Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a Pilar Jacobo López, co último enderezo coñecido na rúa dos Paxariños, 8-1º I, de Lugo, da resolución desta dirección

xeral pola que se lle require o importe de cento noventa e dúas mil setecentas cincuenta e cinco pesetas (192.755 ptas.). en concepto de cobro indebido de axuda do Fondo de Asistencia Social, segundo expediente remitido pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, realízase pola presente, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo emitirá a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución, poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algúns dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

-Reclamación económico-administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

10554