Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1997 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita. (Expediente 416/97).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 416/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: proxecto básico e de execución de edificio para administración e servicios en zona deportiva no campus de Vigo.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 78.630.653 pesetas.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Serv. de Xest. Econom. e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible: grupo C, subgrupo 2, categoría D.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, 46-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9 Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 30 de decembro de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía da Universidade de Vigo

10460