Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/322-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. estrada de Castela, 834.

Situación: Narón.

Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 V de 0,345 km con orixe no C.T. Hnos. Pita (expediente 7342) e final no C.T.C. estrada de Castela 834, en conductor R.H.V 12/20 kV. 3(1x240) mm Al. C.T. prefabricado de 630 kVA 15.000/380-220 V. Na estrada de Castela 834 (interior praza). R.B.T.S. de 0,15 km con orixe no C.T. C. estrada de Castela, 834 no conductor R.V.-0,6/1 kV-4(1x240) mm Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10372