Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro do l997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 KV entre a subestación do parque eólico de Bustelo e a subestación do Tesouro, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez. (Expediente 133/1997).

Vistos os escritos e a documentación presentados ante a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio pola empresa Made Energías Renovables, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Torre Europa, Pº de la Castellana, 95-planta 29 28046 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 28 de maio do 1996 a citada empresa solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 KV desde a subestación do parque eólico de Bustelo ata a subestación do Tesouro, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña); xuntan o preceptivo proxecto de instalacións ó que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 52 da Lei 40/1996, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Liña aérea de 132 KV de dobre circuíto, de 13.792 m de lonxitude, que vai desde a subestación do P.E. de Bustelo ata a subestación do Tesouro, sobre apoios metálicos de celosía, con conductor LA-280 e cable mixto terra-óptico OPGW-B 50/28.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalación, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública, sendo publicado no DOG do 7-8-1997, BOP da Coruña do 4-8-1997, xornal La Voz de Galicia do 31-7-1997, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello das Pontes de García Rodríguez e no da

delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Terceiro.-Durante o período no que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as seguintes alegacións:

1) María de los Ángeles Lorenzo Ferreiro, propietaria do predio nº 4, solicita que as ulteriores notificacións se efectúen no seu verdadeiro enderezo; solicita así mesmo a expropiación total do predio afectado, por considerar que a instalación proxectada desmerece por completo a utilidade actual do predio.

2) Manuel Vérez Pena, no seu nome e en representación dos seus irmáns, propietarios dos predios nº 17 e 18, alega que as dúas leiras que están separados por un pequeno regato e se dedican a aproveitamento forestal con plantación de piñeiros e eucaliptos en realidade constitúen un só predio na que a servidume de paso fai antieconómica a explotación da parte non expropiada, ó tempo que anula as súas posibilidades urbanísticas, polo que solicita a expropiación total de ámbalos predios.

3) Miguel Vilaboy Corral, propietario do predio nº 60, afirma que a leira é obxecto actualmente dun aproveitamento madeireiro coa plantación de arredor de 500 piñeiros, estando prevista nun futuro a construcción dunha edificación que resultaría imposible, de levarse a cabo a expropiación prevista, polo que solicita a expropiación total do predio, por entender que quedaría inservible para calquera fin.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Cuarto.-Sobre a solucitude obxecto deste expediente foi emitido informe favorable pola delegación provincial da Coruña, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 do título IX da Lei 40/1994.

Fundamentos de dereitos.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro; no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, de 2 de maio, 292/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas; e no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento

da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 40/1994, do 30 de decembro, de Ordenación do sistema eléctrico nacional.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas da alta tensión e, en concreto, nos seus Art. 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1) Con respecto á alegación de María de los Ángeles Lorenzo Ferreiro, tómase nota do enderezo actual da alegante para efectos de ulteriores notificacións. Por outra parte, a expropiación en pleno domicilio redúcese a 32 m de terreo constituíndo o resto unicamente servidume de voo de conductor eléctrico, polo que a titular pode seguir explotando o predio na forma en que o viña facendo. Non podemos acepta-la expropiación total solicitada xa que a alegante non achega ningunha documentación que cuantifique a perda económica que di sufrir coa servidume proposta e que xustifique a súa solicitude.

2) Non procede a expropiación total solicitada por Manuel Vérez Pena, xa que a afección producida pola instalación eléctrica limítase a unha servidume de paso aéreo sen establecemento de poste ou apoio ningún, polo que os predios, que se encontran separados pola estrada As Pontes-Ortigueira, non constituíndo un só como di o alegante, poderán seguir sendo utilizados polos seus propietarios na forma habitual na que o veñen facendo; por outra parte, o alegante non aporta ningunha documentación que cuantifique a pérda económica que dí sufrir coa servidume proposta e que xustifique a súa solicitude.

3) Debemos desestima-la expropiación total solicitada por Miguel Vilaboy Corral, xa que a afección producida pola instalación eléctrica limítase a unha servidume de paso aéreo sen establecemento de poste ou apoio ningún, polo que poderá seguir sendo utilizada polo seu propietario na forma habitual no que o ven facendo actualmente; por outra parte, o alegante non achega ningunha documentación que cuantifique a pérda económica que de sufrir coa servidume proposta e que xustifique a súa solicitude.

Carto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 KV desde a subestación do parque eólico de Bustelo ata a subestación de Tesouro, no concello das Pontes de García Rodriguez.

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se autoriza, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro.-Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

Cuarto.-Desestima-las solicitudes de expropiación total formuladas por María de los Ángeles Lorenzo Ferreiro, Manuel Vérez Pena e Miguel Vilaboy Corral.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de novembro do 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de industria

10374