Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de decembro de 1997 de notificación ós interesados da resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se revoga a resolución do contrato da vivenda do expediente C-136-CD/68, conta 1154.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós herdeiros de José Naya Calvete a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 23 de decembro de 1997, pola que se acorda a revogación

da resolución administrativa do contrato de acceso diferido da vivenda identificada como conta 1154 do expediente C-136-CD/68, situada na Coruña, Barrio das Flores, bloque 38, portal 15-7º D, do pasado día 4 de xullo de 1997.

Esta revogación acórdase conforme o establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o disposto no artigo 4.1º g) e t) da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en relación co artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, no que respecta á competencia para resolver.

A resolución fundaméntase no obrigado cumprimento da execución da sentencia do Tribunal Supremo, do 9 de marzo de 1988, na que se declaran axustadas a dereito as resolucións do MOPU do 20 de maio de 1980 e 18 de maio de 1982, queda firme o desafiuzamento incoado contra Ricardo López Graña por ocupación sen título legal, e ratifícase a adxudicación da vivenda a Luz Divina Naya Gómez.

A resolución que se revoga foi dictada en expediente de desafiuzamento 47/1996, con base na non utilización da vivenda como domicilio habitual e permanente e a existencia doutro ocupante, Ricardo López Graña, que solicitou regularización da súa situación o 22 de maio de 1996. O 22 de outubro de 1997 Luz Divina Naya Gómez solicitou a execución da sentencia anteriormente citada.

Polo que, vistos os feitos e fundamentos de dereito citados, acordei revoga-la resolución do contrato de acceso diferido da vivenda identificada como expediente C-136-CD/68, conta 1154, da que a súa titularidade lle corresponde por subrogación a Luz Divina Naya Gómez.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

314