lles asignase.

III.9. A un dos tribunais corresponderalle xulga-los aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna.

III.10. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número un:

-Enviar por orde do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.11. Co obxecto de consegui-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan formular e solicitar os restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do que funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.12. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que considere pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.14. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.18. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, polo puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate resolverase por orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o día 5 de maio de 1997.

Cada tribunal resolverá os empates que se produzan relativos ós aspirantes que lles correspondan. No caso de que unha vez elevadas as distintas propostas ó tribunal número 1, se produzan novos empates, estes serán resoltos polo dito tribunal, de acordo cos critenos expresados no parágrafo anterior.

III.l9. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados

Finalizadas as probas selectivas, os tribunais farán públicas no DOG, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueloutros que considere oportuno, as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo, tanto polo sistema xeral de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal número 1 enviará proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados ó director xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

V. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e, a partir da dita publicación, computarase o prazo de vinte días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada polo órgano competente (servicios de persoal, se é o caso, rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título esixido na base I.2, ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título, ou, se é o case, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.

d) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais, e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que accedan por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato para os postos de traballo.

V.2. Os que tivesen a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do Rexistro Central de Persoal ou da consellería ou organismo do que dependesen para acreditaren tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

V.3. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.4. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.5. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995 do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VI. Norma derradeira

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos polo Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública