Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/50-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. de 100 kVA e R.B.T.

Situación: Couceiro. Muxía. A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56 de 347 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 135 da liña Pontella-Muíños e remate no C.T. a instalar en Couceiro. Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Couceiro, con rede de baixa tensión discorrendo polo lugar sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 689 m de lonxitude. Muxía. A Coruña.

Cumpridolos trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 14 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

30