Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/168-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: Ronda da Coruña, 36, 15000 Melide.

Denominación: L.M.T., C.T. Moldes-S. Cosme-Campos.

Situación: municipio de Melide. A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 2.192 m de lonxitude, con orixe na liña Rechinol-Campogrande (expediente 51329) e final no C.T. que se vai instalar en San Cosme. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV denominado Moldes-Melide. Municipio de Melide. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de decembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

35