Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/321-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Tiúlfe.

Situación: Irixoa.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 0,136 km con orixe na L.M.T. Güimil-Guitiriz, tramo Ambroa-Caselas (expediente 50781) e final no C.T. proxectado de Tiúlfe, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoio de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 15.000/380-220 V. En Tiúlfe. Enlace liña de baixa tensión aérea de 0,012 km, con orixe no C.T. proxectado de Tiúlfe, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10371