Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 429

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación de aspirantes admitidos e excluídos nas probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e a base I.4.1. das que rexen as probas selectivas convocadas por Orde do 3 de novembro de 1997 (DOG nº 222, do 17 de novembro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

A lista de aspirantes admitidos encóntrase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia e sinálase que non hai ningún aspirante excluído.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos disporán do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

233