Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Montaos (Ordes-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 219/1991, do 13 de xuño (DOG nº 120, do 25 de xuño de 1991), que a xunta local da zona, na súa reunión do 12 de decembro de 1997, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas ó público no Concello de Ordes e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración
parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1986 (artigo 36).
Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.
Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.
A Coruña, 12 de decembro de 1997.
Rogelio del Valle Muñoz-Cobo
Xefe de Servicio de Estructuras
e Desenvolvemento Rural da Coruña
Visto e prace
P.O.
Ofelia Rivas Vázquez
Secretaria provincial da Coruña
8