Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 429

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1998, do tribunal IV-1H, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 6 (axudante/a servicios técnicos// oficial 2ª de mantemento) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 12 de xaneiro de 1998 polo tribunal IV-1H designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 6 (axudante/a servicios técnicos//oficial 2ª mantemento) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 6 (axudante/a servicios técnicos//oficial 2ª mantemento) do grupo IV terá lugar o día 24 de xaneiro de 1998, ás 12 horas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid

2-4 (polígono das Fontiñas) en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 11.30 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1998.

Arturo Hermida Paredes

Presidente do tribunal

98-131