Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/175-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: liña eléctrica subterránea de media tensión.

Situación: Valdoviño.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV baixo tubo e cun conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 620 m, cun orixe na liña de Lavacerido alimenta o C.T. Cetaria e remata na liña subterránea Taraza-Cetaria. Centro de transformación de tipo interior de 250 kVA e tensións de 15/20/0,380 kV en Lavacerido, concello de Valdoviño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

42