Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/180-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Pza. da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: liña aérea eléctrica de media tensión.

Situación: Carnota.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón, en conductor LA-56 de 1.507 m, con orixe na liña en Pontella-Alivia (expediente 27856) e final no C.T. de Cornido que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cornido, do que parten rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 810 m discorrendo polo concello de Carnota.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10505