Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/403-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. 4 Camiños-Metal Atlántico.

Situación: Mugardos.

Características técnicas: apoios paso aéreo-subterráneo a 15/20 kV, con orixe na L.M.T. a C.T. Catro Camiños (expediente 4840) e final no apoio paso aéreo-subterráneo proxectado en conductor LA 110/116,2 mm apoio de formigón. L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,270 km con orixe en apoio paso aéreo-subterráneo proxectado e final no C.T. 4 Camiños (expediente 4840) en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. Enlace L.B.T. aérea de 0,134 km con orixe en C.T. 4 Camiños (expediente 4840) en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Enlace rede B.T.S. de 0,099 km con orixe no C.T. 4 Camiños (expediente 4840) en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x240 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

43