Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/221-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Regadiña.

Situación: Ponteceso.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV baixo tubo e cun conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 520 m lonxitude, cun orixe na liña que alimenta o C.T. Corme Arneda (expediente 50392) e final en C.T. Regadiña, a instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa

tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.170 m en Regadiña, Cande-Lago e Corme Porto. Ponteceso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

47