Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía do 26 de novembro do ano 1997, resolveuse aprobar definitivamente o proxecto de urbanización para a ordenación das rúas situadas no Atrio-Cambre, das normas subsidiarias municipais, presentado por Antonio Vila Cid e outros, e que redactou o arquitecto Emilio Cortés Varela.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se deberá comunicar previamente a este concello, segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxi

me xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 17 de decembro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

10138