Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Centiña.
Situación: Coristanco.
Características técnicas: L.M.T. a 15/20 kV, de 2,459 km con orixe no apoio nº 23 da L.M.T. Miñata-Nogueira da L.M.T. Vilares-Sta. Comba (expediente 5462-D) e final no C.T.I. Centiña en conductor LA 56/54,6 mm, sobre apoios de formigón e chapa. C.T. de 50 kVA 20.000/380-220 V, en Centiña. L.B.T. aérea de 1,11 km con orixe no C.T. Centiña, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 2,19 km con orixe no C.T. existente Centiña I, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 1,16 km con orixe no C.T. existente Traba-I en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de decembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
48