Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 432

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1997, da División de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 23 de xullo de 1997.

Os apartados 1 e 2 da base cuarta da resolución deste centro directivo do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo) pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde prevén que, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias para cada unha das clases convocadas e clasificadas e revisadas estas, se dicte resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, para cada unha das citadas clases, así como a súa publicación.

Na súa virtude, esta división,

ACORDA:

Primeiro.-Declarar con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, se é o caso, para participar no proceso selectivo convocado pola Resolución do 23 de xullo de 1997.

Segundo.-Os listados coa relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos das devanditas clases poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

Terceiro.-Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

144