Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1997 pola que se lle concede á Fundación Laboral de la Construcción a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I e IG-II.

Vista a solicitude presentada por Marina Rivada Rodríguez, en representación da Fundación Laboral de la Construcción e a documentación anexa, na que solicita lle sexa concedida a autorización de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupos IG-I e IG-II.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Ó considerarse que se cumpriron os requisitos regulamentariamente establecidos. Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Outorgarlle á Fundación Laboral de la Construcción a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos presentará, perante a delegación provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7