Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da liña eléctrica de Outeiro, Lama, Saceda, Anaigo, co seu centro de transformación e rede de baixa tensión, no concello de Ourense. (Expediente IN407A 97/126-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Emplazamento: Ourense.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

1ª. Liña de media tensión aérea (L.M.T.) a 20 kV, de 541 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. Palmés-Naves e remata no C.T. aéreo proxectado en Saceda-Anaigo, con 50 kVA de potencia e r/t 20/0,380-0,220 kV; rede de baixa tensión (R.B.T.) con apoios H.V. e conductor R.Z. e lonxitude de 2.580 m.

e) Orzamento: 10.761.197 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 53 daquela, levará implícito, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, os cales se describen na relación anexa, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10,16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente segundo o indicado na disposición transitoria primeira da citada Lei 40/1994.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 28 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: IN407A 97/126-3-A.T.

Instalación eléctrica: L.M.T., C.T. e R.B.T. Outeiro, Lama, Saceda, Anaigo.Concello de Ourense.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSup. (m)Lonx (m)Sup. (m)

2Val da LamaMonte baixoConcepción Iglesias Gómez/Saladina González RodríguezAnaigo, 20, 32981, Ourense/Anaigo, 34, 32981, Ourense3213130

3Val da LamaMonte baixoRamona Conde GarrigaBarverán y Collar, 4-1ºA, 41011, Sevilla12120

4Val da LamaLabradíoConcepción Iglesias GómezAnaigo, 20, 32981, Ourense22220

8Val da LamaPradoMª Carmen Fernández NovoaSáenz Díez, 9-4G, 32003, Ourense18180

9Val da LamaPradoAntonio Baltar NovoaRío Támega, 43, 32001, Ourense3140400

10Val da LamaMonte baixoDolores Pérez PiñaNaves, 1, 32981, Ourense31615

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSup. (m)Lonx (m)Sup. (m)

12Val da LamaPradoAurora Iglesias BlancoManuel Martínez Sueiro, 14-1ºE, 32002, Ourense16160

13Val da LamaLabradíoConcepción Iglesias GómezAnaigo, 20, 32981, Ourense16160

17BaceloViñedoSaladina González RodríguezAnaigo, 34, 32981, Ourense14112

20CorgasLabradíoDomingos Fernádez GonzálezAnaigo, 32, 32981, Ourense57555

26CorgasLabradíoLuis Ferreira NovoaPalmés, 24, 32981, Ourense5167480

10506