Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 375

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1997 pola que se fai público o acordo plenario do día 22 de decembro de 1997 polo que se establece o número, distribución de asuntos e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 1998.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia resolve facer público o acordo plenario, do 22 de decembro de 1997, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establecen o número, distribución de asuntos e composición das seccións do devandito consello para 1998, do teor literal seguinte:

Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia e concordantes do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, o Pleno do Consello Con

sultivo de Galicia, na súa reunión do día 22 de decembro de 1997, con efectos a partir de xaneiro de 1998:

ACORDA:

1. Establece-lo número e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 1998 da forma seguinte:

-Sección primeira:

Presidente:José Luis de la Torre Nieto.

Vocais:Pablo Moure Mariño.

Antonio Carro Fernández-Valmayor.

-Sección segunda:

Presidente:José Mª Gómez y Díaz-Castroverde.

Vocais:Antonio Carro Fernández-Valmayor.

Pablo Moure Mariño.

2. A distribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada das solicitudes de dictame.

3. Que, conforme o parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1997.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

98-10552